"Apaga la tele, enciende tu vida". Venres 2 de outubro ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.9.15
Ciclo Itinerante
"Apaga la tele, enciende tu vida"
Un show de Rubén Artabe, Erika Road e Luix Kaf
Venres día 2 de outubro ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo
Entrada: 5 €
Renovación do vello.
Transformar o que non vale a través da destrución
creadora
dos símbolos que nos manipulan, adormentan e uniformizan
https://www.facebook.com/apagalateleenciendetuvida
Etiquetas: Cultura, Música en Directo, Presentacións, Proxeccións, Teatro
Danza Contemporánea da mán de Cristina Montero. Venres 25 ás 17 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.9.15
Foto de Ovidio Aldegunde http://ovidioaldegunde.blogspot.com.es
A bailarina e profesora ferrolá Cristina Montero
imparte este venres día 25 ás 17.00 h. no Ateneo Ferrolán
unha aula gratuíta de Danza Contemporánea para nen@s e xente nova.
Etiquetas: Artes Plásticas, Cultura, Danza, Obradoiros, Talleres
Taller Infantil de "Pintura loca" con Carmen Martín. Sábados de 11,30 a 13 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.9.15
Taller Infantil de "Pintura loca" con Carmen Martín
Os sábados de 11,30 a 13 h.
Enfoncado para nen@s a partir de 3 anos
Prezos:
40 € Soci@s
50 € Non soci@s
Etiquetas: Artes Plásticas, Cultura, Obradoiros, Talleres
ESCOLA de TEATRO do ATENEO. Martes e Xoves de 19 a 21 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.9.15
ABERTA a INSCRICIÓN. APÚNTATE!
ESCOLA DE TEATRO do Ateneo.
Dirixida por Plamen Dipchikov (doutor en ciencia e arte teatral)
Comezo da tempada o martes día 6 de outubro.
Martes e Xoves de 19 a 21 h.
Duración permanente.
Prezo Mensual:
40 € Soci@s
47 € Non Soci@s.
Etiquetas: Artes, Cultura, Obradoiros, Talleres, Teatro
Martes de Cine: Ciclo "Mellor baixo un ceo irlandés" ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.9.15
Martes de Cine: Ciclo "Mellor baixo un ceo irlandés"
Martes día 22 de setembro: “La hija de Ryan”
Ano 1970 Duración 206 min. País Reino Unido
Director David Lean
Reparto
Sarah Miles, Robert Mitchum, Christopher Jones, Trevor Howard, John Mills, Leo McKern, Barry Foster, Marie Kean, Arthur O'Sullivan, Gerald Sim
Sinopse
Irlanda, 1916. Cando Charles (Mitchum), un mestre rural viúvo, volve de Dublín á súa aldea natal, Rosy (Sarah Miles), unha rapariga moi impulsiva, se encapricha con el e non parará ata levalo ao altar. Pero o matrimonio fracasa: Charles é un home maduro e sosegado mentres que a súa esposa é unha moza moi apaixonada e romántica que acaba namorándose dun oficial inglés co que se ve en segredo.
Martes día 29 de setembro: “El viento que agita la cebada”
Ano 2006 Duración 127 min. País Irlanda
Director Ken Loach
Reparto
Cillian Murphy, Padraic Delaney, Liam Cunningham, William Ruane, Gerard Kearney
Sinopse
Irlanda, 1920. Dous irmáns alístanse na guerrilla para combater contra as tropas británicas que tentan impedir a independencia de Irlanda. O amor polo seu país fai que Damien (Cillian Murphy) abandone a súa prometedora carreira de médico e únase ao seu irmán Teddy (Liam Cunningham) na loita pola liberdade. Tras sufrir varias derrotas e un arrepiante número de baixas, o Goberno Británico decide pactar cos rebeldes. Pero o acordo alcanzado provoca divisións dentro do IRA e desemboca nun novo e fratricida conflito armado.
Martes día 13 de outubro: “Michael Collins”
Ano 1996 Duración 132 min. País Estados Unidos
Director Neil Jordan
Reparto
Liam Neeson, Aidan Quinn, Stephen Rea, Alan Rickman, Julia Roberts, Ian Hart, Brendan Gleeson, Sean McGinley, Charles Dance, Gerard McSorley, Owen Roe, Frank O'Sullivan, Stuart Graham, Jonathan Rhys-Meyers
Sinopse
Michael Collins (1890-1922) foi un líder revolucionario irlandés que loitou encarnizadamente contra a ocupación inglesa da súa patria. Cos seus mozos pistoleros levou a cabo unha serie de sanguinarios atentados que xeraron unha non menos cruel represión.
Martes día 20 de outubro: “En el nombre del hijo”
Ano 1996 Duración 115 min. País Irlanda
Director Terry George
Reparto
Helen Mirren, Aidan Gillen, Fionnula Flanagan, David O'Hara, John Lynch
Sinopse
Irlanda, 1979. Frank e Gerard, dous mozos terroristas, son detidos e xulgados Frank é condenado a cadea perpetua, e Gerard a doce anos. Eles e trescentos compañeiros, néganse a vestir o uniforme reglamentario, porque se consideran prisioneiros de guerra. Logo dalgúns enfrontamentos, chégase a un acordo: os terroristas, tal e como pedían, poderán vestir roupa de rúa, pero o Goberno concede tamén ese privilexio aos presos comúns; así que renace o conflito. Fóra do cárcere, a nai de Gerard, antes contraria a calquera tipo de violencia, vaise achegando cada vez máis á posición da súa nova amiga, a nai de Frank, que é unha nacionalista radical. Baseada nunha historia real.
Martes día 27 de outubro: “Omagh”
Ano 2004 Duración 106 min. País Irlanda
Director Pete Travis
Reparto
Gerard McSorley, Michèle Forbes, Stuart Graham, Peter Balance, Pauline Hutton, Brenda Fricker
Sinopse
Mentres toda Irlanda preparábase en xuño de 1998 para votar en referendo o Acordo de Paz de Venres Santo, un grupo de disidentes do IRA Provisional levou a cabo un atentado co fin de provocar a ruptura entre Londres e Dublín e o consiguiente abandono do proceso de paz. Este grupo, que se autodenominó IRA Auténtico, elixiu para o atentado Omagh, unha pequena localidade na que católicos e protestantes conviviran pacíficamente ao longo dos 30 anos do conflito de Irlanda do Norte.
Etiquetas: Audiovisuais, Cine, Cultura
Convite participación no Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.9.15
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
Solicitude
de participación no Congreso
“Ferrol-Cuba-Galiza,
historias comúns”
Ao
longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal
mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino
de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron
experiencias como a guerra de independencia, a intervención
norteamericana, as crises económicas, dictaduras e revoltas
políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de
1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes
sociedades de emigrantes como o Centro Gallego e Hijas de Galicia ou
en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe,
interviron na Galiza mediante as sociedades de instrucción e
colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real
Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a
bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron
fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para
o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo,
a nosa cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas
pola xente que vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte
retornou á terra.
Nunha
época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes
mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o
Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título
“Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” co obxectivo de promover
investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol,
Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración.
Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e
a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao
coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e
avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na
historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.
A
organización do Congreso está aberta a todas as propostas que
suxiran as investigadoras e investigadores mais considera necesario
sinalar como aspectos de especial interese o papel da muller na
emigración a Cuba, a participación da emigración na vida política
e social de Cuba (en épocas como a independencia ou a revolución
cubana e en áreas significativas como o sindicalismo ou o
xornalismo), as transferencias culturais entre Galiza e Cuba (arredor
da música, a arquitectura ou a gastronomía, por exemplo), a
influencia da emigración en Cuba na formación da identidade
nacional galega, a tarefa desenvolta na Galiza polas sociedades de
instrucción dos emigrantes ou a repercusión económica e social dos
investimentos e remesas dos emigrantes na súa terra de orixe.
Para
participar no Congreso é preciso encher esta folla de inscrición
cos datos da persoa ou persoas que desexen presentar algún traballo
de investigación ao Congreso, e un breve resumo ou explicación do
contido do traballo e envialo á secretaría do Ateneo Ferrolán
antes do 10 de outubro de 2015.
A nova no Diario de Ferrol:
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/ateneo-ferrolan-organiza-congreso-novembro-analizar-vinculos-cuba/20150919213912134363.html
Taller de fotografía a cargo do fotógrafo Fuco Reyes. Sábado día 19 de setembro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.9.15
Taller de fotografía a cargo do fotógrafo Fuco Reyes
Teórico e Práctico
Sábado día 19 de setembro
10.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.00 h. no Ateneo e
saíndo a facer prácticas a partir das 13 h e das 19 h
Organiza: EXPOFOTO
Prezos: 45 € público en xeral
36 € soci@s do Ateneo e de Expofoto.
36 € soci@s do Ateneo e de Expofoto.
Etiquetas: Actividades, Certame Fotográfico, Cultura, Novas, Obradoiros, Presentacións, Proxeccións
Clases de IOGA Integral. Luns e mércores.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.9.15
Clases de IOGA Integral no Ateneo
Xornadas de Portas Abertas [Entrada de balde]:
Mércores 23/09 de 11:30 a 13:00 e de 17:30 a 19:00.
Clases regulares a partires do Xoves 1 de Outubro 2015.
Luns e Mércores de 11:30 a 13:00 e de 17,30 a 19 h.
Prazas limitadas. Tarifas:
40 € mensuais Non Soci@s.
34 € mensuais Soci@s.
Etiquetas: Actividades, Cultura, Novas, Obradoiros, Xornadas
Convocatoria Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”. Do 13 ao 15 de novembro de 2015
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.9.15
Convocatoria Congreso
“Ferrol-Cuba-Galiza,
historias comúns”
Do 13 ao 15 de novembro de 2015
Ateneo Ferrolán
Ateneo Ferrolán
Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal
mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros
de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de
independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, dictaduras
e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de
1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de
emigrantes como o Centro Gallego e Hijas de Galicia ou en pequenas sociedades
artelladas arredor dos lugares de orixe, interviron na Galiza mediante as
sociedades de instrucción e colaborando decisivamente na creación de
institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos
nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban
foron fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para o
nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo, a nosa
cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas pola xente que
vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte retornou á terra.
Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais
lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán
convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de
promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e
Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a
finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus
traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida
aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración
da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.
O Congreso vai desenvolverse entre os días 13 e 15 de novembro nos locais
do Ateneo Ferrolán, e irá acompañado de
diferentes actividades complementarias:
·
Unha exposición bibliográfica, hemerográfica,
fotográfica e de outros obxectos sobre as relación entre Cuba e Ferrol, Eume e
Ortegal.
·
Unha exposición en paneis sobre as relación entre a
emigración a Cuba e o desenvolvemento das reivindicacións da lingua e a cultura
galega.
·
Unha publicación central sobre a relación entre
Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba, e afondando no protagonismo de xente
das nosas bisbaras na adopción dos símbolos de Galiza.
Avance Programación Cultural no Ateneo do 1 ao 4 de setembro de 2015
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.9.15
Avance Programación Cultural no Ateneo
Semana do 1 ao 4 de setembro de 2015
Semana do 1 ao 4 de setembro de 2015
Martes
día 1 -
Inauguración Exposición de
Acuarelas de José Fernández (Ferrol). Ate o 30 de setembro.
Inauguración
Exposición-Solidaria de Debuxos de Carlos Calvo. Ate o 30 de
setembro.
De 19 a 21 h.
na 3ª planta (sala 1): Escola Teatro do Ateneo
Mércores
día 2
De 11 h. a 13 h. Taller de
Debuxo e Pintura. Imparte Miguel Anxo Varela
Exposición de Acuarelas de
José Fernández (Ferrol). Ate o 30 de setembro.
Exposición-Solidaria de
Debuxos de Carlos Calvo. Ate o 30 de setembro.
Xoves
día 3
Exposición de Acuarelas de
José Fernández (Ferrol). Ate o 30 de setembro.
Exposición-Solidaria de
Debuxos de Carlos Calvo. Ate o 30 de setembro.
De
19 h. a
21 h. na 3ª planta (sala 1)
Escola Teatro do Ateneo
Ás
20 h. Presentación Poemario “Mundo Frío” de Miguel Melero
Venres
día 4
De 11 h. a 13 h. Taller de
Debuxo e Pintura. Imparte Miguel Anxo Varela
Exposición de Acuarelas de
José Fernández (Ferrol). Ate o 30 de setembro.
Exposición-Solidaria de
Debuxos de Carlos Calvo. Ate o 30 de setembro.
Etiquetas: Actividades, Artes Plásticas, Cultura, Novas, Obradoiros, Poesía, Presentacións
Presentación do poemario "Mundo frío" de Miguel Melero. Xoves día 3 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.9.15
Presentación do poemario "Mundo frío" de Miguel Melero
xoves día 3 de setembro ás 20 h.
salón de actos do Ateneo Ferrolán
Trátase dun poemario titulado MUNDO FRÍO do autor e pintor pontevedrés Miguel Melero. Contén, ademáis, algúns microrrelatos e mesmo un relato breve ó final do mesmo. Reflexións todas elas sobre o mundo novo (Mundo frío, segundo o autor) que a onda da crise, non só económica, que escomezou o verán do 2007 deixou. Retroceso, volta atrás no tempo..., novo status das persoas que se fán máis egoístas, se cadra. O poeta escreve sobre o mundo, sobre feitos, sobre as xentes que o rodean e sobre sí mesmo, sensible á nova situación, onde os "de abaixo" xá non controlan a súa vida. O poder amosa, de novo, que a vida non vale nada. Liberdade en perigo. Realidade amosada con as tecnoloxías baleiras de contidos éticos, humanisticos.
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Poesía