Avance Programación Cultural no Ateneo. Semana do 1 ao 6 de xuño.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.5.15Etiquetas: Actividades, Cine, Club de lectura, Conferencias, Cultura, Letras, Muller, Presentacións, Proxeccións, Xornadas
Presentación Poemario "LÚA PLENUR" de Alfonso Rodríguez. Xoves 4 de xuño ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.5.15A traxectoria artística de Alfonso Rodríguez vén definindo hai tempo unha poética xenuína. Si, Alfonso ten pincel naíf, botas de okupa e ten copado en todas as escolas, mais a súa achega ao noso monte literario (e libertario) é absolutamente auténtica e hai algún tempo que comezou ser valorada na súa dignidade.
Tralo pretendido automatismo dunha improvisación grafómana de infinitos retallos sincopados, trala escrita e a arte compulsiva, fican estas colaxes que iluminan a paisaxe dunha crise, consubstancial ao individuo sensíbel na civilización (nestes días caóticos de existencia).
Nesta nova arañeira poética de Alfonso está pechado un tempo. O seu, o noso tempo; un tempo de nicotina, de estupor e de estupidez contra o río da mercadoría estupefaciente. O poeta, o arácnido, móstrasenos abraiado na observación desta nosa xeración domesticada. Estes son poemas onde cae todo, onde todo se acende no declive dos guindastres, na explosión desexada, agardando a necesaria destrución que antecede a unha nova canción (a carón do vento), un canto imposíbel sen amor.
Para o poeta xa hai demasiada luz sobre a doenza constituínte das sociedades. Por iso evoca en todo tempo, e aquí tamén, como caeu (cando era máis mozo) no inferno do mundo e como foi salvado en parte polo amor. E volve ao intimismo, aos outros días en que non saen poemas.
Sen artificios extraordinarios, sen ás de albatros que lle impidan camiñar, ollos de araña abondan (vexo e non son vidente). Mais son o xogo, a chiscadela punki e o sorriso da bonhomía quen a miúdo iluminan a poesía do Alfonso. A desmitificación, a ironía, o sarcasmo, a incorrección tórnanse tropos literarios. A experiencia poética, intacta, incorrixíbel, enfróntase novamente á súa exposición pública e afírmase: tod@s temos moito que dicir.
Convén advertir que esta experiencia radical esixe unha lectura libre, afastada da presunción de estilo, que relativice acertos e deficiencias técnicas e evite o canon e guía que nos delimita o gusto. Unha lectura semellante pode atopar e gozar da poesía que se axita no teito branco destas páxinas.
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura, Cultura, Letras, Poesía, Presentacións
Teatro do Asteleiro da Sociedade "Grupo BAZAN" presenta o día 22 de maio ás 20,30 h. a obra "Oé, oé, oé."
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.5.15Entrada-Doazón Solidaria para o Ateneo Ferrolán.
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Letras, Teatro, Xornadas
O Ateneo pide axuda para tentar salvar o seu patrimonio
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.5.15Dende o Ateneo Ferrolán queremos agradecer profundamente a solidariedade da xente e dos colectivos coa nosa entidade, representativa da sensibilidade para coa cultura que sempre caracterizou á nosa sociedade. Pola nosa parte, continuaremos traballando para que a actividade cultural do Ateneo Ferrolán poida axudar modestamente á prosperidade desta bisbarra e das súas mulleres e homes.
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Estatutos
Presentación e coloquio coas revistas: “Terras do Ortegal”, “Hume” e “Columba”. Mércores día 20 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.5.15
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura, Cultura
Charla-coloquio “A integración das mulleres caboverdianas en Burela”. Luns día 18 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 17.5.15
Etiquetas: Conferencias, Cultura, Debates, Muller, Presentacións
Actividades do Ateneo Ferrolán no Día das Letras Galegas. Domingo día 17.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.5.15
Mobilización da Plataforma Queremos Galego
O Ateneo Ferrolán ten entre os seus obxectivos fundacionais a promoción da lingua e a cultura galega, e este obxectivo ten aínda máis sentido cando os poderes públicos amosan o seu desprezo ao noso acervo cultural e lingüístico. É por isto que o Ateneo apoia a mobilización da Plataforma Queremos Galego que se vai celebrar ás 12 h. do día 17 de maio na praza do Cruceiro de Canido.
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura, Cultura, Letras
Concerto de Miguel Castro "Canciones para pensantes". Venres día 15 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 12.5.15
Semifinalista no I Concurso Internacional de Cantautores Olga Xirinacs (Tarragona 2009), finalista no Certamen de Cantautores XpressiónK (A Coruña 2009) e no II Sadacústico (Sada 2014) e colaborador habitual da Asociación Venres de Cantautar (A Coruña), Miguel Castro bebe de fontes tan dispares como Bob Dylan, Silvio Rodríguez, Jorge Drexler, ou Glen Hansard, e acariña estilos musicais diversos (bossanova, blues, country, swing, pop, folk), aderezados en ocasións co uso de loops gravados sempre en rigoroso directo.
Comunícase desde rexistros variados (o amante patético e perplexo que chora polas esquinas, o canalla que chama a cada cousa polo seu nome, o peatón que protesta indignado ante as incongruencias da sociedade) e aborda os temas das súas cancións desde moi distintas perspectivas. Crea así un estilo de canción de autor, con poucos pelos na lingua, no que nada predomina, pero no que atopamos intimismo e desnudez, rabia, tenrura, calidez e unha boa dose de ironía e sarcasmo moi propia de terras galegas.
Nesta ocasión, proponnos un paseo polo resbaladizo terreo do amor e os sentimentos que o acompañan (Dos Toboganes), máis algunhas reflexións sobre o mundo que nos rodea que integrarán o seu próximo traballo, "Cosillas (os martes os tenedores non se caen)".
Etiquetas: Actividades, Concertos, Cultura, Música en Directo, Presentacións
Entrevista a Eliseo Fernández, Presidente do Ateneo en Praza Pública
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 12.5.15
O Ateneo de Ferrol fundouse en 1879 e durante os últimos 135 tivo sempre un papel moi importante na promoción da cultura na cidade, unha actividade só interrompida durante os períodos de ditadura e que nos últimos anos, dende a chegada á alcaldía do popular José Manuel Rey Varela, se atopa seriamente ameazada. En 2008, a raíz dun problema de pingueiras no teito, o Concello decidiu a rehabilitación completa do inmoble, unhas obras nas que investiu 1,2 millóns de euros. Por mor das obras, os fondos do Ateneo -unha biblioteca de dez mil volumes e unha valiosa hemeroteca- tiveron que ser almacenados por unha empresa de mudanzas. A anterior xunta directiva, presidida por Ramón Veloso, chegou a un acordo verbal co concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para que fose o Concello quen recuperase os bens do Ateneo con cargo ás arcas municipais.
Porén, en 2011 cambia o goberno municipal e o Concello muda os seus plans, ignorando a súa responsabilidade e o compromiso adquirido. A empresa -Mudanzas Félix- reclama que alguén lle aboe os gastos de transporte e almacenamento e ante a ausencia dun documento escrito que sinalase a débeda do Concello, en setembro do pasado ano o Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol determinou que o Ateneo debía pagarlle 39 mil euros (os 19 mil iniciais, que cada mes se foran -e seguen- incrementando en case 600 euros máis). O tempo segue pasando e a continuidade da entidade cultural máis activa da cidade está no aire, o mesmo que o futuro dunha parte fundamental do patrimonio da urbe (libros únicos, xornais centenarios, importantes obras pictóricas...), que continúa retido nun polígono industrial e podería ser embargado e vendido nunha poxa.
"Dende febreiro de 2014 levamos pedindo unha entrevista co alcalde para tentar chegar a unha solución que asegure o futuro da entidade e a protección deste patrimonio" -destaca o historiador Eliseo Fernández, presidente do Ateneo- "pero non houbo resposta". "Tamén lles comunicamos á Consellaría de Cultura e á Deputación que o patrimonio do Ateneo estaba en perigo e tampouco tivemos resposta. E o mesmo sucedeu cando nos puxemos en contacto coa Dirección Xeral de Bibliotecas, xa que formamos parte da Rede de Bibliotecas de Galicia", di.
"Creo que máis aló da importancia que isto ten para o Ateneo, esta situación non deixa en moi bo lugar ao propio Concello de Ferrol"- destaca- "Unha entidade cultural de longa traxectoria está en perigo, un patrimonio que pertence a todos os ferroláns tamén está en perigo, almacenado en contedores e coa posibilidade de ser vendido. Resulta moi contraditorio que suceda isto cando por outro lado se está pedindo que Ferrol sexa recoñecida pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade". "Pero sucede con máis cousas: só hai que ver a situación de Ferrol Vello e doutros elementos do patrimonio arquitectónico, o que pasou coa Fábrica de Lápices", engade.
"A única solución inmediata pasaría porque o Concello aceptase a reclamación patrimonial, que fixemos a través do rexistro, que se faga cargo duns gastos que foron xerados por unha obra municipal", destaca. Pero segue sen haber resposta das administracións. De momento, o Ateneo, que conta con 350 socios e socias, prepara distintas iniciativas para conseguir unha certa cantidade de diñeiros que permita pagar a débeda ou, cando menos, unha parte dela, e recuperar parte do patrimonio retido. Dende vender algúns obxectos deste patrimonio, coma cadros e algúns libros, o inicio dunha campaña de crowdfunding, ou un festival de música e artes escénicas para recadar fondos, unha especie de gala solidaria organizada por varias entidades da cidade. "Nós imos facer todo o posible por manter o Ateneo con vida, pero vai depender tamén de que haxa unha resposta popular, que a hai, pero hai que ver se é suficiente", destaca Eliseo Fernández.
A importancia para a cultura da cidade
"O Ateneo Ferrolán está tentando contribuír modestamente á revitalizacion de Ferrol, traballando dende o ámbito da cultura", reclamaba o propio Fernández nunha carta aberta dirixida ao alcalde José Manuel Rey Varela, sinalando a importancia dunha entidade tan activa e cunha vontade de apertura a calquera colectivo ou persoa que queira facer uso das súas instalacións. "Nos últimos meses quixemos vivificar o Ateneo, redobrando o número de actividades, para volver ser protagonistas da vida cultural da cidade, despois de dous anos de obras e outro máis de dificultades económicas e na relación co Concello. Queriamos xustificar tamén o gasto que o Concello e nós mesmos fixéramos nas obras de rehabilitación, e demostrar que a existencia do Ateneo é importante", di.
"O Ateneo é moi importante, moito máis nunha cidade en crise como Ferrol. O Ateneo recolle a historia da cidade dos últimos trinta anos, pero mesmo dende máis atrás, dende o século XIX. Mantén viva a única hemeroteca histórica da cidade e por aquí pasaron nos últimos anos moitísimos investigadores que estaban traballando sobre a historia de Ferrol. Ese patrimonio tiña que estar aquí de volta ao día seguinte de rematar as obras. Xa se prexudicou a moitos investigadores, que viñeron consultar fondos que están retidos", engade.
Nese momento a débeda era de 19 mil euros. "Para un Concello como Ferrol 19 mil euros non é tanto, é menos do que recentemente gastou nalgunha actuación máis que cuestionable", di, referíndose á instalación dunha estatua de bronce en homenaxe aos confrades da Semana Santa, cun custe de 20 mil euros.
"Eles patrocinan un determinado tipo de cultura, pero iso non pode significar ignorar por completo o resto, aí si que percibimos un sectarismo moi forte. Porque ademais a cultura é cultura cando é plural"
Na devandita carta aberta preguntáballe a Rey Varela se se consideraba "a persoa adecuada para encabezar un proxecto aglutinador da sociedade ferrolá", denunciando que "o goberno municipal do Partido Popular ten amosado a súa vontade de executar unha política de castigo cara ao Ateneo Ferrolán", unha actitude sectaria cara ás asociacións que non considera afíns. "Eles patrocinan un determinado tipo de cultura. Iso é lóxico, entendo que cada grupo político aposta por un determinado tipo de cultura, pero iso non pode significar ignorar por completo o resto, aí si que percibimos un sectarismo moi forte. Porque ademais a cultura é cultura cando é plural", afirma Eliseo Fernández.
"A cultura non son só os grandes fastos, son as iniciativas e expresións realizadas dende a base, a que facemos entre todos e todas. De aí o noso lema: 'Somos Cultura'"
"Ata esta lexislatura, na que por primeira vez en moito tempo houbo unha maioría absoluta, ningún goberno dunha cor ou doutra recortara tanto as axudas ao Ateneo e tampouco levara a cabo un ataque tan directo contra a entidade", di. "Pode que teña que ver co carácter dun concelleiro que ten unha visión moi pechada do que debe ser a Cultura en Ferrol. E por iso a súa política exclúe a moita xente, non só ao Ateneo", engade. "Creo que non se está valorando a importancia que o Ateneo ten para a esta cidade, o papel que cumpre no impulso da cultura e para os creadores e creadoras. A cultura non son só os grandes fastos, son as iniciativas e expresións realizadas dende a base, a que facemos entre todos e todas. De aí o noso lema: 'Somos Cultura'. Ferrol é unha cidade de creadores de cultura, non só de consumidores de pan e circo", conclúe.
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Bono Axuda, Cultura, Debates, Municipalismo
Entrada libre.
Mércores día 13 - “Medio ambiente, urbanismo, servizos, seguridade”
Xoves día 14 - “Cultura, educación, deportes e turismo”
Martes día 19 - Alcaldables a Ferrol
Etiquetas: Actividades, Cultura, Debates, Municipalismo, Novas
Avance Programación Cultural. Semana do 11 ao 17 de maio 2015
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.5.15
Etiquetas: Actividades, Album de Fotos, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Cultura, Debates
Exposición "Diario de la tribu"de Juan Manuel Alvarez Romero. Ate o 31 de maio
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.5.15Etiquetas: Artes Plásticas, Cultura, Exposicións, Novas, Presentacións
Electrónica onírica de KOROIEV. Venres día 8 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.5.15A electrónica onírica de KOROIEV aterra no Ateneo Ferrolán
Entrada: 2 €
O venres 8 de maio ás 20 horas, o Ateneo Ferrolan será o lugar escollido para finalizar a minixira galega de Koroiev. Nas últimas semanas estivo en Corcubión, Coruña, Ortigueira e Vigo. En lugares tan dispares como unha igrexa, un pazo ou unha sala de concertos autoxestionada.
Koroiev é un dos proxectos do músico de orixe ferrolan ROBERTO CASTELEIRO Música orquestral, folk, ambiente, poesía, rock progresivo e electrónica caracterizan a música do seu último disco "Kostia Bogomov", unha fábula conceptual construída a base de longas pasaxes musicais e fragmentos cantados que nos remiten ao misterio dos bosques galegos. As letras son fragmentos de "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro.
Roberto Casteleiro naceu en Ferrol en 1982. A semana pasada visitábanos por primeira vez co seu proxecto de synthpop Korokati (KRKT) no Manchita Cosa. Coñecido musicalmente por formar parte do dúo "Fagot e Popota" ou polo seu heterónimo "Federico Flesfa", este venres é unha boa oportunidade de escoitar o que deu en chamar electrónica onírica, unha viaxe a través das vivencias do mozo "Kostia Bogomov".
Etiquetas: Cine, Concertos, Cultura, Exposicións, Fotografía, Música en Directo, Presentacións, Proxeccións
Estrea do documental #oligopolyOFF. Mércores día 6 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.5.15- info na plataforma de traballo da cooperativa, grupo Galiza:
https://plataforma.somenergia.
- facebook de Som Energia Galiza:
https://www.facebook.com/
- nova en praza:
http://praza.gal/movementos-
Etiquetas: Actividades, Cine, Cultura, Novas, Presentacións, Proxeccións, Xornadas
"Chanfaina'Lab" en Ferrol. Martes día 5 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.5.15Martes 5 de maio, ás 19:30 horas no salón de actos do Ateneo
Presentado por Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño, e Manolo González
DE CREADORES E CREADORAS
DO CINEMA GALEGO
1. Promo Chanfaina. César Galdo. 0’35’’
2. Café-Bar Santos Perruquería. Sonia Méndez . 11’25’’
3. Quén gravou en San Sadurniño?. Guillermo Arias-Carbajal . 6’28’’
4. Balada Cover. Belén Montero e Juan Lesta . 5’23’’
5. A axilidade dos humanos. Jaione Camborda. 3’
6. Ao patadón. Xurxo Chirro . 2’ 13’’
7. SANSa SOLEIL. Otto Roca . 7’
8. Camiños de Bardaos. Ángel Santos Touza. 9’
9. Cruz Piñón. Xisela Franco . 13’17’’
10. Superfícies Forgoselo (Granito). Alberte Pagán . 4’10’’
11. Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe.
Brais Breijo e Dani Lema. 4’23’’
12. E logo?. Mario Iglesias. 6’
13. Cartas da Conquista. Xurxo Chirro . 4’49’’
14. Liorta. Alfonso Zarauza. 3’
15. Á veira do Aceiteiro. Víctor Hugo Seoane . 4’15’’
16. Amar #01. Pablo Portero e Fer Patiño . 3’
17. Teleclube. Xurxo Chirro . 3’30’’
18. Solpor. Xacio Baño . 4’35’’
19. Chanfaina. Marcos Nine . 9’44’’
Chanfaina'Lab
San Sadurniño, 2014Durante a fin de semana do 6 ao 7 de setembro do 2014 celébrouse en San Sadurniño a 1ª Chanfaina’Lab, unha novidosa experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes gravaron entre o sábado 6 e o domingo 7 unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, converteron a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.
Entre os creadores/as que se achegaron á San Sadurniño coa súa cámara figuran autores/as relevantes do audiovisual galego como Alberte Pagán, Alfonso Zarauza, Angel Santos Touza, Ánxela Caramés, Beli Martinez, Felipe Lage, Guillermo Arias-Carvajal, Jaione Camborda, Juan Lesta&Belén Montero, Marcos Nine, Mario Iglesias, Otto Roca, Sonia Méndez, Victor Hugo Seoane, Xacio Baño, Xisela Franco, Xosé Manuel Sande, Xurxo Chirro ademais de autores/as de Ferrolterra como Pablo Portero, Miguel Noval, Cesar Galdo, Ary López, David Balado, Fer Patiño, ou Brais Breijo. O fotógrafo Gabriel Tizón fixo un seguemento visual e persoal do evento e Ana Lamas cociñou persoalmente a chanfaina ao "estilo Igrexafeita" para os/as participantes.
http://www.falamedesansadurnino.org/tag/chanfainalab
Etiquetas: Artes Plásticas, Audiovisuais, Certame Fotográfico, Cine, Presentacións, Proxeccións
Presentación do libro "No café/Entre campesiños" de Errico Malatesta. Luns día 4 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.5.15Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura, Conferencias, Historia, Novas
Exposición "Diario de la tribu" e Presentación do libro de poemas "Errante". Sábado día 2 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.5.15Tamén presentará o poemario "Errante", que recolle poemas escritos por este camiño errante que todos levamos dentro e que dalgunha forma nos imos transformando no que somos a través deste percorrido