Conferencia e proxección audiovisual: "Facendo Historia: Arqueoloxía galega en terras de Palestina". Martes 5 de xuño ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 31.5.18
Conferencia e proxección audiovisual:
"Facendo Historia: Arqueoloxía galega en terras de Palestina"
Falarán:
Juan Luis Montero (Universidade da Coruña)
José Pardo (La Voz de Galicia)
Martes 5 de xuño de 2018 ás 19,30 h.
Coa colaboración da Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotámicos
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Xoves 21 de xuño ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 31.5.18
Ferrol
31 de maio de 2018
CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Benquerido
socio e socia:
Por
medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se
celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o xoves
día
21
de
xuño
de 2018
ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda,
co
seguinte
ORDE
DO DÍA
1.-
Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.-
Informe de xestión da Xunta Xestora
3.-
Informe económico da Xunta Xestora
4.-
Revocación ou renovación da Xunta Xestora
5.-
Rogos e preguntas
Sen
máis e agardando a túa asistencia, sempre imprescindible, recibe un
cordial saúdo,
Asdo.-
Xunta Xestora
Etiquetas: Asembleas
Proxección Curtametraxe "3" de José Antonio Jiménez. Mércores 30 de maio ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.5.18Proxección Curtametraxe "3" de José Antonio Jiménez
O mércores día 30 de maio ás 20 h. no #AteneoFerrolán
Curtametraxe "3" escrita e dirixida por José Antonio Jiménez
Reparto:
Iria Lamas, Miguel Abalo, Covadonga Berdiñas e José Leis
Sinopse:
Ela pregúntase, ¿canto dura o amor?.
Pero sabe que só desligándose emotivamente poderá avanzar.
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Curtametraxes, Proxeccións
Presentación Libro "Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano" de Víctor Sampedro. Venres 25 de maio ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.5.18
Presentación Libro "Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano"
de Víctor Sampedro
Venres día 25 de maio ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán
Organiza: Fuco Buxán
La dieta informativa
La peor manera de conectarse a los demás, explica Sampedro, es hiperconectarse a las redes. Del mismo modo, comentamos que el mejor modo de mantenernos en la desinformación es atiborrarnos a todas horas de lo que parecen noticias. La información era, como la comida, un bien escaso, y los periodistas se esforzaban por encontrarla y ofrecer cuanta más, mejor.
Nuestra misión hoy es la contraria: seleccionar, filtrar y verificarla para ayudar al ciudadano a distinguir entre los ecos –a menudo interesados, narcisistas, banales o simplemente falsos– y las voces que merecen ser atendidas. Pero la mejor manera de frenar las mentiras en la red es dar contexto, es decir educar, mejorar la formación que permite descubrirlas.
Etiquetas: Actividades, Libros, Presentacións
Presentación do libro "Castelao na arte europea" de Siro López. Xoves 24 de maio ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 22.5.18
Presentación do libro "Castelao na arte europea" de Siro López.
Edita: Garañón Editora
Neste amplo e documentado traballo ofrécenos o seu punto de vista sobre o rianxeiro desde diferentes enfoques, como debuxante, humorista e caricaturista, no contexto dunha Europa da primeira metade do século XX onde esas manifestacións acadan momentos de grande esplendor, e conclúe que Castelao non estivo á marxe senón no grupo de vangarda dos debuxantes europeos do seu tempo.
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/191848918093147/
Presentación Revista OLGa. Revista de Poesía Galega en Madrid. Sábado 19 de maio ás 12,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.5.18
Este último número está dedicado a Carvalho Calero
Sábado día 19 de maio ás 12,30 h. no Ateneo Ferrolán
Intervirán: Vicente Araguas e Xosé María Dobarro
Intervirán: Vicente Araguas e Xosé María Dobarro
A revista OLGa de poesía galega en Madrid foi un dos últimos soños literarios de Sabino Torres, o editor responsable da primeira colección poética en galego na posguerra.
A revista está realizada por tres poetas: Vicente Araguas (director), Rafael Yáñez (subdirector) e Manuel Pereira (secretario) e o seu primeiro número dedicouse ao grupo Bilbao, un grupo dunha vintena de poetas galegos que se reunían en Madrid no Café Comercial.
Etiquetas: Actividades, Cultura, Letras, Poesía, Presentacións, Revista
Exposición sobre "Hildegart Rodríguez Carballeira". Martes día 15 de maio ás 20 h. na Casa da Xuventude de Ares
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.5.18
Exposición sobre "Hildegart Rodríguez Carballeira" do Ateneo Ferrolán
Do 15 ao 31 de maio na Casa da Xuventude de Ares
Inauguración martes día 15 de maio ás 20 h. con
Charla-Coloquio no que intervirán: Eliseo Fernández e Luis Calvo
Organiza Concellaría de Cultura do Concello de Ares
http://www.concellodeares.com/ampliacalen.php?cod=1836
http://www.concellodeares.com/ampliacalen.php?cod=1836
Etiquetas: Actividades, Congreso Hildegart, Exposicións, Ferrol
Presentación do libro ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’ de Lídia Senra. Venres 11 de maio ás 19:30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.5.18
‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’,
o venres 11 de maio, no #Ateneo ás 19:30 horas, coa eurodeputada Lídia Senra.
Lídia Senra chama a rebelarse contra o machismo que campa na xustiza, que castiga ás mulleres e que segue provocando dor e sufrimento.
Despois de ser presentado noutras cidades e vilas da Galiza, chega a ferrolterra a presentación do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa” coordinado pola eurodeputada Lídia Senra. No acto público, que dará comezo ás 19:30 horas, intervirán ademais da propia europarlamentaria e Estrela Gómez Viñas, coordinadora Agamme. Asociación Galega contra o Maltrato a Menores
https://artabra21.blogspot.com.es/2018/05/presentacion-en-ferrolterra-do-libro-o.html?utm_source=feedburner
Etiquetas: Actividades, Libros, Muller, Presentacións
Presentación do libro "Contra todo isto. Un manifesto rebelde" de Manuel Rivas. Xoves 10 de maio ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.5.18
O xoves 10 de maio, 2018, ás 19,30 horas, no Ateneo Ferrolán
presentación do libro "Contra todo isto. Un manifesto rebelde" de Manuel Rivas.
Organiza Fuco Buxán
O escritor galego Manuel Rivas recompilou en "Contra todo isto: un manifesto rebelde" unha antoloxía de textos escritos "cun sentimento de vergoña" polo actual "tempo de distopía", na que se defende a "importancia das palabras".
"Hoxe en día hai unha maior capacidade de contaminación das palabras, que son vítimas. De feito, están a ser penalizadas, como en España, onde parece que hai unha obsesión por controlar ata as coplas", ironizou nunha entrevista o autor.
Rivas fala desa "penalización" da liberdade de expresión que se está vivindo en España, pero alertando de que se trata dun país "cuxa sociedade foi moi sensible á vergoña historicamente".
Etiquetas: Actividades, Letras, Libros, Politica, Presentacións
Boletin marzo-abril 2018 da nosa Biblioteca-Hemeroteca
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.5.18
Boletin marzo-abril 2018 da nosa Biblioteca-Hemeroteca
DE INTERESE
Dixitalización de “El Litoral Gallego” (28/12/1983 – 18/02/1984), “El Ferrol del Caudillo, guía de la ciudad 1945”, “La ciudad de El Ferrol del Caudillo, año 1951”
Doazón “Luzes” revista inconformista e disidente de Galicia.
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Novidades