Buscar neste blog

15 maio 2018

Presentación Revista OLGa. Revista de Poesía Galega en Madrid. Sábado 19 de maio ás 12,30 h.


Presentación Revista OLGa. Revista de Poesía Galega en Madrid. 
Este último número está dedicado a Carvalho Calero
Sábado día 19 de maio ás 12,30 h. no Ateneo Ferrolán

Intervirán: Vicente Araguas e Xosé María Dobarro


A revista OLGa de poesía galega en Madrid foi un dos últimos soños literarios de Sabino Torres, o editor responsable da primeira colección poética en galego na posguerra. 

A revista está realizada por tres poetas: Vicente Araguas (director), Rafael Yáñez (subdirector) e Manuel Pereira (secretario) e o seu primeiro número dedicouse ao grupo Bilbao, un grupo dunha vintena de poetas galegos que se reunían en Madrid no Café Comercial.

Ningún comentario: