Presentación escolma poética VERSUS



O xoves día 7 de marzo ás 19,30 h. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

Presentación da escolma poética Versus no Ateneo Ferrolán unha publicación impulsada polos poetas galegos Antón Borrazas, Manuel Pombo, Hugo Álvarez, Oscar de Souto e Miguel Queipo, contan tamén con prologuistas moi coñecidos no eido literario como son Carlos Solla e Juan Carlos Garcia Hoyuelos.

Versus trata, segundo os seus autores, dunha "poesía combativa", un libro no que conflúen distintas temáticas "pero con igual estilo reivindicativo e de loita".

A presentación constaría dun primeiro achegamento o libro para despois recitar uns poemas e terminar cun concerto poético, e unha forma de achegar a poesía a xente que está tendo moi boa acollida.

Trátase dunha poesía que non é moi elitista, senón que a pode entender todo o mundo porque este xénero literario está moi vencellado ao pobo. Cinco poetas colaboran con esta escolma, xente que de verdade sinte a poesía e que autoeditaron o libro porque segundo din "non necesitamos que ningunha editorial nos diga se é boa ou non a nosa poesía".

"En Galicia a poesía está secuestrada", dixo outro dos seus autores, Óscar de Souto. "Os filólogos e as empresas que especulan coa poesía teñen secuestrada esta parte da cultura galega", explica para xustificar o nacemento da "unión de poetas verdadeiros", baixo a que nace esta escolma poética.

Versus conta ademais coa colaboración de Hugo Álvarez como ilustrador "que describe perfectamente as poesías: unha escaleira pousada na lúa" e que, como dixeron os seus impulsores, "fai que a súa lectura sexa moito máis agradable".

Estan a percorrer toda a xeografía galega, de feito xa estiveron en moitos concellos entre eles A coruña, Pontevedra , Santiago, Laxe , Ponteceso, Arteixo, ... agora en Ferrol no Ateneo Ferrolán.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails