Acto de entrega do Galardón 8M Alvixe a Dolores Cervera. Mércores 20 de marzo ás 18:30


 

Coloquio sobre o acordo internacional sobre pandemias da O.M.S. Venres 22 de marzo ás 19:30.


 

A quenda de oficio: A explotación laboral no século XXI. 21 de marzo ás 19:00

 

Acto público aberto á cidadania sobre: 

“A QUENDA DE OFICIO, A EXPLOTACIÓN LABORAL NO SÉCULO XXI; E AS MUTUALIDADES DA AVOGACÍA E DA PROCURA: A CONDEA A NON
XUBILARSE”.

Organiza: Marea Negra Ferrol coa participación do Sindicato Venia e o Movemento #J2

 

 



 

Representación da obra "Mujer (A través del tiempo)" de Ferroluna. 8 de marzo ás 19:30.

 


COMPAÑÍA TEATRAL FERROLUNA


REPRESENTACIÓN DE:

MUJER (A TRAVÉS DEL TIEMPO)

Adaptación: Tino Martín.

………

LUGAR:

ATENEO FERROLAN


DIA: 8 DE MARZO DE 2024

HORA: 19:30

 


 

Presentación do Libro "Lúa nova" de Irene Montero. Martes 5 de marzo ás 17 horas.

No Clube de Lectura do Ateneo Ferrolán, na súa actividade do martes 5 de marzo, presentará a obra da filóloga e xornalista Irene Montero "Lúa nova". 

Teremos como convidada á autora para comentarnos a súa obra e asinar exemplares.

Data: Martes 5 de marzo ás 17 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

 

 

 


V Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán. Xoves día 29 de febreiro ás 17 h.

 

 

V Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

"Bibliotecas escolares: educadoras e formadoras"

O xoves día 29 de febreiro ás 17 h.

 

O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 29 de febreiro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as V Xornadas de Documentación «Bibliotecas escolares: educadoras e formadoras, presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Jose Antonio Ponte Far.


 Máis información no sitio web: http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org

Acto de homenaxe ás vítimas da represión franquista. Sábado 24 de febreiro, Parque Antón Varela (Canido)

 


Memorial Vítimas Do Franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Lembranza a Amada García e os seus compañeiros. Sábado 27 de xaneiro ás 17 h. Castelo de San Felipe

 

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, este sábado 27 de Xaneiro, ás 5 da tarde, realizará, no Castelo de San Felipe, un sinxelo acto en lembranza de Amada García e os seus sete compañeiros, asasinados nese lugar pola Ditadura franquista, en tal data do ano 1938, pola súa militancia política de esquerdas e a súa defensa dos ideais republicanos de progreso e xustiza social.

 A continuación, como cada aniversario, acompañaremos á familia de Amada ao Cemiterio de Serantes, para facer una ofrenda floral onde foron soterrados.
Convidamos aos nosos/as socias e socios e a cantas persoas o desexen a sumarse a estes actos.

Acusados de "Rebelión Militar," ese 27 de xaneiro de 1938, foron fusilados no foxo do Castelo de San Felipe e soterrados no Cemiterio de Serantes:

 

- Amada García Rodríguez, de Mugardos, 27 anos, casada, filla e fillo, militante do PCE.

- Antonio Eytor Cañizo, de 57 anos, carpinteiro, Concelleiro de Izquierda Republicana en Mugardos.

- Jaime González Pérez, de Ares, 31 anos, solteiro, dependente na farmacia do seu pai.

- Germán López García, de Caamouco - Ares, 50 anos, da UGT.

- José María Montero Martínez, de Mehá, Mugardos, 39 anos, casado, enterrador.

- Ramón Rodríguez López, de Caamouco, Ares, 38 anos, da Fronte Popular.

- Ángel Roldós Gelpi, de Mugardos, 50 anos, casado,  mestre nacional, afiliado a Izquierda Republicana.

- Juan José Teijeiro Leira, de Mugardos, 42 anos, casado, 1 fillo, mariñeiro, militante do PCE.



Related Posts with Thumbnails