Charla: "Berta Cáceres. Resistencia á privatización da vida". 8 de xuño ás 19,30 h.


Charla: "Berta Cáceres. Resistencia á privatización da vida"
O mércores 8 de xuño ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo
Organiza: Esquerda Unida
Participarán:
Mauricio Santos Ochoa. Cooperante Internacional. Hondureño.
Hugo Hernández: Incidencia Política Mundubat. Hondureño
Xabi Lombardero. Galiza Ano 0. Ex-cooperante.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1724751977781030/

Encontro/Asemblea Foro Galego de Inmigración. Sábado 11 de xuño ás 11,30 h.


 Encontro/Asemblea 2016  
Foro Galego de Inmigración

sábado día 11 de xuño ás 11,30 h. no Ateneo 

O Encontro/Asemblea 2016 que o Foro Galego de Inmigración celebrará este sábado día 11 de Xuño na cidade de Ferrol, no Ateneo Ferrolán, cunha ampla participación de representantes das asociacións, entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración.

Ademáis desenvolveremos un Acto Público Reivíndicativo ás 13 h. na zona dos Cantóns, despois dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto.

Convocamos ao conxunto da cidadanía a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas, que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Despois dun xantar compartido, pola tarde celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo, aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.

As persoas interesadas en participar poden contactar mandando un mail 
foroinmigracionsantiago@yahoo.es ou contactar telefónicamente

Santiago: 662 307 019 Miguel
A Coruña: 607 486 482 Rubén
Lugo: 645 213 555 Randi
Ferrol: 680 922 151 Susana


Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/203544790039435/ 

Imaxes do Encontro/Asemblea do Foro Galego da Inmigración: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1709404302648883

Charla "Presente, pasado e futuro da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán". 1 xuño ás 19 h.




O mércores 1 de xuño de 2016 ás 19 h. no Salón de Actos do Ateneo celebrarase unha charla baixo o título "Presente, pasado e futuro da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán"


 Esta charla enmárcase dentro da programación de actos pola conmemoración do 40º aniversario da refundación do Ateneo Ferrolán.

Presentará e moderará a charla Uxía Gutiérrez, actual bibliotecaria do CHUF e antiga bibliotecaria do Ateneo Ferrolán. Intervirán Pilar Blanco, antiga bibliotecaria do Ateneo Ferrolán e Fernando Rivera, actual bibliotecario do Ateneo Ferrolán.

Agardamos a vosa presenza e a máxima difusión posíbel do acto.

A Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán.
Ateneo Ferrolán, un lugar de encontro para a cultura desde 1879
Evento no facebook:  https://www.facebook.com/events/1774489429451223/

Curso intensivo de "Técnicas de Manipulación de Marionetas". Do 13 ao 23 de xuño.



Curso intensivo de "Técnicas de Manipulación de Marionetas"
Enfocado a profesionais e entusiastas que queran adicarse ao mundo do teatro de títeres.
Do 13 ao 23 de xuño de 10 a 14 h. no Ateneo
Imparte: Plamen
Prezo: 6 € (gastos administrativos)

Prazas limitadas, admitid@s por riguroso orde de inscrición.
Anotarse na secretaría do Ateneo Ferrolán 981.357.970 ou secretaria@ateneoferrolan.org

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/965179063595108/


Autor: Ani Petrova
 aniatelier.tumblr.com

Actos Carvalho Calero. 24 e 25 de maio ás 19,30 h. no Ateneo



Actos Carvalho Calero. Letras Galegas 2017

            24 e 25 de maio no salón de actos do Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.

A súa faceta de profesor, de político, de lingüista, de literato, e tamén a súa faceta humana, serán as temáticas sobre as que xirará a programación que o Concello de Ferrol e a Comisión Pro Carvalho Calero organizan para darlle un novo pulo á petición a Real Academia Galega para que adique o Día das Letras Galegas 2017 ao historiador ferrolán.

Programación
 

A programación arranca o martes 19 de abril, ás 19:30 horas na Galería Sargadelos, cunha charla que leva por titulo «Ricardo, o noso pai» e que correrá a cargo da filla do profesor e historiador ferrolán, Victoria Carballo-Calero Ramos.

Xa o 22 abril, ás 20:00 horas no centro cultural Torrente Ballester, proxectarase o documental Carvalho Calero, Vieirios de Esperanza, dirixido por Antón Rodríguez. 


O 5 de maio, ás 19:30 horas no IES Concepción Arenal, Henrique Dacosta farlá de «O literato Carvalho Calero» e o 6 de maio, ás 20:00 horas na Fundaçom Artábria, Bernardo Maiz abordará a acción política Carvalho. Calero.

Os organizadores decidiron facer un parón nos días previos e posteriores ó Día das Letras Galegas, e a programación retorna o 24 de maio, no Ateneo Ferrolán ás 19:30 h. coa conferencia «Carvalho Calero, profesor e lingüista», a cargo de Aurora Marco e Xose María Dobarro. Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/1801921173387022/

Para finalizar, o 25 de maio no Ateneo Ferrolán, ás 19:30 h. Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer falarán sobre «O Lugo de Carvalho Calero e Manuel María». Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/117684958638318/

Mulleres Rumbo a Gaza. Martes 24 de maio ás 19 h.




A Marcha Mundial das Mulleres conmemoramos o 24 de Maio
Dia Internacional das Mulleres pola Paz 

presentando a campaña que a Marcha xunto con BDS iniciamos para apoiar e dar a coñecer a acción da Flotilla da Liberdade 
 MULLERES RUMBO A GAZA”   
na que mulleres de todas as partes do mundo faranse á mar para resaltar o importante papel desempeñado polas mulleres palestinas na loita do seu pobo e as súas resistencias non so ao estado de Israel senón tamén á discriminación e o patriarcado.

É por isto que vos convídamos o próximo martes día 24 de maio ás 19:00h. no Ateneo Ferrolán á charla na que falaremos mulleres da Marcha Mundial das Mulleres e activistas de BDS.

Gustaríanos contar coa vosa presenza para dar especial importancia e relevancia a este proxecto no que por primeira vez as mulleres somos as únicas protagonistas  nunha acción deste tipo.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1075987405792762/

Recital de Poesía. "Los poemas que no puedes dejar de conocer". Xoves 19 ás 20 h.





RECITAL de POEMAS da  ANTOLOXÍA  

"LOS POEMAS QUE NO PUEDES DEJAR DE CONOCER"

de José A. Ponte Far

ILUSTRADO por Pedro Castro Couto



No salón de actos do Ateneo o xoves día 19 de maio ás 20 h.


Lectores:



1.- Sergio Fernández Rodríguez

-En los ecos del órgano, Rosalía de Castro

-Intimidad, de Mario Benedetti



2.- Aurora Valentina (Profesora de literatura galega):

-A chamada, de Xulio L. Valcárcel

-Enchereite de min, de Darío Xohán Cabana

                     

3.- Eva Ocampo Vigo (Profesora de literatura)

-No volveré a ser joven, de Gil de Biedma

-Canción del jinete, de Federico G. Lorca



4.- Juana Corsina (Poeta)

-Amor más allá de la muerte, de Quevedo

-Romero sólo, de León Felipe



5.- Vicky Taibo (Ex-actriz de teatro aficionado)

-Prendimiento de Antoñito el Camborio, de Lorca

-En paz, de Amado Nervo



6.- Pedro Castro Couto (Pintor e ilustrador de la Antología)

-Soneto XIII, de Garcilaso

-Camiño longo, de Ramón Cabanillas



7.- Ángeles Seoane (Profesora de literatura)

-Romance del prisionero, anónimo

-Romance de la casada infiel, García Lorca



Actuará como conductor do acto
JOSÉ A. PONTE FAR

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/272267903107642/

Proxección e coloquio: “Eternia”. Mércores 18 de maio ás 19 h.


Proxección e coloquio: “Eternia”

O vindeiro mércores 18 de maio de 2016, o Ateneo Ferrolán proxectará “Eternia”. Mediametraxe rodada, entre outros lugares, na nosa comarca. A proxección comezará ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo e estará presentada por David L. Caldeiro, actor e produtor da mediametraxe. Posteriormente haberá un coloquio sobre a mesma.

Ficha Técnica:
Título: Eternia
Tipo: Mediametraxe
Produción: Cool Films e Grupo Taranis.
Duración: 39 minutos.
Idioma: Castelán.
Ano: 2013
Guión e dirección: Luis Noriega.
Creación de son: Dani López. Mandeo Récords.
Son directo: Zeus Díaz Adelaida. Mandeo Récords.
Banda sonora orixinal: Ezequiel Caramés.
Produtor executivo-Community Manager: Jordi Santos.
Produtores Executivos: David L. Caldeiro, Jordi Santos, Marcos J. Martínez e Luis Noriega.
Produtores financeiros: Cool Films, Grupo Taranis, Mandeo Récords e Juan José Fernández Pacio.
Recreación histórica e revisión histórica de guión: Grupo Taranis.

Sinopse:
Conta a lenda que os druídas da Gallaecia, reunidos no bosque Sagrado, foron masacrados por unha equipa de combate romana enviada polo Senado para dominar todas as tribos castrexas. Un deles, o druída de druídas, Aius, non acudiu á xuntanza e salvou a súa vida. Os soldados da Roma comezan a procura do druída e o seu discípulo, que habitan nunha aldea xunto a antigos guerreiros celtas.
Reparto:
Erica González Miguel, Anxo Manoel, José María Castro, Vicente Roca, Beatriz Serén, David L. Caldeiro, Jesús Patón Suso Meilán.

Esta produción audiovisual exhibirase sen ánimo de lucro, estando todos os dereitos reservados.


Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/795660033899939/

Recitando a Manuel María. Letras Galegas 2016. Luns 16 de maio ás 19 h.


Recitando a Manuel María. Letras Galegas 2016
Luns 16 de maio ás 19 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Con motivo do Día das Letras Galegas o Ateneo Ferrolán organiza un recital de poesías de Manuel María o próximo luns día 16 de maio ás 19 h.
Participarán:
Angeles Delgado, Aurora Varela, Cristina Sainz, Rosa Martínez, Silvia Romauns, Xosé Leira, Xurxo Gago

Maniféstate pola lingua!!! O 17 de maio a Compostela!!!

 
Maniféstate pola lingua!!!

Martes 17 de maio ás 12 horas con saída da Alameda 
de Santiago de Compostela.

Haberá servizo de autobuses de balde con saída desde Ferrol (diante do Teatro Jofre ás 10:00) e desde Narón (Estrada de Castela á altura da Praza de Galiza ás 10:00). Pasarán a recoller por Fene e Vilar do Colo. O regreso está programado para as 14:30 horas con saída de volta desde a Dársena de autobuses da Avda. Xoán XXIII. Anótate no 981358750 antes das 20 horas do venres día 13 de maio.

Participa!! O idioma é a vida!!


www.queremosgalego.org/

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/480747665454068/

Presentación "Los ricos vamos ganando" de Antón Losada. Xoves 5 de maio ás 19,30 h.

Antón Losada presentaranos o seu último libro "Los ricos vamos ganando" no salón de actos do Ateneo Ferrolán o xoves día 5 de maio ás 19,30 h.

Organiza Fuco Buxán dentro do ciclo: "Democracia e compromiso"

Máis info: http://antonlosada.blogspot.com.es/2015/02/los-ricos-vamos-ganando-making-of-la.html

Evento Facebookhttps://www.facebook.com/events/258341707848060/

 Audio da presentación e posterior debate.
https://www.ivoox.com/11426290

Related Posts with Thumbnails