cun Congreso e actos de homenaxe.
O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez
Carballeira. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira,
Hildegart foi un importante personaxe da cultura e da política até
o ano da súa morte en 1933. Publicou unha decena de libros e foi
colaboradora de publicacións periódicas como “Renovación”, “El
Socialista”, “Orto” e “La Tierra”, ademáis de directiva
das Juventudes Socialistas e da Liga para la Reforma
Sexual. Estivo en contacto con importantes personaxes da época
como Havelock Ellis, H.G. Wells ou Gregorio Marañón. A súa vida e
a súa tráxica morte a mans da súa nai, en decembro de 1933 (cando
só contaba 19 anos), fixeron dela un personaxe recreado en novelas,
obras de teatro e mesmo filmes, ademáis de investigacións
históricas.
Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán considerou
preciso convocar un Congreso arredor de Hildegart Rodríguez
Carballeira, para lembrar a súa figura dende diversas facianas: ao
tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da sexualidade e
da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quere recuperar
tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa
xeración. O Congreso, ao que as investigadoras e investigadores
poderán presentar as súas propostas até o 15 de setembro, vaise
celebrar en Ferrol nos días 6 a 8 de decembro.
Ao tempo, nos días da celebración do Congreso, vanse facer dúas
exposicións (unha biográfica e a outra bibliográfica) e
realizaranse actividades culturais relacionadas coa figura de
Hildegart, para concluir cun acto de homenaxe á malograda pensadora
e activista social do primeiro tercio do século XX.
O Congreso conta cunha páxina web que está poñéndose en marcha en
http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/
e na que se van colocar informacións sobre o Congreso e materiais
que acerquen ao público a figura de Hildegart Rodríguez
Carballeira.
0 comentarios :
Publicar un comentario