CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Benquerido socio e socia:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se
celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o martes día 10 de decembro de 2013 ás
20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e
aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión
da Xunta Directiva saínte.
3.- Informe económico
da Xunta Directiva saínte
4.- Rogos e preguntas
5.- Elección da nova
Xunta Directiva
O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos
Estatutos segundo o seguinte calendario:
31 de outubro - Convocatoria
de Eleccións
4 de novembro - Último día para posible impugnación da
Convocatoria de Eleccións
7 de novembro Último día para Constitución da
Mesa Electoral
15 de novembro - Inicio prazo para presentación de
Candidaturas
20 de novembro - Último día para presentación de
Candidaturas
21 de novembro - Proclamación de Candidaturas
22 de novembro - Inicio da Campaña Electoral
10 de decembro - - Celebración da Asemblea Xeral
- Elección da nova Xunta
Directiva
No período da Campaña Electoral (entre os días 22 e 9 de decembro)
tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer
das dependencias do Ateneo
Ferrolán para
desenvolve-la súa campaña.
Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe
un cordial saúdo,
Asdo.- RAMÓN VELOSO RODRIGUEZ
Presidente
Ningún comentario:
Publicar un comentario