Cinemas Dixitais é unha rede de exhibición alternativa. Este proxecto encamíñase a facer difusión de obras audiovisuais non comerciais ao longo da xeografía galega a través da súa exhibición dixital, á maneira do cinema tradicional, en teatros, auditorios, casas de cultura ou salóns de actos de diferentes vilas.
- Axencia Audiovisual Galega
- Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia
Abril: Ciclo Telefilmes [en galego]
Tras uns comezos dubitativos a televisión estableceuse como unha forma popular de ocio logo da Segunda Guerra Mundial, sobre todo nos Estados Unidos de América. A súa aceptación inmediata e xeneralizada debeuse a unha serie de factores entre os que cómpre salientar o desenvolvemento dunha incipiente sociedade do benestar que se iría construíndo nas décadas seguintes. O carácter conservador da sociedade norteamericana fai que a televisión sexa un factor de esparexemento, xa que une a toda a familia arredor dela sen necesidade de se desprazar en busca doutros divertimentos. A televisión é imaxe e son, coma o cine, mais o seu maior aliciente era que se podía gozar desde a casa e, aínda por riba, de balde.
- 07 Abril: A ATLÁNTIDA (2005)
- 14 Abril: AUTOPSIA (2005)
- 21 Abril: O PARTIDO (2006)
- 28 Abril: SECUESTRADOS EN XEORXIA (2001)
O propósito de Cinemas Dixitais é achegar ao público galego produción invisible, obras audiovisuais que non acceden as plataformas tradicionais de distribución e exhibición. Nos dous primeiros programas este proxecto poñía en contacto co público obras galegas, mais, desde o comezo, non se quería circunscribir unicamente á produción autóctona. Baixo este prisma a Axencia Audiovisual Galega estableceu contacto con organismos similares doutros países para atraer producións doutras nacionalidades.
Dentro desa aspiración de apertura, atopamos un eco receptivo e inmediato na plataforma de divulgación do cinema árabe, o Festival Internacional de Cinema EuroÁrabe de Santiago de Compostela, AMAL. Así, facilitouse a decisión de decantarse pola primeira representación de cinema estranxeiro convidado a participar nos Cinemas Dixitais: o cinema árabe.
Dentro desa aspiración de apertura, atopamos un eco receptivo e inmediato na plataforma de divulgación do cinema árabe, o Festival Internacional de Cinema EuroÁrabe de Santiago de Compostela, AMAL. Así, facilitouse a decisión de decantarse pola primeira representación de cinema estranxeiro convidado a participar nos Cinemas Dixitais: o cinema árabe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario