Exposición Fotográfica "A diario"


Inauguración o día 21 de febreiro ás 20:30 no Ateneo Ferrolán
O mundo real ten tres dimensións espaciais e unha temporal.

Cando trasladase esta realidade ás novas dun periódico estas catro dimensións comprímense no alto e ancho dun papel coa axuda da inmediatez que necesitamos consumir cada día.
Para esta exposición recuperamos as tres dimensións espaciais da noticia, lles dimos o volume que no seu día tiveron, insuflando oxíxeno ao papel, sempre aplanado polo enorme peso da rotativa.
Cando o espectador vexa o resultado de cada fotografía retomarán tamén a súa dimensión temporal, coa esperanza de que cando vexa de novo un diario pense, detidamente, que tras cada sección escondese unha realidade repleta de sentimentos, sensacións, alegrías e as veces, por desgraza, auténticos dramas da vida real, da realidade nas súas catro dimensións.

Os autores:
  • Fran Nieto é profesor de fotografía, especializado, sobre todo, en temas de iluminación, paisaxe, natureza e técnicas avanzadas de macrofotografía. A súa auténtica paixón é a divulgación do coñecemento fotográfico e imparte cursos a todos os niveis.
  • Anabel Viñas é unha auténtica artesá que domina multitude de disciplinas e que deu vida a estas noticias cunhas simples tesoiras e, nalgún caso, algo de pegamento.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails