ACTO HOMENAXE A ROBERTO CASTELEIRO
“CALADIÑO”
Sábado 10 de Decembro de 2016
Un grupo de amigas e amigos de Roberto Casteleiro, o inolvidable “Caladiño” - persoa e personaxe que tan fonda pegada deixou en todos cantos o coñeceron, respectaron e admiraron - animámonos a organizar uns sinxelos actos en lembranza da súa memoria e en recoñecemento a súa entrega, de toda unha vida, ao mundo do ensino e ao fomento da cultura participativa, a través do cinema, o teatro, as letras, a música, as artes… colaborando sempre cun sentido do protagonismo colectivo sobre o individual.
Á asistencia a estes actos queremos convidarvos coa certeza de que Roberto gozará da vosa presenza e participación.
Acto Cívico
Ás 12 horas, no Cemiterio de Catabois.
Ofrenda floral.
Interpretación musical e poética e breves intervencións da organización e o Concello.
Acto Homenaxe
Ás 20,30 horas, no Teatro Jofre de Ferrol.
Proxección dún documental sobre a súa obra e vida.
Intervencións personais e institucionais, glosando diversos aspectos deste ferrolán tan rico en actitudes e solidariedades.
Intervención poética e Musical.
As localidades pódense retirar, xa, en horario de taquilla no Teatro Jofre, en razón de catro por persoa.
Agardando contar coa vosa presenza, moitas grazas a todos/as
Apoian e Colaboran nesta Homenaxe:
Concellos de Ferrol, Moeche, Ribadeo, O Barco de Valdeorras e Petín.
Asociacións: Ateneo Ferrolán, Fuco Buxán, Muiño do Vento, Filarmónica Ferrolana, Bartoleta Teatro, Memoria Histórica Democrática. Pequecoro, A.C.
Equipa Normalización Lingüística Conservatorio Música “Xan Viaño”
Institutos “Concepción Arenal” Ferrol e “Lauro Olmo” de O Barco de Valdeorras. Amigos de Roberto Casteleiro.
Roberto Casteleiro Fernández “Caladiño”
Ferrol 1939 – Barcelona 2016
De ascendencia mugardesa e ferrolá.
Estudou na Escola Obreira e Escola de Aprendices de BAZAN. Operario de Electricidade.
Foi un dos impulsores, nos anos 60, do Bacharelato Nocturno no Instituto Concepción Arenal, o que resultou ser un paso moi importante de promoción educativa e cultural para os traballadores.
Participou das actividades do Cine-Club e do Teatro Estudio.
Deixou BAZÁN e licenciouse en Historia pola Universidade de Barcelona.
A Tesina de licenciatura é un traballo sobre “A Colonia Güell” de Sta. Coloma de Cervelló (Barcelona) dirixida polo profesor Florit, 1978.
Nos anos 70 exerceu a docencia no Instituto “Marqués de Suances” (organizando a Biblioteca) e o Seminario de Graduados Sociais de Ferrol.
Colaborou activamente co Ateneo Ferrolán e outros movementos Culturais da cidade.
Aprobadas as oposicións, como profesor de Formación Profesional, foi destinado ao IES “Lauro Olmo” do Barco de Valdeorras.
Alí, durante 6 anos, levou a dirección do Grupo de Teatro do Instituto, facendo moitas representacións pola comarca e dinamizando a vida cultural de O Barco.
Foi protagonista, ca personaxe “Caladiño” da primeira longametraxe realizada en Galicia: “Sempre Xonxa”, de Chano Piñeiro.
De novo en Ferrol impartiu clases no IES de Leixa e no Instituto Carvalho Calero até a súa xubilación en 2001.
Colaborou co Grupo de Teatro do Instituto Concepción Arenal.
Foi un dos impulsores do Liceo Rubia Barcia. Organizando numerosas actividades culturais : Exposicións,. Conferencias, catalogación da Biblioteca de José Rubia Barcia, Cinema, Teatro, etc.
Creou e dirixiu o Grupo Teatral “O Castelo”, en Moeche, representando numerosas obras, por diversos puntos de Galicia, especialmente “Os Irmandiños” e “Pedro Madruga” ambas de Daniel Cortezón.
No 2000 participou como actor e co-director da montaxe “Unha Batalla de Brión” no 200 aniversario daquel evento.
Publicou diversos traballos e colaboracións na prensa, Ferrol Análise e outras publicacións.
Cofundador da A.C. Fuco Buxán, organizou a súa Biblioteca e colaborou nos 40 números da súa Revista “Razón Socialista”.
Foi nomeado, polo Concello de Ferrol, “FERROLÁN DO ANO 1990”.
ENLACE AO ÁLBUM FOTOGRÁFICO
https://goo.gl/photos/ KNDepnm3cUZRoZ9p9
ENLACE AO ÁLBUM FOTOGRÁFICO
https://goo.gl/photos/
Ningún comentario:
Publicar un comentario