Proxección e coloquio: “Eternia”
O vindeiro mércores 18 de maio de 2016, o Ateneo Ferrolán proxectará “Eternia”. Mediametraxe rodada, entre outros lugares, na nosa comarca. A proxección comezará ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo e estará presentada por David L. Caldeiro, actor e produtor da mediametraxe. Posteriormente haberá un coloquio sobre a mesma.
Ficha Técnica:
Título: Eternia
Tipo: Mediametraxe
Produción: Cool Films e Grupo Taranis.
Duración: 39 minutos.
Idioma: Castelán.
Ano: 2013
Guión e dirección: Luis Noriega.
Creación de son: Dani López. Mandeo Récords.
Son directo: Zeus Díaz Adelaida. Mandeo Récords.
Banda sonora orixinal: Ezequiel Caramés.
Produtor executivo-Community Manager: Jordi Santos.
Produtores Executivos: David L. Caldeiro, Jordi Santos, Marcos J. Martínez e Luis Noriega.
Produtores financeiros: Cool Films, Grupo Taranis, Mandeo Récords e Juan José Fernández Pacio.
Recreación histórica e revisión histórica de guión: Grupo Taranis.
Sinopse:
Conta a lenda que os druídas da Gallaecia, reunidos no bosque Sagrado, foron masacrados por unha equipa de combate romana enviada polo Senado para dominar todas as tribos castrexas. Un deles, o druída de druídas, Aius, non acudiu á xuntanza e salvou a súa vida. Os soldados da Roma comezan a procura do druída e o seu discípulo, que habitan nunha aldea xunto a antigos guerreiros celtas.
Reparto:
Erica González Miguel, Anxo Manoel, José María Castro, Vicente Roca, Beatriz Serén, David L. Caldeiro, Jesús Patón e Suso Meilán.
Esta produción audiovisual exhibirase sen ánimo de lucro, estando todos os dereitos reservados.
Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/795660033899939/
Erica González Miguel, Anxo Manoel, José María Castro, Vicente Roca, Beatriz Serén, David L. Caldeiro, Jesús Patón e Suso Meilán.
Esta produción audiovisual exhibirase sen ánimo de lucro, estando todos os dereitos reservados.
Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/795660033899939/
Ningún comentario:
Publicar un comentario