Buscar neste blog

25 xuño 2025

Melodias, tinta e cor

 O Ateneo Ferrolán acolle “Melodías, tinta e cor”, unha xornada de fusión artística e creativa

Ana Maria Pedreira promotora do evento


O vindeiro 27 de xuño de 2025, o Ateneo Ferrolán será escenario dunha intensa e vibrante tarde de música, literatura e artes plásticas coa celebración do evento "Melodías, tinta e cor", unha proposta cultural que conxuga talento local e creación multidisciplinar.

A xornada dará comezo ás 18:00 horas coa apertura a cargo de Ana Mª Pedreira Félix, dando paso á primeira actuación musical do cantautor Marce Fraguela, quen presentará o seu novo disco Desnudando el alma, acompañado por Manuel Tizón e Práxedes Sánchez.

A continuación, ás 18:25 h, terá lugar a presentación dun destacado grupo de escritores e escritoras que compartirán os seus últimos traballos: Roberto CagiaoMaribel GarroteXosé Fernández FernándezRaquel Villanueva Lorca e Isabel Ramos Breijo.

O evento continuará ás 19:25 h cunha segunda actuación musical de Marce Fraguela, e ás 19:40 h abrirase un espazo de micro aberto poético, no que participará a autora Saila Chao, entre outras voces.


Un dos puntos fortes da programación será a inauguración, ás 20:20 h, dunha mostra colectiva de pintura de artistas da comarca de Ferrolterra, situada no segundo andar da sala de xuntanzas, e que poderá visitarse durante os meses de xullo e agosto. Durante época estival lembrara que o  horario da entidade é de 10.30h a 13.30h.

Para pechar a xornada, ás 20:40 h, haberá unha despedida musical a cargo de Marce Fraguela e Ana Mª Pedreira, seguida dunha degustación de produtos galegos no ambigú do propio Ateneo.

Entre os artistas plásticos participantes figuran nomes como Xosé Fernández FernándezSaila ChaoManuel CarballeiraPatricia Maquieira FrancoLaura CartamilMaricarmen Sendón ( as dúas artistas en exposición actual no andar 3º ,sala 2) Manuel J. Díaz VázquezClara VenturaMaribel GarroteSol LamasKaty MartínCarmen Castro e Pachi Ros.

"Melodías, tinta e cor" promete ser unha cita imperdible para amantes da cultura, a creación e o encontro artístico en todas as súas formas.




05 xuño 2025

"Dime que ves" A unión de dúas artistas.

 

Neste xuño ateigado de arte no Ateneo Ferrolán contamos na sala 2, andar 3 cunha orixinal e novedosa proposta de dúas artistas singulares, Laura Cartamil (pintora) e Maricarmen Sendón ( cerámica e pintura).

A inauguración  será o venres 6 de xuño as 19h  no que tamén haberá un recital poético a cargo de amelia de Querol, poeta ferrolana.

No panorama artístico de Ferrolterra, Maricarmen Sendón e Laura Cartamil destacan pola súa creatividade e compromiso coa arte. Ambas teñen desenvolvido unha traxectoria sólida, participando en exposicións individuais e colectivas que reflicten a súa paixón e dedicación.

Maricarmen Sendón: a natureza como inspiración

Maricarmen Sendón iniciou a súa actividade artística en 1996, enfocándose na pintura e a cerámica. A súa obra está profundamente influenciada pola natureza, especialmente polos elementos mariños e os faros da costa galega. Un exemplo destacado é a súa exposición "Luz de Mar", onde recrea faros emblemáticos como o de Cabo Vilán, combinando realismo e fantasía para transmitir o movemento do mar e o vento que os rodea 

Ao longo da súa carreira, Sendón participou en numerosas exposicións en Galicia e no estranxeiro, como en Berlín no 2007. Tamén foi recoñecida con premios e mencións en concursos de pintura, destacando a súa contribución ao panorama artístico galego 



Laura Cartamil: exploración e experimentación

Laura Cartamil é unha artista que se caracteriza pola súa exploración de técnicas e materiais. A súa obra inclúe gravados e estampacións elaboradas a partir de patróns personalizados e elementos da natureza, como follas e pólas. Cartamil emprega papeis feitos a man e unha gama de cores exclusivas para crear pezas únicas que reflicten a súa visión artística .

Colaboración artística: "Dime que ves?"

En marzo de 2025, Maricarmen Sendón e Laura Cartamil uniron os seus talentos na exposición "Dime que ves?", presentada na Casa da Cultura de Fene. Esta mostra combinou gravados, estampacións e cerámicas, destacando unha colección de faros que representan o constante movemento do mar e o vento, así como as constelacións que guiaban aos mariñeiros. As pezas foron elaboradas con arxila refractaria pintada con óxidos e cocida a alta temperatura, demostrando a habilidade e creatividade das artistas 




A través das súas obras, Maricarmen Sendón e Laura Cartamil contribúen significativamente ao enriquecemento cultural de Ferrolterra, ofrecendo perspectivas únicas e innovadoras que invitan á reflexión e ao disfrute estético.



"Olladas" . Ferrol tralas lentes de Marta Gil

Desde este 6 de xuño ao 7 de xullo o Ateneo acolle na sala 1, andar 1 a mostra fotográfica en blanco e negro "Olladas". 

A visión da arquitectura e rincóns de Ferrol trala lente e morriña dunha emigrada, unha exiliada laboral que leva nos ollos da alma a cidade que a veu medrar.

Está será a segunda exposición seria de Marta Gil , a primeira na Coruña foi todo un éxito coa venda de todas as obras , o que sendo moi importante non é o obxectivo principal da artista.

O medre desde artista amateur ata agora é evidente e é de augurar un futuro interesante dentro da fotografía para a autora, de seguro teremos moitos máis traballo da autora nas nosas paredes. 


O acto inaugural será o venres 6 de xuño as 19 h e Marta estará compañada por ferroláns coñecidos dentro da cultura e os movementos sociais como Fer Ocampo e Joe Duarte (Eduardo Artabria) que, sen dúbida son unha boa carta de presentación da mostra.

A obra da autora pode seguirse no seu instagram @Bretema_ao_lonxe


Terra de Sebastião Salgado: Unha mirada á loita polos dereitos rurais.




Polo pasamento do fotografo Sebastiao Salgado o Ateneo recupera parte desta colección que chegou á entidade en 1997 có apoio do Concello de Ferrol.

A exposición estará con nós de xuño a xullo no vestibulo e continua no ambigú.

Como comisaría da mostra contamos con Iria Lua Abeixón Lourenzo , estudante en prácticas no marco do convenio que o Ateneo Ferrolán manten coa UDC. 

Terra (ou Terra: Struggle of the Landless) é un proxecto fotográfico de Sebastião Salgado que documenta a loita do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST) en Brasil. A serie, publicada en 1997, presenta 45 imaxes en branco e negro que capturan a realidade de millóns de campesiños sen terra que loitan por acceder á súa propia terra e mellorar as súas condicións de vida

Unha ollada profunda á realidade rural

As fotografías de Salgado destacan pola súa forza expresiva e pola súa capacidade para transmitir a dignidade e a resistencia das persoas fotografadas. A través de imaxes poderosas, Salgado amosa a dureza do traballo rural, as condicións de vida nas áreas máis empobrecidas e a determinación das persoas que loitan por un futuro mellor. A súa técnica fotográfica, caracterizada por un alto contraste e unha composición meticulosa, achega unha dimensión emocional que vai máis alá da simple documentación.

Unha chamada á acción e á reflexión

O obxectivo de Terra non é só informar, senón tamén sensibilizar á sociedade sobre a inxustiza social e a necesidade de reformas agrarias. A través desta obra, Salgado invita ao espectador a reflexionar sobre as desigualdades existentes e a importancia de loitar por un mundo máis xusto e equitativo


Entre 1999 e 2001, a exposición de Terra chegou a Galicia grazas á colaboración de Arquitectura Sen Fronteiras. A mostra foi instalada en centros educativos e espazos culturais das cidades de A Coruña, Mondoñedo e Vigo. A exposición incluía as fotografías de Salgado acompañadas de descricións e poemas de Chico Buarque, creando unha experiencia inmersiva que permitiu ao público galego conectar emocionalmente coa realidade brasileira. Ademais, organizáronse charlas explicativas para profundizar no contexto e na mensaxe da exposición .