Exposición Fotográfica "12 ollos 24 miradas"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.9.14
Exposición Fotográfica "12 ollos 24 miradas"
Do 1 ao 30 de outubro de 2014 nas salas de exposicións do Ateneo
Inauguración mércores día 1 de outubro ás 20,30 h.
Contaremos coa presenza dos fotógrafos participantes. Entrada libre.
Etiquetas: Actividades, Album de Fotos, Exposicións, Novas
Curso Iniciación á Fotografía. Matrícula aberta.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.9.14
Curso Iniciación á Fotografía
Impartido polos fotógrafos profesionais: Xoel Rodríguez e Fran Nieto.
Todos os venres dende o día 3 de outubro ate o 6 de decembro.
Matrícula aberta:
110 € Soci@s do Ateneo e 130 € Non soci@s
Información:
https://docs.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36RdHd0TVJJYzRvU1E/edit
Etiquetas: Actividades, Certame Fotográfico, Exposicións, Novas
Taller de Interpretación para Cine en Ferrol. 29, 30 de setembro e 1 e 2 de outubro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.9.14
Taller de Interpretación para Cine en Ferrol.
Lugar: Ateneo Ferrolán
Lugar: Ateneo Ferrolán
Duración e horario:
Luns 29, Martes 30 e Mércores 1 de 18:00 a 22:00 h e Xoves 2 de 18:00 a 20:00h (18 horas)
Destinado a actores e actrices que desexen aprender técnicas de interpretación para cine. Traballarase con cámara e iluminación. O material visualizarase nas clases e será entregado aos alumnos.
Destinado a actores e actrices que desexen aprender técnicas de interpretación para cine. Traballarase con cámara e iluminación. O material visualizarase nas clases e será entregado aos alumnos.
A matrícula custará 65 euros e podedes formalizala xa no Ateneo
Etiquetas: Actividades, Album de Fotos, Certame Fotográfico, Proxeccións
CONCENTRACIÓN o xoves día 25 a partir das 18,30 h. na Praza de Armas
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.9.14
O Ateneo Ferrolán convoca unha CONCENTRACIÓN o
próximo xoves día
25 a partir das 18,30 h. na Praza de Armas xa que un membro desta Xunta
Directiva tomará a palabra no Pleno Municipal que se celebrará ás 19 h.
para volver a esixirlle ao Concello que asuma os
gastos de traslado e almacenamento do patrimonio da entidade, logo da
asemblea aberta celebrada o día 8 coas diferentes asociacións do tecido
asociativo e cultural que apoiaron estas mobilizacións..
Difunde e Acude en apoio ao Ateneo e á Cultura Popular!
CLUB LECTURA os primeiros martes de cada mes ¡ APÚNTATE !
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.9.14
CLUB
LECTURA do ATENEO FERROLÁN - ¡ APÚNTATE !
Retomamos o
noso CLUB DE LECTURA que dende hai 12 anos levamos facendo
ininterrompidamente.
Día 7 de
outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Animamos a
tod@s a participar desta emblemática actividade.
Dende
o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA,
segue levándose a cabo todos
os primeiros MARTES DE CADA MES.
Encontros
coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros
martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola
profesora ANXELES SEOANE.
Charla "CHERNOBYL 28 ANOS DESPOIS" polo fotógrafo César Toimil. Venres 19 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.9.14
Charla "CHERNOBYL 28 ANOS DESPOIS" polo fotógrafo César Toimil.
Venres día 19 ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Entrada libre.
http://www.cesartoimil.es/
https://www.facebook.com/events/519125724900554/?fref=ts
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Novas, Presentacións, Proxeccións
Representación Audiovisual "Falando Claro" de Pepe Sendón. Xoves día 18 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 16.9.14
O xoves día 18 de setembro no salón de actos do Ateneo Ferrolán ás 20 h.
Representación Audiovisual "FALANDO CLARO" un traballo
de PEPE SENDÓN sobre a figura de Claro José Sendón Lamela.
A historia do anarquista de Louro, Claro José Sendón Lamela (1897-1937)
Somos Cultura. Salvemos o Ateneo
Soci@s: 4 € /// Non Soci@s: 6 €
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Presentacións, Teatro
Convocatoria Concentración Apoio ao Ateneo e Manifesto
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 11.9.14
O Ateneo Ferrolán convoca unha CONCENTRACIÓN o próximo martes día
16 ás 20 h. na Praza de Armas para esixirlle ao Concello que asuma os
gastos de traslado e almacenamento do patrimonio da entidade, logo da
asemblea aberta celebrada o día 8 coas diferentes asociacións do tecido
asociativo e cultural.
Así mesmo enviamos o Comunicado
consensuado ao que xa hai adheridas diferentes asociacións e que aínda
pódese asinar enviando un correo electrónico a secretaria@ateneoferrolán.org.
MANIFESTO:
O mércores 17 de setembro, ás 11:30 horas,
nos xulgados de Ferrol vaise celebrar un xuizo pola demanda da
empresa Mudanzas Felix, S.L. contra o
Ateneo Ferrolán, reclamando o pagamento de 39.000 euros, importe do
traslado e almacenamento do patrimonio do Ateneo Ferrolán co gallo
das obras de rehabilitación da sede da entidade. O traslado e
almacenamento da biblioteca, hemeroteca e enseres do Ateneo non foi
unha iniciativa desta entidade, senón que se fixo por esixencia do
Concello de Ferrol e da dirección de obra, co compromiso de que o
Ateneo nunca tería que facer un desembolso económico para o que non
tiña capacidade financeira. O
desenvolvemento das obras coincidiu co cambio de goberno municipal e
rematadas éstas, o novo
goberno do Partido Popular negouse
a asumir o pagamento deste gasto, quedando
o servizo prestado pola empresa impagado, o patrimonio do Ateneo
retido, aumentando mes tras mes a débeda e
dando, finalmente, lugar
á reclamación da empresa Mudanzas
Felix, S.L. contra o Ateneo.
Esta gravísima situación enmárcase nunha
política de acoso ao Ateneo por parte do grupo
de goberno do Concello de Ferrol, que se
ven concretando no reparto do edificio que era sede do Ateneo
Ferrolán (instalando alí a outras entidades), no confinamento do
Ateneo Ferrolán nos pisos terceiro e baixo cuberta do edificio, na
desaparición dos elementos identificativos do Ateneo no exterior do
edificio e da negativa a conceder calquera axuda económica a Ateneo,
mesmo as que se mantiveran en anos anteriores e con gobernos
municipais de moi diverso signo político.
O Ateneo é unha entidade molesta para un goberno municipal
autoritario, que non acepta a discrepancia nin tampouco as expresións
de cultura participativas e populares que caracterizan ao Ateneo de
Ferrol, en colaboración con boa parte do tecido asociativo e das
creadoras e creadores da cidade. Por outra banda, esta cultura
popular e participativa pon en evidencia a nefasta política cultural
do Concello de Ferrol, que despilfarra enormes recursos económicos
sen ningún sentido. Unha política cultural asentada no papanatismo
que prima o foráneo fronte ao local, que inviste auténticas
fortunas na rehabilitación de edificios que despois permanecen
infrautilizados, e que externaliza a xestión dos espazos culturais a
través dunha desas empresas especializadas na xestión de servicios
municipais.
Mentres eles nos dan productos de consumo cultural de escasa
calidade, nós reivindicámonos como un pobo que foi, é e será
sempre creador de cultura. Unha cultura popular e na nosa lingua,
unha cultura reivindicativa e rebelde, que o tecido cultural desta
cidade mantén a través de institucións tan sinaladas como o Ateneo
Ferrolán. Unha entidade que leva traballando máis de tres décadas
na nosa cidade, cun balance tremendamente positivo de actividades e
de servicios para a cidadanía, como o servizo de biblioteca e
hemeroteca que aínda hoxe continúa ofrecendo, malia que parte dos
seus fondos están inadecuadamente almacenados en contenedores nun
polígono industrial.
Autoritarismo, ineficacia e desprezo á cultura e ao tecido cultural,
é o que ofrece o goberno municipal do PP. Pola nosa parte, o noso
compromiso como xente é manter e mesmo multiplicar o traballo
cultural que vimos realizando. Porque entendemos que a cultura é a
mellor ferramenta de transformación, potenciadora da democracia e da
convivencia. Por iso, como entidades culturais e como persoas
creadoras de cultura, reclamamos tamén ao Concello de Ferrol que
cese na súa campaña contra o Ateneo, asumindo os gastos derivados
da obra municipal que fixo no edificio desta entidade. E pedimoslle
tamén que faga un xiro na súa política cultural, mediante o
diálogo co tecido cultural e a potenciación das iniciativas
xenuinas da cultura ferrolá. Que abandone, en fin, a política de
desprezo ao tecido cultural, do fomento da división entre as
asociacións, de falta de diálogo e até de mala educación e
maltrato.
Setembro 2014(audio) -> Cunha elaborada nas Áulas de formación básica da Radio Filispim 93.9FM, chamando á concentración en apoio ao Ateneo Ateneo Ferrolán. Salvemos o Ateneo!!! --> http://www.ivoox.com/cunha-apoio-ao-ateneo-ferrolan-concentracion-16-09-2016-audios-mp3_rf_3488358_1.html
Tecido social e cultural que, de momento, apoia este manifesto e a convocatoria da concentración:
A Mesa Pola Normalización Lingüística
ANOVA Ferrol
A.C. Fuco Buxán
Asociación Muinho do Vento
CNT Ferrol
Colectivo Artabra 21
Esquerda Unida Ferrolterra
Espazo Ecosocialista Galego Ferrolterra
Federación Veciñal ROI XORDO
NÓS-UP
Poesía Salvaxe
PSdeG Ferrol
Concentración en APOIO ao Ateneo! Martes día 16 ás 20 h. na Praza de Armas
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.9.14
ACUDE e DIFUNDE!
SOMOS CULTURA!
Ateneo Patrimonio da Cidade!
http://salvemosoateneo.blogspot.com/p/blog-page.html
En concerto: Xira Galega de HUGO ARÁN. Venres 12 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.9.14En concerto:
"Anuario" - Hugo Arán
Xira Galega de HUGO ARÁN
Dúo de guitarra, voz e acordeón
O venres día 12 de setembro de 2014
no salón de actos
do Ateneo ás 20 h.
Soci@s: 4 € // Non soci@s: 6 €
A sorpresa en cada verso por
Fernando Neira (crítico de El País)
Eu era integrante do xurado naquel certame e, aínda que non recordo con nitidez o transcurso das deliberacións, supoño que o meu entusiasmo influíu en que Tato Azevedo acabase obtendo a terceira posición. Ao ano seguinte repetiron comparecencia e alcanzaron a segunda praza: ás virtudes xa coñecidas sumábaselle unha peza extraordinaria, La custa do can, canción conmovedora sobre evocacións e amigos da infancia que parecía escrita especialmente para cada oínte que acertase a escoitala, esa sensación tan linda que Jonás Trueba acertou a resumir co título da súa primeira longametraxe: Todas as cancións falan de min.
Pasaron os anos e, xa sen concursos de por medio, Hugo voa en solitario con este disco que confirma as sospeitas: é un pozo de talento. Ao final resulta que o rapaz de aires retraídos e soñadores tamén sabe tocar a guitarra, á que roza coa finura dun trobador fronte ao mar, descalzo e cos pés afundidos na area. En Hugo conflúen o Mediterráneo e, dende logo, a voluptuosa salitre brasileira; Drexler e Márcio Faraco, a harmonía inesperada e a sorpresa en cada verso.
Hugo atesoura un lirismo ao que xamais se lle vai a man co azucre. É un mozo capaz de reconquistar a patria da infancia ao tempo que suxire un futuro, cando menos, alentador. Longa vida a esa beleza serena que aniña nas mans e nos labios dun tímido con encanto.
https://www.facebook.com/pages/Hugo-Ar%C3%A1n-M%C3%BAsica/195866030493905?fref=ts
Etiquetas: Actividades, Música en Directo, Novas, Poesía
O Ateneo recupera unha colección da publicación ferrolá Boletín del Círculo de Maquinistas de la Armada
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.9.14
O Ateneo Ferrolán recupera unha
colección da publicación ferrolá Boletín del Círculo
de Maquinistas de la Armada, grazas á cesión dun socio.
O
“Boletín del Círculo de Maquinistas de la Armada” é unha
singular publicación profesional editada na cidade de Ferrol entre
os anos 1872 e 1935. Segundo o historiador José Antonio Ocampo
Aneiros non existía en 1999 ningunha colección desta publicación
en Ferrol e só había coleccións incompletas en coleccións
particulares e na Biblioteca Central de Marina, ademáis dun número
solto na Biblioteca Nacional de España.
O
pasado mes de agosto un socio do Ateneo Ferrolán, que desexa
permanecer no anonimato, cedeu á entidade unha colección composta
de 162 exemplares da publicación, dos 210 que compoñerían a
colección total. Trátase, probablemente, da mellor colección
coñecida desta publicación.
Grazas
a esta cesión, a cidade recupera unha parte importante do noso
patrimonio hemerográfico. O Ateneo realizará unha copia
dixitalizada desta publicación e ten previsto poñela na rede cando
teña culminado o seu proxecto da Hemeroteca Dixital de Ferrol. Deste
xeito, o Ateneo reafirma o seu compromiso na preservación e
comunicación da cultura e da memoria desta cidade e das súas
xentes.
Animamos
á xente que posua publicacións periódicas ou libros editados en
Ferrol a contribuir a conservar e difundir o noso patrimonio
bibliográfico e hemerográfico, levando os exemplares que posúan ao
Ateneo Ferrolán para a súa cesión ou ben para a realización dunha
copia do orixinal. O Ateneo agradece enormemente esta donación e
outras que ten recibido, e todas aquelas que poida recibir,
especialmente en momentos en que a entidade está pasando por
momentos difíciles. Estas cesións expresan á vez a confianza na
tarefa emprendida polo Ateneo e a xenerosidade e o compromiso
cultural das nosas veciñas e veciños.
A
directiva do Ateneo Ferrolán
El Boletin Del Circulo De Maquinist as.pdf - https://drive.google.com/file/ d/ 0BwOQ0rnaU36RRVpZeDVSLWFvdXM/ edit?usp=sharing
O
“Boletín del Círculo de Maquinistas de la Armada” é unha
singular publicación profesional editada na cidade de Ferrol entre
os anos 1872 e 1935
Convocamos unha xuntanza co tecido cultural, político e social
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.9.14
O
vindeiro 17 de setembro, ás 11:30 da mañá, vai ter lugar nos
xulgados de Ferrol o xuizo pola demanda que a Empresa Mudanzas Felix
ten interposta contra o Ateneo Ferrolán por importe de 39.000 euros.
A devandita débeda provén dunha obra promovida polo Concello de
Ferrol que obrigou ao Ateneo a desaloxar os seus locais e almacenar o
seu patrimonio (biblioteca, hemeroteca e enseres); uns gastos que o
goberno municipal négase agora a asumir.
O
Ateneo Ferrolán convoca unha xuntanza de partidos políticos,
sindicatos, organizacións culturais, sociais, de creadoras e
creadores, para pedir apoio ás mobilizacións que o Ateneo vai facer
para esixir ao Concello o pagamento destes gastos derivados da obra
municipal de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán. Ao
tempo plantexamos a posibilidade de iniciar unha campaña conxunta do
mundo cultural para reivindicar a cultura libre e participativa e
para denunciar o despilfarro do presuposto cultural polo Concello de
Ferrol e a infrautilización das instalacións culturais municipais.
Data:
Luns, 8 de setembro de 2014
Hora:
20:30 horas
-
Eliseo Fernández –
Presidente
do Ateneo Ferrolán
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/convocan-xuntanza-salvar-ateneo-ferrolan/20140904195935030324.html
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Exposicións
XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES”. 17, 18 e 19 de decembro do 2014
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.9.14
XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO
A
celebrar os días 17,
18
e 19
de decembro do 2014
Facemos
un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas
xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato
DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha
ficha cumprimentada cos
datos da curta e do director
antes
do día 5 de decembro
para poder engadilos ao programa deste ano.
Os días 17,
18
e 19
de decembro de 2014,
levaranse a cabo ás
XIV
XORNADAS MOSTRA DE CURTAMETRAXES,
comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Como lembranza do que
foron estas XORNADAS ao longo destes catorce
anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas
galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros
autores a nivel internacional.
Nestes días amosaremos
curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e
con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O OBXECTIVO é dar a
coñecer a un público amplo a calidade e variedade das
curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a
converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar
a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada.
Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran
calidade.
GRAZAS POR PARTICIPAR!
Etiquetas: Actividades, Presentacións, Proxeccións, Xornadas Curtametraxes