Benquerido socio e socia:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se
celebrará na Capela do Centro Torrente Ballester, o mércores día 25 de xaneiro
de 2012 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa
seguinte
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
- Informe de xestión da Xunta Directiva saínte.
- Informe económico da Xunta Directiva saínte.
- Rogos e preguntas.
- Elección da nova Xunta Directiva.
O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos
Estatutos segundo o seguinte calendario:
- 30 de novembro
Convocatoria de Eleccións. - 7 de decembro
Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións. - 12 de decembro
Último día para Constitución da Mesa Electoral. - 26 de decembro
Último día para presentación de Candidaturas. - 3 de xaneiro
Último día para proclamación de Candidaturas. - 9 de xaneiro
Inicio da Campaña Electoral. - 25 de xaneiro
Celebración da Asemblea Xeral Ordinaria.
Elección da nova Xunta Directiva.
No período da Campaña Electoral (entre os días 9 e o 24 de xaneiro)
tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer
das dependencias do Ateneo
Ferrolán para
desenvolve-la súa campaña.
Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,
ELISEO ZAERA RÍOS
Presidente
Ningún comentario:
Publicar un comentario