Presentación libro de poesía "FADAS DO BELELLE" Mércores 24 de outubro ás 19,30 h.



Presentación libro de poesía "FADAS DO BELELLE"
Mércores día 24 de outubro ás 19,30 h.


Esta publicación da Colección O PARNASO, promovida pola Asociación Cultural ConXeito, é a primeira que facemos cunha clara intencionalidade como é darlle continuidade e que sirva como tribuna para recoller, na nosa medida, parte desa aportación que moitas persoas e colectivos desta grande comarca que é Ferrolterra, veñen dun xeito claro e comprometido facendo ao longo dos anos.


FADAS do BELELLE é un traballo onde queremos dar voz a traveso da escrita á aportación da muller na construción social. Elas, cos seus traballos de amor, reflexión e ás veces de denuncia fánnos sentir isa necesidade de compromiso e obriga no camiñar da sociedade.


13 FADAS E UN TRASNO


Angeles Delgado                                                

Aurora Varela               

Cris de la Maza                                           

Rosa Martínez                        

Silvia Romaus                              

Amelia de Querol         

Dolores Leira                       

Eugenia Sanmartín       

Eva Veiga                                                           

Isabel Buelta                 

Juana Corsina                                           

Nina Pantín  

Rosa Méndez

Manuel Calvo 

Conferencia "Tensando la cuerda (2011-2018)" de Carlos A. Quirós. Venres 19 de outubro ás 20,30 h.


Conferencia dentro da 3ª Mostra de Videoclips de Ferrol "Videoclips A Esgalla"
"Tensando la cuerda (2011-2018)", a cargo de Carlos A. Quirós 
(Cuerda Floja Producciones)

Venres 19 de outubro ás 20,30 h. no Ateneo Ferrolán


Exposición Fotográfica “Ferrol & Rock en Foco” de Edu Pereira. Ate o 30 de novembro


Exposición Fotográfica “Ferrol & Rock en Foco” de Edu Pereira

 Do 11 de outubro ao 30 de novembro no Ateneo
dentro do marco da mostra Videoclips a Esgalla 2018.

 FERROL NUNCA DEIXARÁ DE TER VIDA, INTENCIÓN, IMAXES E ACORDES 
PARA DAR E REGALAR.

https://www.facebook.com/videoclipsaesgalla/

Charla "Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local". Xoves 18 de outubro ás 20,30 h.


 Charla 
"Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local"
 Xoves día 18 de outubro ás 20,30 h. no Ateneo

O xoves as 20:30 no Ateneo Ferrolán, Ferror Records e CGTH Records estaremos dando a charla "Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local" dentro do programa de VideoClips a Esgalla 2018...

"Conferencia e proxeccións a cargo de Fernando Fernández Rego, Sergio Peck, Olalla Padín e Oscar M. López.. Ferror Records e CGTH son dous exemplos de autoxestión e produción independente que parten dunha premisa clara: apoiar e dinamizar a escena musical local. As súas actividades van dende a organización de concertos e festivais, á edición discográfica en formato físico e dixital. A axitación cultural é darlle folgos a escena musical da cidade son os motores de ambos colectivos. 

A idea da charla é dar a coñecer o intenso traballo que desenvolven ambos colectivos, presentar os múltiples traballos discográficos editados, fanzines, videoclips e concertos realizados. Tamén explicarán por qué a autoxestión é unha vía totalmente necesaria para dar saida na actualidade a moitos proxectos. Para elo levarán a cabo unha presentación conxunta con material audiovisual e físico. #VideoclipsaEsgalla2018 #VideoclipsaEsgalla".

Presentación libro: "Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio". Mércores 17 de outubro ás 19,30 h.


Presentación libro: "Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio".
Mércores día 17 de outubro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.


Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio

Como a familia Franco espoliou a veciñanza das Mariñas e adquiriu, pola porta de atrás, a propiedade de Meirás é o que relata o libro "Meirás. Un pazo / Un caudillo / Un espolio" de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo.

Organizado por Fuco Buxán e mais pola fundación Galiza Sempre, o acto contará coa presenza dos autores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo

"Meirás" contén a máis minuciosa investigación sobre como o dictador Franco usurpou o pazo de Meirás -tratado como propiedade de Estado ate a súa morte en 1975- e o converteu, expuña Manuel Pérez nunha entrevista, “en centro de poder. Meirás era un lugar ao que acudir se se quería conseguir algo do Estado”.

Asemblea Xeral Ordinaria. Mércores 28 de novembro ás 19,30 h.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Benquerido socio e socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o
mércores día 28 de novembro de 2018 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión da Xunta Xestora
3.- Informe económico da Xunta Xestora
4.- Rogos e preguntas
5.- Elección da nova Xunta Directiva


O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:


16 de outubro - Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións
18 de outubro - Último día para Constitución da Mesa Electoral
26 de outubro - Inicio prazo para presentación de Candidaturas
5 de novembro - Último día para presentación de Candidaturas
12 de novembro - Proclamación de Candidaturas
14 de novembro - Inicio da Campaña Electoral
28 de novembro - Celebración da Asemblea Xeral
- Elección da nova Xunta Directiva


No período da Campaña Electoral (entre os días 14 e 27 de novembro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolvela súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,

Asdo.- A Xunta Xestora


Ferrol 11 de outubro de 2018

I Congreso Decrecemento. 6 e 7 de outubro no Ateneo

I Congreso Decrecemento

Ferrol, 6 e 7 de outubro no Ateneo Ferrolán

Info:
 https://rededecrecemento.wordpress.com/
 https://www.facebook.com/rededecrecemento/

Presentación do libro de poemas "AMURAS". Venres 5 de outubro ás 20 h.


Presentación do libro de poemas "AMURAS"
Venres día 5 de outubro ás 20 h.

A autora ferrolá Vita Martínez Vérez, presentará o seu libro "Amuras" no Ateneo acompañada do sociólogo e poeta Xosé Leira

A idea levisiana da alteridade impregna a Amura proposta por Vita Martínez ao longo dos poemas aforísticos que debuxa a súa corporalidade. Desde a identidade que habita e é habitada, ata o corpo a corpo que supón nacer e morrer, pasando pola voz do silencio e a palabra. Se existise un lugar para declinar o pronome, sería este poemario, espido de pretextos e cargado de intencións.

http://vitamartinez.com/

Related Posts with Thumbnails