Actos Carvalho Calero. Letras Galegas 2017
24 e 25 de maio no salón de actos do Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.
A súa faceta de profesor, de político, de lingüista, de literato, e tamén a súa faceta humana, serán as temáticas sobre as que xirará a programación que o Concello de Ferrol e a Comisión Pro Carvalho Calero organizan para darlle un novo pulo á petición a Real Academia Galega para que adique o Día das Letras Galegas 2017 ao historiador ferrolán.
Programación
A programación arranca o martes 19 de abril, ás 19:30 horas na Galería Sargadelos, cunha charla que leva por titulo «Ricardo, o noso pai» e que correrá a cargo da filla do profesor e historiador ferrolán, Victoria Carballo-Calero Ramos.
Xa o 22 abril, ás 20:00 horas no centro cultural Torrente Ballester, proxectarase o documental Carvalho Calero, Vieirios de Esperanza, dirixido por Antón Rodríguez.
O 5 de maio, ás 19:30 horas no IES Concepción Arenal, Henrique Dacosta farlá de «O literato Carvalho Calero» e o 6 de maio, ás 20:00 horas na Fundaçom Artábria, Bernardo Maiz abordará a acción política Carvalho. Calero.
Os organizadores decidiron facer un parón nos días previos e posteriores ó Día das Letras Galegas, e a programación retorna o 24 de maio, no Ateneo Ferrolán ás 19:30 h. coa conferencia «Carvalho Calero, profesor e lingüista», a cargo de Aurora Marco e Xose María Dobarro. Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/1801921173387022/
Para finalizar, o 25 de maio no Ateneo Ferrolán, ás 19:30 h. Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer falarán sobre «O Lugo de Carvalho Calero e Manuel María». Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/117684958638318/
Ningún comentario:
Publicar un comentario