Gústache o cinema galego? Pois temos novidade!
O venres 5 de decembro proxección + coloquio da curtametraxe “Adeus, Berta”, dirixida polo veciño de Narón Fernando Tato — que parte da súa vida a pasou en Ferrol — e apoiada pola Xunta de Galicia, o ICAA e pola Deputación da Coruña.
Que conta “Adeus, Berta”?
"Adeus, Berta” conta a historia de Alicia, unha moza que regresa á casa familiar na Pobra do Caramiñal para escoller a roupa que a súa nai levará ao velorio. Alí reencóntrase coa súa irmá Berta, que vén de saír dun centro de rehabilitación: un reencontro cheo de emocións, dor e posibilidade de reparación.
Xa rodada nalgúns festivais nacionais, incluíndo o Festival de Cans.
E moi pronto proyectarase no Festival Cine Madrid PNR.
Por que participar nesta proxección + coloquio?
Porque é unha oportunidade de ver unha curtametraxe galega con vocación — e de vos achegar a historias que nos tocan de cerca.
Porque despois da proxección teremos un coloquio: ideal para reflexionar, compartir ideas e coñecer os que fixeron o filme (director, equipo, etc.).
Porque celebrar e apoiar o cinema de aquí axuda a darlle visibilidade a proxectos locais, á nosa cultura e á nosa lingua.

Ningún comentario:
Publicar un comentario