Etiquetas: Ferrol, Historia, Patrimonio
"Noites no Ateneo" con MilóManos o xoves 29 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.12.16Etiquetas: Actividades, Música en Directo, Novidades, Sesión Vermú
Obradoiro para a customización e mantemento de guitarras. Martes 27 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.12.16Etiquetas: Actividades, locais Ensaio, Obradoiros
Exposición Fotográfica "Ferrol Molla" de Oscar Millarengo. Do 15 de decembro ao 31 de xaneiro 2017
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.12.16Etiquetas: Actividades, Artes, Artes Plásticas, Ferrol, Fotografía
Este nadal agasalla arte solidaria!!! Do 7 de decembro ao 15 de xaneiro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.12.16Etiquetas: Actividades, Artes, Artes Plásticas, Bono Axuda, Cultura, Exposicións
Exposición Fotográfica "Desde que soy lector" de Pablo Prados. Do 18 de novembro ao 31 de decembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.12.16"Desde que soy lector" representa unha mirada á diversidade a través da fotografía: o libro, a lectura e as distintas formas de ler e interpretar o mundo a través do obxectivo do fotógrafo Pablo Prados.
As imaxes que se poderán ver no Ateneo Ferrolán ata o próximo xaneiro son o punto de partida dunha obra en construción, ideada como un itinerario de estilos, conceptos e representacións co foco posto na cultura como canle fundamental para entender o mundo en todas as súas dimensións e para achegarse a cada unha das minorías na súa complexidade enriquecedora e necesaria.
As artes ao servizo da cultura. A cultura como espazo de expresión.
Pasaron xa máis de 15 anos desde que Pablo Prados realizou a súa primeira exposición, pero non foi ata os últimos anos ata que decide dedicarse profesionalmente á fotografía, realizando exposicións individuais nas principais cidades galegas, desde A Coruña, ata Lugo ou Santiago e, como non, na súa propia cidade, Ferrol.
Actualmente colabora en distintos proxectos nacionais e internacionais de carácter cultural e audiovisual que enriquecen a súa visión dándolle unha perspectiva máis ampla.
A obra de Pablo Prados concrétase na procura constante do detalle. A fotografía dixital sen outros axustes que os básicos, conforman a base técnica do seu traballo. Conceptualmente, as súas imaxes non só ven senón que ademais poden ser lidas, xa que cada unha delas encerra unha historia moito máis complexa na que o protagonista é o suxeito da acción. A metáfora ao servizo da imaxe e a imaxe ao servizo da poesía caracterizan un traballo multidisciplinar en constante evolución que poderá visitarse ata o próximo xaneiro no Ateneo Ferrolán.
Etiquetas: Artes, Artes Plásticas, Cultura, Fotografía, Letras
XVI Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán 2016. Días 19, 20 e 21 de decembro ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.12.16Organiza: Concello de Ferrol e Ateneo Ferrolán
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Cine, Cultura, Curtametraxes, Xornadas Curtametraxes
Presentación libro "Importación de Armas na Guerra Civil española". Xoves día 22 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.12.16Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Historia, Letras, Memoria Histórica
XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN. 19, 20 e 21 de decembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.12.16Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
GRAZAS POR PARTICIPAR!
Bases:
Etiquetas: Audiovisuais, Xornadas Curtametraxes
A experiencia propia de CHUPADESKAY. Mércores día 14 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.12.16http://www.chupadeskay.com/
Etiquetas: Actividades, Artes, Audiovisuais, locais Ensaio, Música en Directo
Presentación do libro "A DÚBIDA" de María Reimóndez. Venres día 16 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 12.12.162ª Edición - XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia
Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En “A dúbida” a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.
Etiquetas: Actividades, Ferrol, Letras, Presentacións
Acto HOMENAXE a ROBERTO CASTELEIRO “CALADIÑO”. Sábado 10 de Decembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.12.16ENLACE AO ÁLBUM FOTOGRÁFICO
https://goo.gl/photos/
Etiquetas: Actividades, Artes, Cultura, Ferrol
I Xornadas de Educación Inclusiva, "Un reto permanente". Venres 9 de decembro ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.12.16Xornadas nas que trataremos de visibilizar a realidade educativa ao respecto da inclusión no noso país. Contaremos coa presencia da Asociación Vida Activa, Asociación de Auxiliares Técnicos Educativos (ASATE) e TEIMA Asociación Síndrome Down.
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1694103547567617/
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Cultura, Educación
Presentación do libro editado por AGAMME: "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil". Mércores 7 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.12.16
Etiquetas: Actividades, Letras, Presentacións, Xornadas