Martes de Cine: 2º Ciclo sobre Memoria Histórica


RELACIÓN DE DOCUMENTAIS
Todas as proxeccións serán ás 19 horas.
2º CICLO: A MEMORIA RECOBRADA
24 NOVEMBRO
  • Galicia, la tempestad del 36, onde Manuel Rivas, aborda a rebelión militar en Galicia, unha das zonas de España onde enseguida triunfou o golpe militar. Ao longo do percorrido polas terras galegas visítanse, entre outras localidades, A Coruña e Tui. Esta última poboación resistiu durante unha semana ás forzas rebeldes, que logo exerceron duramente a súa autoridade e poder contra os vencidos. Manuel Rivas inspirouse en algunhas historias de esta zona de Galicia para as súas novelas “A lingua das volvoretas” e “O lapis do carpinteiro”. O percorrido inclúe tamén entrevistas con historiadores en escenarios que hoxe son idílicos e fai setenta anos eran terribles, como a ponte de Castuelo en Ourense, ou a Illa de San Simón, un antigo lazareto na Ría de Vigo onde foron internados miles de galegos, vascos e asturianos desde 1936.
1 DECEMBRO
  • Los del monte, con Manuel Gutiérrez Aragón -director que en 1978 realizou “El corazón del bosque”, sobre os maquis do norte-, é un regreso ao bosque, nesta ocasión para investigar, entre outras, a lenda de Juan Fernández Ayala, ‘Juanín’, un dos guerrilleiros cuxa vida nos montes recreou na súa película de finais dos 70. A historia de ‘Juanín’ permite facer un repaso polas fases da guerrilla, desde os “fuxidos” ate os que non se quixeron retirar e acabaron en mans da Guarda Civil. O escritor Julio Llamazares, autor de “Luna de Lobos”, tamén colabora neste episodio para mostrar nos montes de León, cerca de Riaño, refuxios e covas que permanecen intactos e aos que acceden as cámaras por primeira vez.
10 DECEMBRO
  • Málaga, 1937, la carretera de la muerte, con Juan Madrid, novelista, historiador e guionista nacido en Málaga, conta a historia da toma de Málaga e a retirada republicana pola estrada da costa cara a Almería. No documental analizase a conquista de Málaga por tropas franquistas e italianas, a situación no interior da cidade e cómo prodúcese a que deuse en chamar “La desbandá”. Non hai cifras fiables, pero falase de que foron unhas cen mil persoas as que fuxiron. Esa columna, de varios quilómetros, foi bombardeada pola aviación e a mariña franquista, que non deixou de hostigar aos que fuxían nos varios días que durou a marcha. Centos de mortos e feridos civís foron a consecuencia desas accions. Un dos personaxes que brillou con luz propia nesa fuxida pola estrada de Málaga foi o famoso doutor Bethune. O doutor Bethune, médico canadense, inventou un quirófano móbil, con plasma refrixerado, montado nunha ambulancia, que serviu para facer transfusións nas cercanías do fronte e salvar así moitas vidas. Con esa ambulancia chegou a Almería e desde alí puxo rumbo a Málaga, cando se percatou da caída da cidade, para axudar aos miles de refuxiados que abarrotaban a estrada. Desde ese momento non deixou de facer viaxes para transportar familias enteiras cos pes destrozados, persoas que sufriron o bombardeo desde o aire e desde o mar, sen un momento de repouso.
15 DECEMBRO
  • Huesos, con Pedro Guerra, lembra que a Guerra Civil comenzou en Canarias. Desde As Palmas, o xeneral Franco voou no “Dragon Rapide” a Casablanca para poñerse ao fronte do exército de África. En Canarias non houbo Guerra Civil propiamente dicha, pero a represión custou moitas vidas. Ademais dos mortos, 4.000 presos abarrotaron cárceres e calabozos.  Entre estas cárceres habilitadas, unha das que tivo peor fama foi o depósito do empaquetado de plátanos da compañía británica Fyffes, en Tenerife, no que se hacinaban máis de 2.000 presos políticos. Ademais, por primeira vez gravábase o descenso á sima de Jinámar, así como os restos de desaparecidos que alberga o seu interior.
17 DECEMBRO
  • Extremadura amarga, con Luis Pastor repasa varios dos episodios ocorridos na Guerra Civil nesta comunidade. O cantautor viaxa pola rexión estremeña para encontrarse con testigos de aqueles anos, aborda a actuación republicana en algún dos pobos e centrase en feitos tan tráxicos como a matanza de Badajoz, a represión en Zafra, Llerena ou o campo de concentración de Castuera. Inclúense imaxes de arquivo inéditas ou pouco vistas en España -como as tomadas polo francés René Brut dos mortos queimados no cemiterio pacense-, e a opinión de historiadores como Justo Vila, Julián Chávez, Francisco Espinosa e José María Lama.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails