Boletín Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca do mes de xuño 2017


Boletín Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca do mes de xuño.
#Entradalibre #AteneoFerrolán

2ª Mostra de Videoclips A Esgalla. Do 15 ao 30 de xuño


2ª Mostra de Videoclips A Esgalla. Concello de Ferrol. 

Do 15 ao 30 de xuño no #AteneoFerrolán

Xa podedes consultar e difundir o programa oficial completo de #VideoclipsaEsgalla2017. Atentos á nosa web, pouco a pouco iremos informando tamén dos diversos eventos extraoficiais que se sumarán a estes 15 días de festa adicados ao #videoclip de#Ferrolterra.

https://www.facebook.com/videoclipsaesgalla/



Charla: "Decrecentismo: unha alternativa tamén para Galiza". Mércores día 14 de xuño ás 20,30 h.

Charla: "Decrecentismo: unha alternativa; tamén para Galiza"

Mércores día 14 de xuño ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán

Presenta Miguel A. Neira Romero

Falarán:

Héctor Tejón Sáez (Sociólogo e investigador social)
Miguel Anxo Abraira (Activista social e político)

Presentación video sobre Xoán Beceiro Amado. Martes 13 de xuño ás 20 h.



O martes día 13 de xuño ás 20 h. no #AteneoFerrolán haberá a presentación dun video sobre Xoán Beceiro Amado, primeiro tradutor de "El Quijote" ao galego. 
Falará Siro López


Coa presentación deste vídeo, realizado por Carlos Laíño, sobre a vida e a obra literaria do xeneral ferrolán Xoán Beceiro Amado, primeiro tradutor ao galego de obras clásicas como o Quixote, O Lazariño de Tormes, a Vida do Buscón don Pablos, a Ilíada, a Odisea e un longo etc., o Ateneo Ferrolán tenciona demostrar, cando a celebración do Día das Letras Galegas está aínda recente, que o idioma galego pode e debe ser de todos. 

O xeneral Beceiro Amado fixo a Guerra Civil co bando nacional, o que non lle impediu sentir o galego como lingua proia. A normalización lingüística acadarase cando desaparezan os prexuízos que aínda hoxe nos moven a identificar o idioma de todos cunha parte da poboación.

O vídeo sobre o xeneral Beceiro é un excelente argumento para promover o debate.  

«Hoxe é un día grande para a Academia. Esta é a primeira tradución que se fixo ao galego do Quixote e está aquí». Isto dicía o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, amosando os libros que acababa de doar Juan Luis Beceiro García. O donante é fillo do xeneral Juan Beceiro Amado (Ferrol, 1909-Madrid, 1990), que databa o 25 de xaneiro de 1972 o remate desta tradución. Alonso Montero lembrou que Carré Alvarellos «fixo a tradución de dous capítulos» da obra de Cervantes, «pero esta é a primeira da obra completa».


Charla "Vivencias compartidas con Carlos Casares". Xoves 8 de xuño ás 20 h.


O xoves día 8 de xuño ás 20 h. terá lugar no Ateneo Ferrolán unha  
charla que impartirá Siro López Lorenzo sobre as 

"Vivencias Compartidas" con Carlos Casares

 O acto está organizado polo Club de Prensa de Ferrol. 

Carlos Casares tivo unha brillante traxectoria como colaborador na prensa e deixou escritas pezas de indubidable valor literario, por iso é polo que o Club de Prensa ve neste acto unha oportunidade para homenaxear a este singular xornalista. 

Acompañarán na mesa a Siro López , Julia Díaz Sixto e José Picado Carballeira.
Entrada libre.




Exposición Fotográfica "WILD". Do 2 ao 30 de xuño.


Exposición Fotográfica "WILD" de Cristina Pérez Parapar

Do 2 ao 30 de xuño de 2017 no #AteneoFerrolán

A mostra componse de 35 imaxes adicada ao mundo da natureza salvaxe: fauna, flora e paisaxes.

Inauguración o venres 2 de xuño ás 19 h.

Máis info:


Obradoiro de percusións tradicionais. Domingo 4 de xuño



Obradoiro de percusións tradicionais
domingo día 4 de xuño de 11 a 14 h e de 16 a 20 h.

-Prezos: 20€ Percusión doméstica // 25€ Pandeiros // 35€ xornada completa
-Inscripcións ata xoves 1 de xuño 

Telf: 658.030.219 ou na secretaría do Ateneo co telefono 981.357.970

Imparte: Carlos Martínez / /www.d-raizmusica.com

Información

Percusión doméstica
Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas. Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica, o mediterraneo e sudamérica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega. Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos.
Exemplos con audios e partituras.

Pandeiros, técnicas e ritmos
Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega.
Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos.

Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir. O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas.

Exemplos con audios e partituras.



Obradoiro de Técnica Vogal. Venres 2 e 9 de xuño.




Obradoiro de Técnica Vogal 
a cargo de Pablo García Ferradás

Venres 2 e 9 de xuño de 17 a 20 h. no #Ateneo 

Obradoiro para mellorar a técnica de canto, como quentar a voz e cuidala 
para poder sacarlle o mellor partido. 

Inscrición gratuita.Prazas limitadas.

Organizan: Locais Ensaio

Related Posts with Thumbnails