Recital de poesía acompañado de música e danza. Venres 22 de febreiro ás 19,30 h.




Recital de poesía acompañado de música e danza

Venres día 22 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Organiza: Rosa Salanova
 


Actividades próximas do Ateneo


Nota de Prensa Actividades da Xunta Directiva do Ateneo

No Ateneo Ferrolán, a nova Xunta Directiva, está a traballar na organización de diferentes actividades, entre outras:

- Celebraremos o 140 aniversario do Ateneo na cidade de Ferrol (24.03.1879-24.03.2019), o acto realizaráse o sábado día 23 de marzo as 12 h.. Haberá conferencias e música. https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html

- Ao redor do “Día Internacional da Muller Traballadora” vaise realizar un Ciclo de Cine Feminista con Debates os martes ás 18,30 h. organizado polo movemento Galegas8M. O ciclo comezará o martes día 19 de febreiro e rematará o martes día 26 de marzo.

- Polo Día Internacional do Teatro:
- O luns día 11 de marzo ás 19 h. haberá a representación teatral “El cianuro solo o con leche” representada polo colectivo teatral “Ferroluna”

- O propio día 27 de marzo, ás 19 h. no salon de actos, haberá a Lectura do Manifesto e algunha sorpresa máis.

- Estamos traballando na conmemoración do bicentenario do nacemento de Concepcion Arenal (Ferrol 31 de xaneiro de 1920) na que impulsaremos actividades, tanto propias como en colaboración con outras entidades e institucions.

#AteneoFerrolán #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo

Síguenos #SomosCultura #SalvemosoAteneo


Síguenos 
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
  
Ateneo Ferrolán: "Un lugar de encontro para a cultura dende 1879" 

 Estamos en:

Bloguer:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/

Twitter:
@ateneoferrolan

Facebook:
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

A reforma da Praza de Armas en Ferrol reutilizará os elementos «nobles» da praza. "Toros Ibéricos" de Alberto





A reforma da Praza de Armas en Ferrol reutilizará os elementos «nobles» da praza. 
"Toros Ibéricos" de Alberto

O proxecto de reforma de Armas que o goberno do Concello de Ferrol vai comezar a executar conserva parte dos elementos da actual praza, pero búscalles unha nova localización. É o caso da escultura dos Touros Ibéricos, obra do artista toledano Alberto, (cedida a traves do #Ateneo ao pobo de Ferrol) á que se buscará unha localización máis visible que a actual, porque é o único elemento catalogado de todo o conxunto.

Algo de historia sobre o monumento Toros Ibéricos

O monumento foi doado no ano 1979 pola Fundación Alberto ao pobo de Ferrol, a través do Ateneo Ferrolán á cidade.

Nos pequenos xardíns que bordean a céntrica praza de Armas de Ferrol encóntrase situada a obra escultórica Touros Ibéricos, un traballo do artista toledano Alberto Sánchez, máis coñecidos no mundo da arte como Alberto a secas e considerado un dos mellores escultores españois do século XX.

O pequeno pedestal que sostén os animais foi realizado por Guillermo Feal e leva unha pequena inscrición en recordo deste regalo: «Toros ibéricos Alberto 1895-1962 A Fundación Alberto ao pobo de Ferrol a traveso do Ateneo 1979».

A obra, que bota man dun material como o bronce para toda a súa composición, toma un estética moi organicista na que as formas inspiradas pola natureza, coa erosión da chuvia, o vento ou o sol desfán os corpos, facendo bastante difícil recoñecer o obxecto que inspira a representación.

Alberto contorna os corpos dos touros, púleos, dálles vida mediante unha morea de curvas e zonas erosionadas na rocha sobre a que se levantan. Nelas, a verticalidade cobra unha gran presenza. O mesmo acontece, segundo o volume La escultura pública en Ferrol con «a valoración do oco como factor activo e non simplemente pasivo».

Trátase neste caso dunha obra eminentemente figurativa que nos mostra a grande orixinalidade e saber facer do artista mediante uns touros de bronce sumamente estilizados que parecen alzar as súas cabezas ensimesmados con algo nas alturas.

Alberto, ocupou numerosos postos de traballo antes de dedicarse á creación artística e quizais eses oficios -os de panadeiro e ferreiro-, nos que tamén se afanaba na produción de formas, foron os que o empurraron a cultivar a escultura.

Situada no centro de Ferrol, a escultura chegou a pasar practicamente desapercibida.

Nova: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2019/02/05/reforma-armas-reutilizara-elementos-nobles-plaza/0003_201902F5C1995.htm

FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019


FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019
Todas as charlas serán ás 19:30 h. no Ateneo Ferrolán. 
A asistencia será gratuíta ata completar aforamento.
Fran Nieto en colaboración co Ateneo Ferrolán e uns bos amigos e grandes fotógrafos organiza unha serie de charlas sobre diferentes temas nos próximos días.
O 7 de Febreiro inauguración das FotoCharlas falando de xestión de cor, unha presentación moi dirixida a entender como funcionan os perfís de cor e axudarvos a resolver os problemas de impresión e visualización das vosas tomas.
O 14 de Febreiro José Pardo falaranos da apaixonante aventura de editar un libro, dos retos que supón e como afrontalos con éxito. Traerá algúns exemplares das súas publicacións por se queredes adoptar algún dedicado.
O 21 de Febreiro contamos con Xoel Rodriguez Sanjurjo que nos mostrará a evolución do seu estilo persoal, moi centrado na fotografía de retrato, e das motivacións que o xestaron.
O 28 de Febreiro veremos a forma en que Rubén Pérez Novo (Fris), obtén tomas macro no campo, un paseo apaixonante por un mundo en miniatura.
O 7 de Marzo acompañaranos Pablo Mauriz para ensinarnos a planificar as nosas viaxes en función da climatoloxía, das mareas, da posición do sol… É a mellor forma de sacar o máximo partido á fotografía de paisaxe.

http://frannieto.es/fotocharlas-en-ferrol/

Presentación libro "Como el Viento de Otoño". Venres 8 de febreiro ás 19,30 h.


Teresa Cameselle Rdez presenta o seu libro "Como el Viento de Otoño" 
Venres día 8 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Presentan xunto a Teresa Cameselle, Trinidad Palacios (organizadora do Congreso de Literatura de A Coruña) e María José Losada, traductora literaria e coordinadora da editorial Terciopelo.
A protagonista da novela que se presentará no Ateneo Ferrolán, é unha mestra que vén de Madrid a Esmelle a exercer o seu oficio empregando métodos novos e poñendo en marcha unha escola de mulleres adultas que lle vale para gañarse a súa confianza. Pero corren tempos convulsos e a pregunta de que lle ocorrerá a esa moza mestra terá que descubrila o lector.

Camiseta "Concepción Arenal" á venda/solidaria co Ateneo



Concepción Arenal Ponte nace o 31 de xaneiro de 1820 en Ferrol, no seno dunha familia acomodada con ideais liberais. A nai do feminismo español, Concepción Arenal (1820-1893)
No Ateneo temos a camiseta como lembranza:
"As forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse"#ConcepciónArenal

#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustracion #FerrolEnPositivo


Camiseta á venda/solidaria co Ateneo Ferrolán

Para muller, home e nen@s en diferentes tallas e cores na secretaría do Ateneo.

Presentación do libro: "O Novo Teatro Galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo". Venres 1 de febreiro ás 19,30 h.





Presentación do libro: 

"O Novo Teatro Galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo" 

tamén do artigo 
"Dramaturxia de Ferrol. O Grupo Autónomo de Lectura de Obras (GALO)"

Venres día 1 de febreiro ás 19,30 h.


Francisco Oti Ríos presenta dous traballos no Ateneo; o primeiro, un libro que recolle a historia do Teatro Círculo de Perlío e o segundo a revista Madrygal da UCM, no que recupera a historia dun grupo de Ferrol que elaboraba fichas sobre textos de teatro o grupo autónomo de lectura de obras GALO.

Na presentación estarán con Francisco Oti, Xoana Balado Fernández actriz fundadora do Teatro Círculo de Perlio como presentadora e Gonzalo Rodríguez Calvo como Membro do Grupo Autónomo de Lectura de Obras GALO e tamén actor no T. Círculo de Perlío.



Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1788974061207416/

Related Posts with Thumbnails