Buscar neste blog

07 abril 2010

Ciclo de Cine: Dicimos Galego

Todas as proxeccións serán os Martes ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, e a entrada será de balde.

6 de abril- “O ano da carracha” de  Jorge Coira, 2004

Duración 91 min. Produción  Grupo Filmanova. Televisión de Galicia
Guión Carlos Portela Fotografía Chechu Graf
Intérpretes Félix Gómez, Javier Veiga, Verónica Sánchez, María Vázquez, Víctor Clavijo, Camila Bossa, Mela Casal, Celso Parada.
Sinopse Fran rematou a carreira e vese obrigado a introducirse no mercado laboral e converterse nun adulto. Como moitos outros mozos na súa situación, ve o seu futuro con medo. Pero ten unha vantaxe, o seu amigo Morgan, algo máis vello ca el, atopou unha forma de evitar ese futuro tan incerto e angustioso: converterse nunha carracha perfecta, nun parasito social.


13 abril – “O baile das ánimas” de  Pedro Carvajal, 1994
Duración 90 min. Produción  Los Films del Búho, Margen, Análisis e Imagen, Sogepac Produtor Fernando Bauluz Guión Pedro Carvajal Fotografía Tote Trenas
Intérpretes Angela Molina, Mónica Molina, Dorotea Bárcena, Joaquim de Almeida, Ana Alvárez, José Conde Cid, María Pujalte, Manuel Lorenzo, Rosa Álvárez, Julio Lago, Paloma Cela, José Sacristán, Luisa Merela, Beatriz Graña, Carmen Castro, Amalia Gómez, Maruja Fernández Varela, Joaquín Lens, Roberto Alvárez, Santiago Prego, Vicente Mohedano, Amanda Español, José María Méndez, Xosé Manuel Olveira "Pico", Baby Studio
Sinopse Corre o outono de 1948. Mónica é unha rapaza que escapou do internado de monxas de Madrid -onde a ten recluída o  seu pai autoritario, Agostiño,- para reunirse con súa nai, Adela, que vive un certo exilio na súa casa de campo nos arredores da Coruña debido ás súas ideas liberais e republicanas. Mónica non sabe por que seu pai, sendo ela moi nena, a levou con el cando se separou de súa nai. Desde entón non a volveu a ver. A causa remóntase a quince anos atrás, antes da guerra, cando -durante o tradicional baile de véspera de defuntos, o halloween, que se celebraba nesa casa, -a única irmá de Adela, Irma, tirouse por un acantilado ao saberse encinta do seu cuñado Agostiño. Tampouco a Mónica ninguén lle falou da existencia da súa tía Irma.

20 abril – “Cota vermella” de Jordi Frades, 2003
Duración 86 min.
Produción 
Zenit Televisión, S.A. Televisió de Catalunya, Televisión de Galicia, Televisión Valenciana, Telemadrid, Castelao.
Guión José Manuel Gómez
Fotografía 
Juan Carlos Lausin
Intérpretes Ana Álvarez, Josep Linuesa, Manuel Regueiro, Mónica van Campen, Hans Richter.
Sinopse Un grupo terrorista secuestra un mercante cargado de material explosivo coa intención de lle impedir atracar no seu destino e desvialo.


27 abril - “Dáme algo” de Héctor Carré, 1997
Duración 90 min. Produción  Sun Lúa, S.L. Benjamín Producciones Cienmatográficas Produtor Federico Bermúdez de Castro Guión Héctor Carré Fotografía Juan Carlos Gómez
Intérpretes Nancho Novo, Chete Lera, Rosa Morales, Nathalie Seseña, Evaristo Calvo, Andrés Lima, César Sánchez, Sonia Jávaga, Dorotea Bárcena, Roberto Cairo, Paco Catalá, Xulio Lago, Manuel Millán, Moisés Ousinde, Ignacio Pérez Silva, Mercedes Castro, Antonio Simón, Manuel Areoso, Pablo Viña, Camilo Rodríguez, Celia Bermejo, Juan Manuel Navas, Enrique Villanueva, Juan Imedio, Juan Carlos Gómez, Carlos Bernal, Emilio Colmenar, María José Barroso, Carmen Herrero, Carlos Romay, Javier Lazar, José Pedro Carrión, Donato, Charly.
Sinopse Dáme algo é a historia de Benigno, un tipo culto pero sen sorte. Orfo e que acaba de saír da cadea, encóntrase de fronte cunha realidade que lle dá as costas. Na compaña dos seus colegas indixentes -Tribulete, Boni, Marta, e Chori- decide un bo día organizar un secuestro no albergue onde pasa a maior parte do tempo. Aproveitando a presenza dunha cámara de televisión, Benigno dispara sobre unha monxa, a nai Teresa, e ameaza con facer unha carnicería se non lle deixan dirixir e protagonizar o seu propio show en directo. Marisol, a presentadora máis famosa da televisión local, cobre a noticia desde o interior do albergue secuestrado coa esperanza de chegar ela mesma a ser unha estrela da televisión a nivel nacional. Mentres, as forzas vivas da cidade -o comisario Ballesteros, o alcalde e o director televisivo- empéñanse en complicar as cousas.

4 maio – “Galego” de Manuel Octavio Gómez, 1988
Duración 105 min. Produción  Producciones Cinematográficas Produtor Sancho Gracia, Camilo Vives, Pepe Valdés Guión Mario Camus, Manuel Octavio Gómez, Eduardo Calvo Fotografía Porfirio Enríquez
Intérpretes Sancho Gracia, Jorge Sanz, Manuel Galiana, César Diéguez, Linda Mirabel, Antonio Ferrandis, Fiorella Faltoyano, Álvaro De Luna, Francisco Rabal, Roslía Dans.
Sinopse Manuel é un de tantos mozos galegos de principios de século que deciden emigrar a Cuba para seguir os pasos daqueles que, de cando en vez, chegan á aldea presumindo da súa boa situación. Na viaxe coñece un polisón co que traba amizade e co que sufrirá as súas primeiras penalidades. Unha vez en Cuba consegue colocarse como carboeiro até que Fabián, un paisano de Ponteareas, o emprega como repartidor. Fabián convértese no seu protector e tratarao como un fillo até a súa morte. Pasan os anos. Manuel decide regresar a Galicia e reunirse cos seus pero, xa na aldea, dáse de conta de que aquela vida xa non é para el. Entón decide marchar a Madrid, onde o acolle Aniceto. Estala a guerra civil e, despois de loitar no bando republicano, acaba nun campo de concentración francés. Pero o seu amigo Aniceto non tarda en reclamalo desde A Habana, onde Manuel comezará a súa vida, casado cunha mulata e abrindo un bar con Aniceto como socio. Chegan as fillas e transcorre o tempo. Manuel asistirá á caída de Batista e ao triunfo da revolución. Vivirá na illa até a súa morte, pero nunca esquecerá a súa terra de orixe.

11 maio – “Santa liberdade” de Margarita Ledo Andión, 2004
Produción  NÓS, Productora Cinematográfica Galega, S.L. Grupo Filmanova
Tango Bravo, Textimedia, Grupo Novo de Cinema, TVG Guión Margarita Ledo Andión Fotografía Rui Poças, Luis Abramo Campos

Sinopse En xaneiro de 1961, o transatlántico español de luxo "Santa María" foi secuestrado polo DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación), un comando revolucionario formado por españois e portugueses coa finalidade de denunciar as ditaduras de Franco en España e a de Salazar en Portugal, e así captar a atención mundial. O "Santa María", no seu percorrido habitual de Caracas a Vigo e Lisboa, desapareceu no mar e durante trece días o buque cambiou de nome polo de "Santa Liberdade".

18 maio – “Urxa” de  Alfredo García Pinal, Carlos A. López Piñeiro, 1989
Duración 87 min. Produción  Carlos A. L. Piñeiro, Xosé Xoan Cabanas Cao Produtor Xosé Xoan Cabanas Cao Guión Carlos A. López Piñeiro, Alfredo García Pinal Fotografía Javier Serrano
Intérpretes Luma Gómez, Raquel Lagares, Alfonso Valenzuela, Laura Ponte, Vicente Montoto, Luis Lemos, Carlos Vilavó, Manuel Bouzón, Pancho Martínez, Teresa Horro, Anxel Goday, Juan Corral, César Silvent, Blanca Cendán, Miguel de Lira, Feli Manzano, Teresa Barral, María Xosé Bouzas, Tucho Lagares, Ernesto Chao, Miguel Pernas, Salomé Lorenzo, Teresa Nájera
Sinopse Urxa conta tres momentos na vida dunha muller durante o século actual na sociedade galega. O seu rol máxico vencellado ao contorno sociocultural e á natureza, da que é preservadora e “medium”. No primeiro episodio, O medallón de Urxa, prodúcese o relevo no oficio: unha vella transmítelle o espírito e os saberes á súa sucesora adolescente, filla única dunha casa que desaparece se ela segue outros vieiros. Encádrase a acción a comezos de século e como fondo temos o valor cultural da “casa” no medio rural. Anos 40. O prestixio da “casa” e os seus compoñentes é aquí o motivo central. Cómplice dun indiano, de quen se conta agochou a súa fortuna nun sitio descoñecido, Urxa-Ádega salvagarda no Arcón de Petro Xesto a vida e a memoria do seu amigo da nenez. De seguido os elementos urbanos veñen a incidir na cultura máxica rural. Os que eran protagonistas no medio de seu deixan aparentemente de selo. No ídolo de Milder un arqueólogo provoca o desenlace dunha vella lenda narrada por Urxa. Nada troca, só que os valores e as ideas toman outras formas.

25 maio – “O xogo das mensaxes invisibles” de Juan Pinzás, 1991
Duración 110 min. Produción  Atlántico Films, S.L.
Produtor Pilar Sueiro Guión Juan Pinzás, Álvaro Pombo Fotografía Carlos Suárez Intérpretes Antonio Ferrandis, Eusebio Poncela, María Barranco, José Luis López Vázquez, Mayrata O'Wisiedo, Raúl Freire, Pablo F. Corbacho.
Sinopse A película conta a historia de dous escritores, unha nai xa defunta e o seu fillo, Pancho, de setenta anos de idade, illado nun pazo en Galicia, non lonxe do mar e atendido por unha criada anciá e insondable. Irrompe o pasado coa inesperada visita dun home que vinte anos atrás fora secretario de Pancho. Pouco despois, un rapaz, fillo dese home, instálase no pazo... e as consecuencias dese pasado empuxan a historia cara a un final tráxico, irónico e insospeitable.

Colabora:

Centro Galego de Artes da Imaxe www.cgai.org

Ningún comentario: