O libro "Perlío no pasado" dos licenciados en Xeografía e Historia María Xesús Arias e Henrique Sanfiz, pretende recoller a historia desta parroquia de Fene desde a época dos castros ata a rotura da ponte das Pias o 13 de xaneiro de 1998.
O acto de presentación do volume celebraráse o
mércores 5 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
mércores 5 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
As primeiras referencias escritas de Perlío datan do ano 1083, cando Ermesenda, irmá do conde de Traba Pedro Froilaz, doa ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, a vila de Perlío. Poucos anos máis tarde repítense as doazóns da vila do castro de Perlío e da igrexa do Santo Estebo, ao citado cenobio.
Os Andrade de Perlío. O volume tamén fai referencia ao señor de Ferrol, Pontedeume e Vilalba entre 1397 e 1404 Pedro Fernández de Andrade IV, quen reside en Perlío, ao menos parte da súa vida e con toda probabilidade recibe sepultura na igrexa de Santo Estebo, pertencendo á súa tumba a lápida atopada no templo coa inscrición "Pedro Fernandes dandrade, señor da casa de Andrade". Os Andrade eran membros da aristocracia, grupo ou clase social con privilexios na orde xurídica, cun alto status e unha fortuna patrimonial consolidada.Pedro Fernández era sobriño de Fernán Pérez de Andrade, o Boo, Con Pedro Fernández, que casa con Mencia de Meyra, volven unificarse as herdanzas dos Andrade. Sucedeo no señoría o seu fillo Nuño Freire III, quen terá máis problemas para consolidar o seu señorío. A permanente loita de Ferrol pola súa liberdade foi premiada polo rei Xoan II, coa ratificación dos privilexios de reguengo en 1412.
"Perlío no pasado" tamén se detén na historia empresarial e do movemento obreiro de Astano, adicandolle igualmente atención ao labor do Círculo de Perlío como faro da cultura galega nas décadas dos sesenta e setenta do século pasado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario