O xoves día 3 de outubro ás 20 horas terá lugar no Ateneo
Ferrolán a presentación do libro:
FENYA 1941-1961
(Fabricaciones
Eléctricas Navales y Artilleras - La fábrica de Canido y sus patentes ) do autor Justino Fernández.O libro reconstrúe a historia da primeira etapa da fábrica, caracterizada pola fabricación de teléfonos e máquinas eléctricas: motores e xeradores. Esta fábrica ten a peculiaridade de iniciar a fabricación con modelos propios que con anterioridade foron rexistrados como patentes.
Algún destes modelos e os soportes tecnolóxicos ( desenvolvemento da patente e planos da Oficina Técnica da Fábrica formarán parte da exposición do traballo. -
Ningún comentario:
Publicar un comentario