Programa das XI Xornadas de Curtametraxes


En primeiro lugar, desde o ATENEO FERROLÁN organizadores das XI Xornadas “Mostra de Curtametraxes” (dende o ano 2001) agradecer a vosa participación, fundamental para consolidar o éxito destas Xornadas.

A tod@s os que enviáchedes as vosas obras e confiades no proxecto cultural que dende o Ateneo Ferrolán levamos a cabo, GRAZAS!.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Benquerido socio e socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará na Capela do Centro Torrente Ballester, o mércores día 25 de xaneiro de 2012 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA
  1. Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
  2. Informe de xestión da Xunta Directiva saínte.
  3. Informe económico da Xunta Directiva saínte.
  4. Rogos e preguntas.
  5. Elección da nova Xunta Directiva.
O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:
  • 30 de novembro
    Convocatoria de Eleccións.
  • 7 de decembro
    Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións.
  • 12 de decembro
    Último día para Constitución da Mesa Electoral.
  • 26 de decembro
    Último día para presentación de Candidaturas.
  • 3 de xaneiro
    Último día para proclamación de Candidaturas.
  • 9 de xaneiro
    Inicio da Campaña Electoral.
  • 25 de xaneiro
    Celebración da Asemblea Xeral Ordinaria.
    Elección da nova Xunta Directiva.

No período da Campaña Electoral (entre os días 9 e o 24 de xaneiro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolve-la súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,


ELISEO ZAERA RÍOS
Presidente
 

Related Posts with Thumbnails