Actividades
do Ateneo Ferrolán no Día das Letras Galegas
Mobilización da Plataforma Queremos Galego
Feirón das Letras
Galegas
Solta de 40 libros
en galego polas rúas de Ferrol
O Ateneo Ferrolán ten entre os seus obxectivos fundacionais a promoción da lingua e a cultura galega, e este obxectivo ten aínda máis sentido cando os poderes públicos amosan o seu desprezo ao noso acervo cultural e lingüístico. É por isto que o Ateneo apoia a mobilización da Plataforma Queremos Galego que se vai celebrar ás 12 h. do día 17 de maio na praza do Cruceiro de Canido.
O Día das Letras Galegas, o Ateneo
celebrarará un Feirón das Letras Galegas nos locais do Ateneo
Ferrolán entre as 12 e as 14 h., no que diversas librarías e
colectivos terán á venta libros e diversos materiais
representativos das letras e a cultura galega.
Ademáis, o Ateneo Ferrolán vai
regalar 40 libros en galego. Na madrugada do día 17 de maio, o
Ateneo vai deixar agachados 40 sobres en diversas rúas e lugares de
Ferrol relacionados coas letras galegas, para que as persoas que os
encontren poidan canxealos por libros en galego nos locais do Ateneo
Ferrolán, exclusivamente nas horas de apertura do Feirón das Letras
Galegas, entre as 12 e 14 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario