A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán quere facer pública a súa ADHESIÓN ao MANIFESTO presentado onte día 16 de marzo POLA RECUPERACIÓN DAS RÍAS, POLA RECUPERACIÓN DA NOSA COSTA e promovido polas confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña.
As rías galegas e toda a nosa costa en xeral son as que peor calidade microbiolóxica de auga teñen de toda Europa.
Aínda sendo a zona de Europa con maior dependencia económica dos recursos do mar, pesca, marisqueo e actividades ligadas a elas.
E a pesar de que a 1 de xaneiro de 2006 tiñan que estar construídas as depuradoras de augas residuais.
Aínda hoxe ningunha ría está libre de zonas C (contaminadas por vertidos de augas fecais). Nestas zonas non se pode extraer marisco para a venta directa.Hoxe o 41% da ría de Ferrol é zona C, de aquí se extraía o 80% de todo o marisco da ría.
Ademais a isto hai que sumarlle os recheos sen control e as industrias contaminantes no interior das rías ou en zonas sensíbeis.
A xente que traballamos no mar e vivimos del non somos os únicos afectados, todos e todas perdemos, tamén a nosa saúde.
Para recuperar o noso litoral e saúde do noso medio ambiente mariño.
Unha costa recuperada crea mais riqueza e postos de traballo.
Con unha costa recuperada gañamos todos e todas.
Desde as confrarías pensamos que é a sociedade galega a que ten que responder dunha vez. Xa está ben de destruír unha das principais fontes da nosa riqueza natural e económica.
Pedimos o apoio do tecido asociativo galego: asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas, empresarias, anpas...É cousa de todos, é cousa de todas.
Para calquera consulta dirixirse ao e-mail salvarasriasgalegas@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario