Tenda Online do Ateneo Ferrolán


Se queres colaborar co Ateneo Ferrolán, podes adquirir algún dos artigos que temos á venda poñéndote en contacto co Ateneo Ferrolán mediante o email secretaria@ateneoferrolan.org

Despois poderás recollelos na secretaría do Ateneo Ferrolán ou se queres, podemos enviarche o pedido por correo (sumarlle ao prezo dos artigos os gastos de envío)

ARTIGO
IMAXE
PREZO
Libro “Hildegart en La Tierra”


15 €
Libro “El manuscrito encontrado en Ciempozuelos”


10 €
Libro “A mi no me doblega nadie”


13 €
Libro “El problema sexual tratado por una mujer española”


8 €
Libro “Paternidad Voluntaria” 


8 €
Libro “A emigración galega e o sindicalismo cubano”


6 €
Camisetas “Concepción Arenal”

"As forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse" Concepción Arenal 

Camiseta á venda/solidaria co Ateneo Ferrolán. Para muller, home e nen@s en diferentes tallas e cores


10 €
Crachás:





1 €

Tenda Online actualizada a febreiro de 2016

Revista Atenea nº44 [Especial Crise e Cultura]

Nova sección na Revista Atenea: ESPAZO ATENEÍSTA


O Ateneo Ferrolán, pon á vosa disposición a Revista "ATENEA" nunha nova sección que chamaremos ESPAZO ATENEÍSTA, onde as socias, socios e a cidadanía en xeral teñan unha canle de expresión libre para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados, artigos, críticas... para que enviedes unha colaboración de máximo 1.000 caracteres en idioma galego que, de ser seleccionada, sairá publicada na nosa publicación. Ven sendo unha continuación do xa comezado na nosa revista, pero agora terá unha sección fixa.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico a túa proposta facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 30 de xuño de 2012.

Coro Mixto Diapasón en concerto


O venres día 11 de maio ás 20,15 h. no Centro Cultural Carballo Calero, con entrada de balde e organizado polo Ateneo Ferrolán, haberá un concerto do CORO MIXTO DIAPASÓN baixo o lema:

"Homenaxe á diversidade lingüística"

 CORO MIXTO DIAPASÓN
O Coro Diapasón créase no ano 2010 froito da fusión de dous grupos corais, un deles xuveníl, que iniciaban a sua andáina neses intres.
A coincidencia o participar ámbolos dous nun obradoiro de música contemporánea, impartido polo seu director Juan Brage, foi o desencadeante e elemento decisivo no devir do Coro, xa que Diapasón interpreta fundamentalmente música coral contemporánea, tanto culta coma popular.
O Coro e unha interesante mixtura de persoas de diferentes idades. Está formado por 22 membros, moitos deles, os máis xóvenes, estudantes no Conservatorio de música de Ferrol.
No concerto de hoxe, Diapasón fará un percorrido por varios lugares do mundo, cantando temas compostos en diversas falas hasta oito distintas- tratándo de homenaxear así ó máis importante instrumento de comunicación e entendemento entre as persoas, a linguaxe.

PROGRAMA

Gabriel`s Oboe
E. Morricone / (Film La Misión) Italia. Latín

Open thou mine eyes
J. Rutter. Inglaterra Inglés

Hanacpachap cussicuinin
Anónimo. Perú. Quechúa

An Irish blessing
Popular Irlanda. Inglés

*Dirait-on
M. Lauridsen. EE.UU. Francés

*A Gaelic blessing
J. Rutter. Inglaterra. Inglés

*AveVerum
W. A. Mozart. Austria. Latín

*Unchained melody
A.North/ (Film Ghost) EE.UU. Inglés

Boiadeiro
Cavalcanti - Caldas. Brasil. Portugués

Duerme negrito
A.Yupanki / (J.Brage). Argentina. Castelán

Esta tierra
J.Busto España. Castelán

What a wonderful world
Weis-Thiele. EE.UU. Inglés

Mamma mía
ABBA / (J.Brage) Suecia. Inglés

Il Cu- cú
O. Berti. Italia. Italiano

*Os teus ollos C. Enriquez - C. Chané. Galicia. Galego

*Pomba dourada
A.Cunqueiro - L. E. Batallán. Galicia. Galego

Cada noite
R..Castro - M..Zumalave / (Domínguez). Galicia. Galego

Canto de berce
R.Groba Galicia. Galego

*Acompañamento de piano (Iago González)
Director: Juan Brage





Related Posts with Thumbnails