Presentación de "Galicia no labirinto da nova política" . Xoves 22 de novembro ás 19,30 h.


O xoves 22 de novembro, ás 19:30h, terá lugar no Ateneo Ferrolán a 
presentación de "Galicia no labirinto da nova política" de Xoán Hermida González. 

Estarán acompañando ao autor 
Bernardo Lorenzo Cuétara e Bárbara Primo.

Editorial Galaxia


Nos últimos anos obsérvase un cambio de paradigma na política global, que, no caso do Estado español, adquiriu particularidades específicas, e onde Galicia actuou como epicentro. Neste libro, Xoán Hermida González analiza as organizacións que se orixinaron nas correntes altermundistas, colleron forza nos movementos Nunca Máis e 15M e materializáronse nas Mareas, que hoxe detentan o poder municipal en non poucos concellos de Galicia e xa son unha forza determinante no espazo sempre en movemento da esquerda en Galicia. Unha análise profunda sobre unhas plataformas que naceron para mudar o panorama político de xeito irreversible.

Presentación libro "Yo siendo otra" de Randi E. Montero. Xoves 15 de novembro ás 19,30 h.



Presentación libro "Yo siendo otra" de Randi E. Montero.
Xoves día 15 de novembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Unha cuestión de Xénero. Identidade sexual. 
Unha reivindicación sobre a liberdade persoal de decidir ser quen queres ser, partindo en grao sumo íntimo de cada persoa. Libre sen xuízos, sen condicionamentos externos.

Randi E. Montero, nado na cidade de Lugo e fundador da compañía 
teatral Parápono Teatro.

Taller de construción de monicreques para nenos e nenas. Venres 16 de novembro de 18 a 20 h.

Taller de construción de monicreques para nenos e nenas

Venres día 16 de novembro de 18 a 20 h. 

Apúntate antes do 14 de novembro 

Taller de construción de monicreques para nenos e nenas 
de dúas horas de duración. 
As idades de 6 a 12 anos (máximo 30 alumn@s por taller). 
O taller é de materiais rápidos de utilizar, como esponxas, cartolinas e demais.

12 € por persona (engade os materiais para o taller)

Imparte:

Exposición “Urbanismo. 10 anos do Plan Especial da Magdalena”. Ate o 30 de novembro.


Exposición “Urbanismo. 10 anos do Plan Especial da Magdalena”.
Do 31 de outubro ao 30 de novembro no Ateneo

Imaxes que explican o antes e o despois do barrio de A Magdalena 
nestes dez anos.

XVIII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018. Días 19 e 20 de decembro de 2018 ás 19 h.





 XVIII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018


19 e 20 de decembro de 2018 ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Participa e Difunde!!!!


Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 30 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.




Os días 19 e 20 de decembro de 2018, levarase a cabo a XVIII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.



A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.



Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.




O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Presentación do libro "Real Club Celta. Una pasión inagotable", de Santi Peón. Martes 30 outubro ás 20 h.


Presentación do libro "Real Club Celta. Una pasión inagotable", de Santi Peón.
 O martes 30 de outubro ás 20 h. no Ateneo Ferrolán

Descobre todas as aventuras dos periodistas que acompañaron ao clube vigués no seu periplo por Europa no ano que alcanzou as semifinais da Europa League.
Estades todos convidados. Non o perdades!


“Anda campeón, hazte feminista en diez cómodos plazos”. Luns 29 outubro ás 20 h.


O luns 29 de outubro presentamos no Ateneo Ferrolán ás 20 h.
“Anda campeón, hazte feminista en diez cómodos plazos”, de María Donapetry.
 
A autora propón como chegar a ser feminista en dez prácticos e sinxelos prazos. Todo o que hai que facer é cambiar o chip e recorda o que dicía #gabrielgarciamarquez sobre o tema: “unha muller é como a boa literatura: ao alcance de todos, pero incomprensible para os estúpidos”.

 Edicións Embora: https://www.facebook.com/Edici%C3%B3ns-Embora-508686049283883/

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural:IN SITU. Mércores 31 de outubro ás 17 h.

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: IN SITU.
"Ferrol Vello a A Magdalena. As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana"
Mércores día 31 de outubro ás 17 h. no Ateneo Ferrolán



O programa IN SITU pretende crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo de debate ao contexto xeográkco e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo, Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan e introducir no debate os aspectos complexos do debate arredor da protección patrimonial da cidade histórica.
O barrio da Madalena e Ferrol Vello son dúas realidades diferenciadas que forman, en palabras de Alfredo Vigo Trasancos, unha especie de binomio imprescindible inmerso nun contexto de crise urbana que se prolonga dende hai décadas. Esta condición danos a analizar e confrontar a aplicación nos dous barrios das estratexias e criterios de recuperación establecidos dende a lexislación, o planeamento e as políticas públicas de rehabilitación, así como a súa capacidade de adecuación a esas realidades.






PROGRAMA


17:00 horas Presentación
Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega
Teresa Nieto, arquitecta, membro da sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG

17:15 horas
A participación veciñal no recoñecemento patrimonial e na recuperación de Ferrol Vello e da Madalena
Miguel Reimúndez González, arquitecto

17:45 horas
Os plans especiais nas estratexias para a recuperación da Madalena e a rexeneración urbana de Ferrol Vello
Alfonso Díaz Revilla, arquitecto, Oficina de Planeamento, S.A.

18:30 horas
A xestión da área de rehabilitación da Madalena e Ferrol Vello
Ignacio Mendizábal Ferreiro, arquitecto, Oficina de Rehabilitación de Ferrol


19:15 horas Debate


 ORGANIZA

Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

COLABORA

Ateneo Ferrolán

COORDINA

Rebeca Blanco Rotea Teresa Nieto

LUGAR

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 Ferrol

INSCRICIÓN

A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

MÁIS INFORMACIÓN

www.consellodacultura.gal difusion@consellodacultura.gal

Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca






Related Posts with Thumbnails