Buscar neste blog

09 abril 2025

Presentación " As benfaladas" de Maria Xosé Porteiro

 


O venres 11 de abril as 19 h acollemos a presentación do libro "As benfaladas" de maria Xosé Porteiro, acompañada de Lupe Ces feminista e activista de esquerda e Sonia Mauriz, directiva do Ateneo Ferrolán e activista feminista.


O ensaio fai un precorrido polas voces acaladas de feministas e mulleres pioneiroas nos seus eidos nunha sociedade marcadamente patriarcal, desde mulleres norteamericanas e europeas ata as máis descoñecidas galegas como María Balteira, a xuglar medieval ou Francisca Garrido , primeira muller na Real Academia Galega que nunca puido tomar posesión da cadeira.

Sinopse da editorial e semblanza da autora:

"Esta obra, escrita en clave feminista por María Xosé Porteiro, comeza cun prólogo de Priscila Retamozo, politóloga.

Para poder falar ben é preciso, en primeira instancia, poder falar, algo que as mulleres tiveron prohibido durante séculos, cando menos, desde que hai testemuños escritos. No decurso de As benfaladas, publicado na colección Feminismos de Editorial Galaxia, reflexiónase sobre esta circunstancia e propóñense alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa e civilizador que supón respectar e propiciar o acceso da voz e do pensamento feminino á sociedade, entendido como necesidade perentoria para combater a violencia simbólica que padece.

Unha publicación que xa está en todas as librarías de Galicia e que nos convida a reflexionar.

María Xosé Porteiro (Madrid, 1952) é xornalista, escritora e feminista. Traballou en prensa e radio en medios como El Pueblo Gallego, Radio Popular, Tiempo, El País, The Washington Post, Tribuna Feminista La Voz de Galicia, entre outros. 

Foi tenente de alcalde do Concello de Vigo (1987–1991 e 2003–2007), onde creou a primeira Concellería de Igualdade e a Casa de Acollida de Galicia, e xefa de Prensa e Relacións Públicas deste Concello (1984—2017). Entre 1989–1997 foi deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados entre 2004–2007, ademáis doutros cargos. 

Formou parte do Consello da Cultura Galega (2014–2022), onde dirixiu o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). En 2009 recibiu a Encomenda ao Mérito Civil pola súa contribución á política exterior española, e desde agosto de 2019 é adxunta á Valedora do Pobo. 

Das súas publicacións poden citarse o ensaio Quen é quen no primeiro parlamento galego (1981, en colaboración) e as novelas Covardes (2002), Sándalo (Galaxia, 2019) e Tabiba (2023).

"Buscando a Clara" , Editorial Elvira(2019)

Ensaio "#TaménEu" , recopilatorio dos seus artigos na Voz de Galicia