Boletín Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca do mes de xuño 2017
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.6.17Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca
2ª Mostra de Videoclips A Esgalla. Do 15 ao 30 de xuño
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.6.17
2ª Mostra de Videoclips A Esgalla. Concello de Ferrol.
Do 15 ao 30 de xuño no #AteneoFerrolán
Xa podedes consultar e difundir o programa oficial completo de #VideoclipsaEsgalla2017. Atentos á nosa web, pouco a pouco iremos informando tamén dos diversos eventos extraoficiais que se sumarán a estes 15 días de festa adicados ao #videoclip de#Ferrolterra.
Etiquetas: Actividades, Música en Directo, Presentacións, Proxeccións
Charla: "Decrecentismo: unha alternativa tamén para Galiza". Mércores día 14 de xuño ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.6.17
Charla: "Decrecentismo: unha alternativa; tamén para Galiza"
Mércores día 14 de xuño ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán
Presenta Miguel A. Neira Romero
Falarán:
Héctor Tejón Sáez (Sociólogo e investigador social)
Miguel Anxo Abraira (Activista social e político)
Etiquetas: Actividades, Coloquios, Debates, Politica
Presentación video sobre Xoán Beceiro Amado. Martes 13 de xuño ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 12.6.17
O martes día 13 de xuño ás 20 h. no #AteneoFerrolán haberá a presentación dun video sobre Xoán Beceiro Amado, primeiro tradutor de "El Quijote" ao galego.
Falará Siro López
Coa
presentación deste vídeo, realizado por Carlos Laíño, sobre a
vida e a obra literaria do xeneral ferrolán Xoán Beceiro Amado,
primeiro tradutor ao galego de obras clásicas como o Quixote, O
Lazariño de Tormes, a Vida do Buscón don Pablos, a Ilíada, a
Odisea e un longo etc., o Ateneo Ferrolán tenciona demostrar, cando
a celebración do Día das Letras Galegas está aínda recente, que o
idioma galego pode e debe ser de todos.
O xeneral Beceiro Amado fixo
a Guerra Civil co bando nacional, o que non lle impediu sentir o
galego como lingua proia. A normalización lingüística acadarase
cando desaparezan os prexuízos que aínda hoxe nos moven a
identificar o idioma de todos cunha parte da poboación.
O
vídeo sobre o xeneral Beceiro é un excelente argumento para
promover o debate.
«Hoxe é un día grande para a Academia. Esta é a primeira tradución que se fixo ao galego do Quixote e está aquí». Isto dicía o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, amosando os libros que acababa de doar Juan Luis Beceiro García. O donante é fillo do xeneral Juan Beceiro Amado (Ferrol, 1909-Madrid, 1990), que databa o 25 de xaneiro de 1972 o remate desta tradución. Alonso Montero lembrou que Carré Alvarellos «fixo a tradución de dous capítulos» da obra de Cervantes, «pero esta é a primeira da obra completa».
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Cultura, Letras, Libros
Charla "Vivencias compartidas con Carlos Casares". Xoves 8 de xuño ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.6.17
O xoves día 8 de xuño ás 20 h. terá lugar no Ateneo Ferrolán unha
charla que impartirá Siro López Lorenzo sobre as
"Vivencias Compartidas" con Carlos Casares
Carlos Casares tivo unha brillante traxectoria como colaborador na prensa e deixou escritas pezas de indubidable valor literario, por iso é polo que o Club de Prensa ve neste acto unha oportunidade para homenaxear a este singular xornalista.
Acompañarán na mesa a Siro López , Julia Díaz Sixto e José Picado Carballeira.
Entrada libre.
Etiquetas: Actividades, Club de Prensa, Conferencias, Cultura, Letras
Exposición Fotográfica "WILD". Do 2 ao 30 de xuño.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.6.17
Exposición Fotográfica "WILD" de Cristina Pérez Parapar
Do 2 ao 30 de xuño de 2017 no #AteneoFerrolán
A mostra componse de 35 imaxes adicada ao mundo da natureza salvaxe: fauna, flora e paisaxes.
Inauguración o venres 2 de xuño ás 19 h.
Etiquetas: Fotografía, Medio Ambiente