Buscar neste blog

22 abril 2010

Exposición fotográfica "O Golfo de Fonseca"

A exposición fotográfica "O Golfo de Fonseca", estará na Sala de Exposicións da 1ª planta do Ateneo Ferrolán do 3 ao 30 de maio.

Organiza Amigos da Terra, unha ONG ecoloxista de ámbito galego que traballa no fomento dun cambio local e global cara unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria. Forma parte de Amigos de la Tierra e de Friends of the Earth, a rede de grupos ecoloxistas máis extensa do mundo.

Unha parte do seu traballo en cooperación está orientado á visibilización dos proxectos que levan a cabo en Centroamérica. O ano pasado unha equipa de xornalistas, cámara e fotógrafo, da Asociación de Reporteiros Solidarios, visitou varios dos seus proxectos no Golfo de Fonseca (O Salvador, Honduras e Nicaragua). Alí nos centramos fundamentalmente, nas comunidades de pescadores, unha das máis empobrecidas, traballando na organización comunitaria e capacitación dos pescadores e marisqueiros, na legalización dos seus medios de pesca, na promoción do cooperativismo entre as mulleres, na mellora dos centros de acopio de peixe,...

Esta exposición fotográfica co material que se recolleu nesa visita, constará de 30 fotografías que irán acompañadas por un pequeno texto e por unha proxección de corta duración na que se recollerán pequenos momentos das entrevistas que @s xornalistas realizaron c@s beneficiari@s dos proxectos.

Ningún comentario: