Mostra pictórica "PERSONAXES" de Carmen Prado. Ate o 27 de decembro de 2019
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.12.19
Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse, de dicir o que quere, expandir o seu mundo a través das imaxes que lle saen da observación do mundo cotián, situacións, sentimentos cuativos, posturas inacabadas da vida real, personaxes que nos contan historias por terminar. Unhas veces son encontro co seu eu máis íntimo e recolleito e outras pura extroversión.
Carmen consegue penetrarnos no seu mundo persoal, ela vai aos poucos perfeccionando a súa pintura, a súa expresividade, depurando liñas e mellorando composicións que xa sempre foron o seu punto máis forte.
Pintora intuitiva e de profunda motivación, a forma e a composición son a súa tarxeta de presentación máis clara, pero non só conténtase con iso, os seus aterciopeladas mesturas de cor xunta coas suas liñas suaves e sinuosas, convídannos a apreciar ese mundo moi seu rico en ideas, cheo de sentimentos e desbordando esa sensibilidade tan especial que atráenos e conquístanos.
Despois de case 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados, en 2013 realiza a súa primeira exposición pictórica.
Que en menos de 4 anos teña obra en Inglaterra, Dinamarca, Francia, Marrocos e en gran parte da nosa xeografía demostra a gran acollida da súa obra.
Esta exposición titúlase Personaxes. Son obras con moita forza que definen perfectamente o carácter independente e case anárquico da súa autora e que, case seguro, non van deixar a ninguén indiferente.
Xuntanza Feminista. Sábado día 30 ás 12 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.11.19Presentación de "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". Venres 29 de novembro ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.11.19
Presentación de "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake".
Así se chama a nova criatura discográfica de Amparo e Roger Arias.
Venres 29 de novembro ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán
Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia hai cinco anos, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake.
Eses escritos místicos e visionarios espertan o desexo do músico de compoñer melodías e cantalas. Así é como se orixina SMF; e baixo este pseudónimo decídese a gravar dez desas cancións xurdidas durante a viaxe coa colaboración fundamental da súa irmá Amparo e outros músicos afíns, para poder compartir este tesouro atopado hai xa un lustro, que foi cociñándose a lume lento nun proceso de creación e gravación máxicos.
A presentación deste disco singular será o próximo 29 de novembro ás 20:30h no Ateneo Ferrolán. Para este directo contan cun espectáculo multidisciplinar que en pouco máis dunha hora percorre o imaxinario poético de William Blake a través destas xoias pop atemporal de dous/tres minutos, algún que outro poema recitado e a proxección dalgunhas das súas ilustracións e pinturas máis emblemáticas.
Entrada: 3 euros.
Etiquetas: Actividades, Concertos, Ferrol, Letras, Música en Directo, Poesía, Presentacións
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Luns día 16 de decembro ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segunda
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.11.19
Ferrol
28 de novembro de 2019
CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Benquerida
socia e socio:
Por
medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se
celebrará o luns día 16 de decembro ás 19,30 h. en primeira
convocatoria e ás 20 h. en segunda, coa seguinte
ORDE
DO DÍA
1.-
Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior (26.06.2019)
2.-
Informe Xeral de xestión.
3.-
Programación Actividades
-
mes de decembro 2019
-
previsión actos 2020
4.-
Modificación Estatutos do Ateneo (compromiso asemblea anterior).
5.-
Rogos e preguntas
Sen
máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial
saúdo da Xunta Directiva,
Asdo.-
Xavier M. Dongil
Presidente
Etiquetas: Actividades, Asembleas
Bono Axuda Solidario co Ateneo. Sorteo de 3 obras pictóricas!
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.11.19
Bono Axuda Solidario co Ateneo
Sorteo de 3 obras pictóricas
Cal
é o obxectivo?
Dentro do proceso de
rexeneración e reactivación do Ateneo
Ferrolán,
realizamos esta actividade co obxectivo de recadar fondos para
continuar coa recuperación da entidade.
Que se sortea?
Sorteamos 3 obras pictóricas
doadas polos autores a esta entidade con fins solidarios.
Como se Participa?
Para axudar e participar no
sorteo, debes mercar un "Bono Axuda" emitido polo Ateneo
Ferrolán de 2€
que terá un número
para o sorteo e que, de ser o número agraciado obterá 1 das obras sorteadas.
Os bonos poderanse mercar a
partir do 16 de Setembro de 2019
no mesmo Ateneo
Ferrolán, venderanse na secretaría como único punto de venda.
Cando e donde é o sorteo?
O sorteo das obras realizarase
durante o transcurso dunha Sesión Vermú no Ateneo
Ferrolán que se
celebrará o día 21 de decembro de 2019. De non estar presente a
persoa coa numeración gañadora, a publicaremos na web do Ateneo
durante un mes. No caso de non ser recollido o premio, este pasará
de novo a formar parte do Ateneo
Ferrolán.
As obras levan as firmas de: Inma Doval, Raquel Castro Torrado e Rosa Guillán
Tamén podes mercar o teu bono facendo a transferencia en:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350
Etiquetas: 40 anos, Actividades, Artes Plásticas, Bono Axuda, Cultura, Sesión Vermú
Presentación videoclip "Me pierdo" de Marcos Mella. Xoves 28 de novembro ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.11.19
O xoves dia 28 de novembro ás 20 h., presentaremos no Ateneo Ferrolán o
videoclip pertecente á canción "Me pierdo", do autor Marcos Mella, que
neste caso conta coa colaboración de Rosa Cedrón.
Na presentación se
falará de como xurdiu a idea de realizar o videoclip
ma linguaxe de signos, e da importancia que ten a incursión na música e
noutros artes. Contaremos coa presenza dunha interprete.
A presentación constará da presentación e o publico poderá facer
preguntas e logo coa proxección do videoclip, para rematar cun pequeno
concerto do autor, no que interpretará 4 temas coa axuda da interprete.
Enlace do video
Ficha do videoclip:
Videoclip
oficial da canción "Me pierdo" do intérprete ferrolán Marcos Mella,
incluído no disco que esta a piques de sair "300 meses",
e gravado nesta ocasión coa cantante Rosa Cedrón .
O videoclip é interpretado en lingua de signos polos actores galegos Lucia Regueiro e Oswaldo Digon, que coa axuda da intérprete Natalia Navaza aprenderon a interpretar a letra da canción.
Os bailaríns Silvana Castelo e Fernando Piñeiro foron os encargados de interpretar o sólo de violonchelo a partir dunha coreografía creada por eles mesmos para a ocasión.
O videoclip está gravado pola empresa Filmate de Santiago
A maquillaxe e perruquería estivo a cargo de Instetic Yolanda
O videoclip é interpretado en lingua de signos polos actores galegos Lucia Regueiro e Oswaldo Digon, que coa axuda da intérprete Natalia Navaza aprenderon a interpretar a letra da canción.
Os bailaríns Silvana Castelo e Fernando Piñeiro foron os encargados de interpretar o sólo de violonchelo a partir dunha coreografía creada por eles mesmos para a ocasión.
O videoclip está gravado pola empresa Filmate de Santiago
A maquillaxe e perruquería estivo a cargo de Instetic Yolanda
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Concertos, Ferrol, Música en Directo
Programa "XIX Mostra de Curtametraxes 2019". Días 11 e 12 de decembro ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 22.11.19Programa coa selección de curtas para a "XIX Mostra de Curtametraxes 2019"
Días 11 e 12 de decembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán
Non as perdades!

Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Cine, Curtametraxes, Xornadas Curtametraxes
Boletin Outubro Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.11.19
Boletin Novidades Outubro da nosa Biblioteca-Hemeroteca
As bibliotecas aptas para todos os públicos
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Letras, LetrasGalegas, Libros, Lingua, Novidades