Sorteo Bonos Axuda ao Ateneo Ferrolán


O número premiado co cadro doazón de Suso Basterrechea resultante do sorteo 
celebrado o pasado sábado día 26 de abril corresponde ao 

nº 217

Poderase recoller ate o día 31 de maio de 2014. 
Se non aparecese o bono, o cadro pasará a formar parte dos fondos patrimoniais desta entidade

Presentación do Informe: "A ría de Ferrol e o seu saneamento, presente e futuro"

O mércores día 30 de abril ás 19,30 h. 
no salón de actos do Ateneo Ferrolán terá lugar a 

Presentación do Informe:
 "A ría de Ferrol e o seu saneamento, presente e futuro"

Entrada libre 

 Neste enlace mandámosvos o traballo final das xornadas sobre saneamento que fixemos en Ferrol o ano pasado. E un traballo que, dende diferentes ámbitos, intenta dar a coñecer á cidadanía o sistema de depuración que a administración ten pensado para a ría de Ferrol.

Semana “Abril Portugués”



 
Semana “Abril Portugués”
 Organizan:

Ateneo Ferrolán e o Dpto. Portugués da EOI Ferrol

Do 22 ao 26 de abril

no salón de actos do Ateneo Ferrolán

* Martes día 22 ás 19,30 h.


Presentación do libro: 'Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)' de Dionísio Pereira".



 


 

 

* Mércores día 23 ás 19,30 h. 

Palestra: Falamos da  ILP "Paz Andrade" que promulga a disseminação da Galiza da língua e cultura portuguesas e que chegou ao Parlamento galego encostada pela assinatura de 17.000 pessoas.








* Xoves día 24 ás 19,30 h.

Proxección da película “Aniki Bóbó”. (VO)


Director: Manoel de Oliveira

Interpretes

António Santos (I) Fernanda Matos Horácio Silva Nascimento Fernandes



Duración 68 m Xénero Drama País Portugal Ano 1942

Dous nenos, o Carlitos (Horácio Silva) e o Eduardinho (António Santos), gústalles a mesma rapariga, a Teresinha (Fernanda Matos). Un é audaz e atrevido; o outro é de carácter tímido, bo, sosegado. A rivalidade vaise acentuando e, un día, para agradar á súa apaixonada, Carlitos rouba unha boneca. Teresinha séntese inclinada para el até que un día, nunha inocente brincadeira, Eduardinho escorrega por un talud e cae ao lado dun tren que pasa. Todos pensan que Carlitos o empurrou e todos pasan a afastarse del, mentres Eduardinho sofre nunha cama de hospital. Carlitos pensa en fuxir nun barco ancorado de Massarelos, mais todo se esclarece por intervención do dono da tenda das tentacións que vira o accidente e que, no final, tira todas as sospeitas de cima do mozo Carlitos. E os nenos alí puideron de novo xogar aos policías e ladróns, ao xogo do Aniki-Bobó.





* Venres día 25 ás 19 h.Grande Grándola.

ROGER DE FLOR AND SISTER y  PEDRO CAMPOS  
   



         

* Sábado día 26 de abril ás 12 h.






Sesión Vermú con Jorge Mirancos

 Celebrando ABRIL con Jorge Mirancos nunha Sesión Vermú onde haberá, como sempre, petiscos variados e de balde, cervexas ... e vermú.


Sortearemos tamén os bonos para o cadro de Suso Basterrecehea en apoio ao Ateneo Ferrolán

Sesión Vermú con Jorge Mirancos o sábado día 26 ás 12


O sábado día 26 ás 12 Sesión Vermú con Jorge Mirancos no Ateneo

Celebrando ABRIL con Jorge Mirancos nunha Sesión Vermú onde haberá, como sempre, petiscos variados e de balde, cervexas ... e vermú. Sortearemos tamén os bonos para o cadro de Suso Basterrecehea en apoio ao Ateneo Ferrolán

Asemblea Xeral Extraordinaria o día 5 de maio

Ferrol 14 de abril de 2014


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA


Benquerido socio /socia:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o luns día 5 de maio ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segundo, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Demanda contra o Ateneo Ferrolán por parte de Mudanzas Felix por importe de 38.936,90 €


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,





Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Presidente

Related Posts with Thumbnails