Xornada
de revistas locais
Ateneo
Ferrolan
20 de
maio de 2015 ás 19:30
h. no salón
de actos do Ateneo
Presentación
e coloquio coas revistas
“Terras
do Ortegal”, “Hume” e “Columba”
Os
días 25 de febreiro, e 2 e 5 de marzo o Ateneo Ferrolán acolleu a
presentación de tres revistas locais e especializadas: “Murguía:
Revista Galega de Historia”, “Revista de Neda” e “Cátedra:
Revista Eumesa de Estudos”.
Con
motivo daquel ciclo comentábamos que nun mundo complexo e
interrelacionado, que tende a uniformidade, a edicion de revistas
locais e especializadas e unha garantia da recuperacion do noso
pasado, do mantemento das diversas culturas e a preservacion da
diversidade cultural. Por ese motivo, o Ateneo Ferrolán está
comprometido co apoio e a difusión destas iniciativas.
Na
mesma liña de traballo e como continuación a aquel ciclo, o Ateneo
organiza a presentación doutras tres revistas locais, como son
“Terras do Ortegal”, “Hume” e “Columba” o vindeiro día
20 de maio de 2015, e a un coloquio no que se falará destas tres
interesantes iniciativas.
Participarán no coloquio tres persoas
implicadas na edición destas revistas:
Xosé María Torres (“Terras
de Ortegal”), Antonio Castro (“Hume”) e José López Hermida
(“Columba”).
Ningún comentario:
Publicar un comentario