Buscar neste blog
18 novembro 2008
Norge Batista, en concerto no Ateneo Ferrolán
Ateneo Ferrolán, Sábado 29 de Novembro ás 2o,30 h.
ENTRADA:
Público: 5 €
Socios e Socias do Ateneo: 3 €
Norge Batista, o cabaleiro da trova, naceu nas Tunas, provincia situada no oriente de Cuba, no ano 1969. Desde os 13 anos de idade, xa se atopaba vinculado ao mundo da música e ao facer artístico de Cuba.
No ano 1988 pasa a ser membro da Asociación Irmáns Saiz (AHS), proxecto que agrupa e fai coñecer ás novas promesas da cultura e artes cubanas.
No ano 1998 ten a honra de converterse en membro da asociación máis importante na historia das artes e a cultura cubana, a Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC), sendo tamén membro da Sociedade Cultural "José Martí".
Ata hoxe ten 2 discos editados polo selo AYVA MUSICA, "Búscame Adentro" baixo a produción de Eduardo Ramos, baixista e director musical do grupo de Pablo Milanés, e "Algo Crece" cuxa produción musical estivo a cargo do recoñecido compositor José Aquiles. O consolidar o primeiro éxito que lle trouxo o seu primeiro álbum, a fidelidade daqueles seguidores das súas cancións e as letras que se identifican coa súa obra e atopan nela a paixón pola "canción intelixente" e a excelencia na interpretación musical.
Na actualidade está pendente de editar o seu terceiro disco. Compartiu escenario cos grandes trobadores cubanos como Vicente Feliú, Frank Delgado, Raúl Torres, Elíades Ochoa ou con outros cantautores como Ismael Serrano, Rafael Amor ou Quintín Cabrera. Percorreu importantes escenarios de España, Portugal, Suíza ou Bélxica, ademais dos máis importantes do seu país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario