A Corporación: ¿Institucións ou psicópatas? (2003), proxectarase o xoves 25 de febreiro ás 19 horas na Sala de Proxeccións
do Ateneo Ferrolán
"The Corporation" é unha película dirixida por Mark Achbar e Jennifer Abbot que en tres capítulos de aproximadamente unha hora analiza o mundo empresarial. Está baseado no libro co título ‘La Corporación - la persecución patológica del beneficio y el poder’, de Joel Bakan.
A película, entre outros premios acaba de gañar o premio da audiencia ao mellor documental no festival de cine de Sundance, ao que por premura non se presentou, pero foi invitada especialmente e aclamada polo público.
"Fai 150 anos, a corporación era unha institución insignificante. Hoxe é unha presenza viva, dramática e persuasiva en todas as nosas vidas. Ao igual que a Igrexa, a Monarquía e o Partido Comunista en outros tempos ou lugares, a corporación é hoxe a institución dominante. Pero a historia fai caer ás institucións dominantes. Todas foron abatidas, reducidas ou absorbidas nun novo orde. A corporación ten poucas posibilidades de desafiar a historia.”
Buscar neste blog
25 febreiro 2010
19 febreiro 2010
Concurso de composición "Constantino Bellón 2009"
A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.
O PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista 2009 JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura "LUGRÍS" para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.
E os accésits desta pasada edición:
- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra "TUMBALEIRA" para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.
- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra "JOTA" para Gaita, Orquestra de corda e Piano.
DOCEPORCINCO ponencias proxeccións no Ateneo Ferrolán
O próximo sábado 20 de febreiro ás 19:00 horas no Ateneo Ferrolán.
DOCEPORCINCO, unha serie de ponencias de 5 minutos de duración cada unha, ate un total de 11, e un envolvente xeral que será a actuación de Carlos Villena (músico experimental de Barcelona) como peza número 12 deste evento, do que dedúcese e cumpre o concepto do seu nome, DOCEPORCINCO.
Está aberto a todo o mundo que queira pasar polo auditorio do Ateneo, e a velada será completada con pinchos e barra de bar, para crear un ambiente máis distendido e de exposición artística. Axunto a este correo o cartel do evento.
DOCEPORCINCO na súa primeira edición reúne 12 artistas de puntos diferentes da península como son Cataluña, Andalucía, Asturias e Galicia, e xúntaos para que nos presenten os seus proxectos máis frescos de ámbitos moi dispares da arte.
Axudados por un micrófono e un proxector estes artistas contarannos as súas inquietudes e amosarán o seu traballo no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Desta forma creadores da zona e outros de distintos puntos de Galicia e España pódense dar a coñecer, na súa propia casa uns e noutro ámbito máis lonxe do seu núcleo outros.
Unha iniciativa en vangarda actualmente (polo concepto) e que esperamos contaxie rapidamente; confiamos en que a palabra falada e a mostra de arte en grandes tamaños como o que nos permite unha proxección supera en atractivo á difusión artística por internet, polo que humanizase así o que nun principio era humano. Baseado nesta filosofía escolléronse 12 proxectos que teñen en común unha base, que é a natureza expresiva e de entendemento entre persoas, por iso estes artistas falarán do seu propio traballo, porque nada mellor que escoitar cómo nolo contan eles para entendelo.
Tamén cabe destacar que teremos presentadores de excepción para axilizar un pouco a arquitectura do evento.
...e a actuación a cargo do paisaxista sónico Carlos Villena (Barcelona), fundador do selo Mantricum, xa coñecido do mundillo do Ambient/Experimental e colaborador de diversos proxectos de ambient e noise en diversos puntos do planeta, que nos envolverá con cortes de inicio do evento e clausura.
Doceporcinco é unha iniciativa persoal de Pablo Limorte, fotógrafo de 28 anos nacido en Ferrol, que produce e organiza o evento con axuda de Eva Morell, deseñadora malagueña de 28 anos, a cargo da imaxe e o planning comunicativo.
email da organización: doceporcince@gmail.com

As ponencias correrán a cargo de:
Iago Barreiro / Fotografía / A Coruña
A Garola / Editorial Teatral / Cedeira
Rubén Darío / Pintura / Barcelona
Ángel Manso / Fotografía / Ferrol
Paula Martínez / Gravado en pedra / Lanzarote (incorporación substitutiva de Iván Erre)
Pablo Portero / Guión / Santiago de Compostela
Thr3hold / Visuals / Gijón
Eduardo Hermida / Acción Artística / Ferrol
Helga Méndez e Alicia Seoane / proxecto para Casa das Artes / Ferrol
Eva Morell e Noemí Diaz-Patiño / novo Fanzine Colores / Málaga-Vigo
Chus Sánchez / Fotografía / Barcelona
...e a actuación a cargo do paisaxista sónico Carlos Villena (Barcelona), fundador do selo Mantricum, xa coñecido do mundillo do Ambient/Experimental e colaborador de diversos proxectos de ambient e noise en diversos puntos do planeta, que nos envolverá con cortes de inicio do evento e clausura.
Doceporcinco é unha iniciativa persoal de Pablo Limorte, fotógrafo de 28 anos nacido en Ferrol, que produce e organiza o evento con axuda de Eva Morell, deseñadora malagueña de 28 anos, a cargo da imaxe e o planning comunicativo.
email da organización: doceporcince@gmail.com
15 febreiro 2010
Exposición “Solidaridad Obrera, 100 años de prensa anarcosindicalista”
O luns 15 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar a inauguración da exposición “Solidaridad Obrera, 100 años de prensa anarcosindicalista” nos locais do Ateneo Ferrolán, organizada pola Federación Local da CNT de Ferrol.
No centenario do nacemento do sindicato CNT, esta exposición percorre tamén os cen primeiros anos de vida do xornal “Solidaridad Obrera”, o voceiro histórico desta organización. A exposición recolle as épocas e as persoas máis significativas da vida deste xornal, ao tempo que se percorre unha longa historia de traballo e loita da clase obreira.
A exposición permanecerá nos locais do Ateneo Ferrolán até o día 20 de febreiro e pode visitarse de luns a venres de 11.30 a 13.30 e de 17 a 21 horas e os sábados, de 10.30 a 13.30 horas.

04 febreiro 2010
Presentación do libro: "55 mentiras sobre a lingua galega"
O venres 5 febreiro ás 20,30 horas, no Ateneo Ferrolán. Presentación do libro: "55 mentiras sobre a lingua galega", editado por PROLINGUA e LAIOVENTO.
A Plataforma Prolingua presentará mañá venres a súa primeira publicación, que leva por título "55 mentiras sobre a lingua galega", coordinado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas. O libro ofrece unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden "os negocionistas do idioma".
Trátase segundo os seus promotores, dunha "reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións dos que buscan o esmorecemento da lingua propia de Galiza". No acto falarán Xosé Manuel Sardiña, Xosé Lastra Murais e Xosé Manuel López.
A presentación será simultánea en outras 63 localidades.

XX Certame Fotográfico sobre Medio-Ambiente 2010
O Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, organiza coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e da Concellaría de Educación do Concello de Ferrol un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais, que se rexerá polas seguintes Beses.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)