Presentación libro "Importación de Armas na Guerra Civil española". Xoves día 22 ás 19 h.




O Club de Prensa de Ferrol e o Ateneo Ferrolán comprácense en convidarlle á presentación do libro "Importación de Armas na Guerra Civil española" dos xornalistas ferroláns Rafael Permuy e Lucas Molina que terá lugar no salón de actos do #Ateneo o vindeiro xoves día 22 de decembro ás 19 h. con entrada libre.

Rafael Permuy é ferrolán e xornalistas en activo. Colaborou en "Ferrol Diario", "O IdealGallego" "La Voz de Galicia" e é adxunto á dirección da Revista Española da Historia Militar. Como militar estivo destinado en varios rexementos entre outros os de Melilla e Ferrol. Publicou máis de 50 libros moitos dos cales foron traducidos a varios idiomas.

Lucas Molina é tamén ferrolán, doutor en Historia Contemporánea e licenciado en ciencias económicas e empresariais. Dirixe a revista ARES de Historia e Actividade Militar, escribiu máis dun centenar de artigos en prensa especializada e máis de cincuenta libros como autor ou coautor.

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/242788429486300/

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails