Exposición das Fotografías Seleccionadas do día 6 ate o 21 de xuño de 2011 en horario de tarde de 19 a 21 horas, na sala de exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (no Porto de Ferrol)
ACTA:
O Xurado cualificador do XXI CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2011, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), JOSE PARDO (Fotógrafo) e CARLOS CARBALLEIRA (Fotógrafo) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 30 de maio de 2011, toma os seguintes acordos:
Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
- Descualificar un total de 3 dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
- Seleccionar 38 das fotografías presentadas a Concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases, e publicalas nun Catálogo editado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.
- OUTORGALOS seguintes Premios, sendo neste ano 2011 o primeiro premio patrocinado pola Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao:
- 3º PREMIO: “DESTERRO III”
SABELA IGLESIAS REVIEJO (Xanceda – A Coruña)- 2º PREMIO: “VOLVERÁS A LA TIERRA”
MARTÍN DEBÉN SÁNCHEZ (Culleredo – A Coruña)- 1º PREMIO: “MENOS CONSUMO ... MEJOR FUTURO”
RUBÉN PÉREZ NOVO (Narón – A Coruña)
Para que así conste a tódolos efectos oportunos, os abaixo asinantes
RODRIGO RAMOS ARDÁ, JOSE PARDO, CARLOS CARBALLEIRA e Cristina Meizoso Alonso (secretaria sen voto)