O Ateneo Ferrolán adhirese á "Plataforma de Ferrol Terra en defensa da Auga"

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán quere facer pública a súa ADHESIÓN á "Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga".

Novas sobre a Lei de Augas de Galicia 
Relación de entradas e enlaces coas últimas novas publicadas en xornais dixitais privados comerciais, institucionais, comunitarios, alternativos, ... webs e blogues, no conxunto da rede, sobre a "Lei de Augas de Galicia" e a Loita do Pobo Galego contra mercantilización e privatización da auga.

Pola auga, ... pola vida 
Pola Derrogación da "Lei de Augas de Galicia" - Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia.

Mira o documental Flow: Por Amor a Auga - de Irene Salina 

Adhesión ao Manifesto pola Recuperación das Rías e da Costa Galega

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán quere facer pública a súa ADHESIÓN ao MANIFESTO presentado onte día 16 de marzo POLA RECUPERACIÓN DAS RÍAS, POLA RECUPERACIÓN DA NOSA COSTA e promovido polas confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña.


As rías galegas e toda a nosa costa en xeral son as que peor calidade microbiolóxica de auga teñen de toda Europa.

Aínda sendo a zona de Europa con maior dependencia económica dos recursos do mar, pesca, marisqueo e actividades ligadas a elas.

E a pesar de que a 1 de xaneiro de 2006 tiñan que estar construídas as depuradoras de augas residuais.

Aínda hoxe ningunha ría está libre de zonas C (contaminadas por vertidos de augas fecais). Nestas zonas non se pode extraer marisco para a venta directa.
Hoxe o 41% da ría de Ferrol é zona C, de aquí se extraía o 80% de todo o marisco da ría.

Ademais a isto hai que sumarlle os recheos sen control e as industrias contaminantes no interior das rías ou en zonas sensíbeis.

A xente que traballamos no mar e vivimos del non somos os únicos afectados, todos e todas perdemos, tamén a nosa saúde.

Para recuperar o noso litoral e saúde do noso medio ambiente mariño.

Unha costa recuperada crea mais riqueza e postos de traballo.

Con unha costa recuperada gañamos todos e todas.

Desde as confrarías pensamos que é a sociedade galega a que ten que responder dunha vez. Xa está ben de destruír unha das principais fontes da nosa riqueza natural e económica.

Pedimos o apoio do tecido asociativo galego: asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas, empresarias, anpas...

É cousa de todos, é cousa de todas.


Para calquera consulta dirixirse ao e-mail salvarasriasgalegas@gmail.com

Related Posts with Thumbnails