Exposición Fotográfica Itinerante "Voyage 2014. Marruecos" de Igor Gonzalo.





Exposición Fotográfica Itinerante 
"Voyage 2014. Marruecos" de Igor Gonzalo.

Do 5 ao 26 de agosto nas salas de exposicións do Ateneo 
Inauguración día 5 de agosto ás 20,30 h. Entrada libre

O fotógrafo Igor Gonzalo mostra no Ateneo Ferrolan a 6ª edición do proxecto VOYAGE, dedicado ao Marrocos máis oculto e descoñecido.

O artista castelán elixe a cidade de Ferrol para abrir a súa 6ª exposición itinerante baixo o selo 'Voyage', que este ano ten como protagonista única a Marrocos. Nesta exposición recóllense 39 fotografías a gran formato que explican graficamente e baixo unha mirada fotoperiodística a realidade dos que habitan en Marrocos. Conservando a mirada natural e a falta de pousados ou fotografías buscadas, Igor Gonzalo ofrécenos no seu 'Voyage' máis de autor, pinceladas sobre a vida neste país, a súa forma de trasladarse dunhas cidades a outras, a súa alimentación e a súa economía máis social. Deixando atrás a típica mirada turística ou a que estamos máis afeitos a ver, Igor Gonzalo destácanos imaxes da vida cotiá, fóra das rutas máis transitadas.

O autor, con 31 de anos de idade, está licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Burgos e postgraduado en Fotoxornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. As súas imaxes son publicadas a nivel internacional en guías de viaxe como Repsol, Fodor's... e revistas especializadas como National Geographic, deViajes, Sky (do grupo de aeroliñas Delta Airlines)...

Anteriormente, as súas exposicións centráronse en lugares como Túnez, Portugal, Nova York, España e a capital dos últimos Xogos Olímpicos, Londres. En España puidéronse ver as súas imaxes en Cuenca, Burgos, Soria, Barcelona, La Rioja, Santiago de Compostela... e tamén fóra das nosas fronteiras, en Polonia, onde ademais impartiu varias charlas e talleres fotográficos; e lugar onde coordina xunto á fotoxornalista Cristina Pérez Parapar unha Viaxe Fotográfica para os que desexan aprender fotografía de viaxes dunha forma diferente (máis información en www.viajayfotografia.com).

Esta mostra, verase no Ateneo Ferrolan do 5 de Agosto (inauguración ás 20:30 h.) ata o 26 de Agosto. Tras iso, expoñerase no Castelo de Santa Cruz (Oleiros); logo na Universidade da Coruña e tras iso, viaxará cara a Castela e León.



 




MÁIS INFORMACIÓN E ENTREVISTAS: press@igorfotografia.com
NOTA: Se algún o desexa, pode concertar unha entrevista ou acceso á sala para fotografar a montaxe da exposición, que terá lugar na mañá do luns 4 de agosto. t. 661 929 854.




Presentación do libro "A distancia do Tambor" de Eva Veiga. Mércores día 23 ás 20,30 h.

Presentación do libro "A distancia do Tambor" de Eva Veiga.
O mércores día 23 de xullo ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Entrada libre

Presentan: Nicolás Vidal (escritor e xornalista), Eva Veiga (autora) e Miguel Anxo Fernán Vello (director de edicións Espiral Maior).

Recital poético-musical do Grupo Ouriol. 
Bernardo Martínez e Fito Ares (músicos)

Centenario de Hildegart. Congreso e actos de homenaxe.




O Ateneo Ferrolán conmemorará o centenario de Hildegart 
cun Congreso e actos de homenaxe.

O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez Carballeira. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, Hildegart foi un importante personaxe da cultura e da política até o ano da súa morte en 1933. Publicou unha decena de libros e foi colaboradora de publicacións periódicas como “Renovación”, “El Socialista”, “Orto” e “La Tierra”, ademáis de directiva das Juventudes Socialistas e da Liga para la Reforma Sexual. Estivo en contacto con importantes personaxes da época como Havelock Ellis, H.G. Wells ou Gregorio Marañón. A súa vida e a súa tráxica morte a mans da súa nai, en decembro de 1933 (cando só contaba 19 anos), fixeron dela un personaxe recreado en novelas, obras de teatro e mesmo filmes, ademáis de investigacións históricas.
Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán considerou preciso convocar un Congreso arredor de Hildegart Rodríguez Carballeira, para lembrar a súa figura dende diversas facianas: ao tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da sexualidade e da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quere recuperar tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa xeración. O Congreso, ao que as investigadoras e investigadores poderán presentar as súas propostas até o 15 de setembro, vaise celebrar en Ferrol nos días 6 a 8 de decembro.
Ao tempo, nos días da celebración do Congreso, vanse facer dúas exposicións (unha biográfica e a outra bibliográfica) e realizaranse actividades culturais relacionadas coa figura de Hildegart, para concluir cun acto de homenaxe á malograda pensadora e activista social do primeiro tercio do século XX.
O Congreso conta cunha páxina web que está poñéndose en marcha en http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/ e na que se van colocar informacións sobre o Congreso e materiais que acerquen ao público a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.

Concerto de "KOZMIC BLUES" no salón de actos do Ateneo. Venres 11 ás 20,30 h.


Este venres 11 de xullo ás 20:30 h 
Concerto de "KOZMIC BLUES" 
no salón de actos do Ateneo. Entrada libre

Dúo acústico de Blues que ofrece en cada concerto unha viaxe ao pasado, volvendo principalmente aos 60. Janis Joplin, The Doors, Jefferson Airplane... son algúns dos grupos a versionar, pero tamén introducen algúns dos seus primeiros temas propios!

En concerto MARCOS MELLA e CESAR CENTI


En concerto MARCOS MELLA e CESAR CENTI o mércores día 9 de xullo ás 20,30 h. No salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Entradas: Soci@s - 2,50 €. Non Soci@s - 5 €
 

Concerto Soprano “Cecilia Rie Franchi” o venres día 4 de xullo ás 20 h.


O venres día 4 de xullo ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán: 
Concerto Soprano “Cecilia Rie Franchi”

Pianista “José Manuel Yañez Carballeira”

Obras: Giacomo Puccini “Turandot (Signore, ascolta!)”
Giacomo Puccini “La Rondine La Canzone di Doretta”
Giacomo Puccini “Tosca (Preghiera: Vissi d'arte, vissi d'amore)”
Giacomo Puccini “Turandot (Morte di Liu)”


Datos curriculares de José Manuel Yañez Carballeira (pianista):

 Realizó sus estudios en el Conservatorio Superior de Música de La Coruña de la mano de la concertista y profesora Natalia Lamas y participó en diferentes cursos de perfeccionamiento con los profesores Luís Galve, Manuel Carra, Cecilio Tieles, E. Pich-Axelfield, Elías Arizcuren, Edson Elías, Laszlo Gyimesi, J. L. Estellés, Benet Casablancas, Luca Chiantore, Almudena Cano, … Realizó el Master en Interpretación de Piano de la Universidad de La Coruña, que fue impartido por el profesor y concertista Albert Attenelle.
Actuó en diversas formaciones: piano solo, música de Cámara, Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), Orquesta de Cámara Nemet, Orquesta de Cámara Municipal de La Coruña (con la que estrenó los "Cuatro Temperamentos" de P. Hindemith, como solista), Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta de Cámara Gallega (con la que interpretó en otoño de 2009 el “Concierto en Arcos” del compositor Rogelio Groba como solista en Lugo y Vigo) y con la Banda Municipal de La Coruña (donde interpretó como solista "Parade Concerto", de S. Lance y "Rhapsody in Blue", de G. Gershwin).
Su labor concertística le ha llevado a actuar en diferentes países: Cuba, Francia, Reino Unido, Rusia… En 1991 fundó el Trío Groba junto al violinista y la chelista Rogelio y Clara Groba y, posteriormente, formó parte de la Orquesta de Cámara Gallega. Ha sido director del Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, desde el curso 1999-2000 durante 12 años, y actualmente es profesor de piano en el Conservatorio Superior de Música de la Coruña desde el curso 2008-2009.
Ha sido requerido en varias ocasiones para formar parte del jurado en el Premio Internacional de Piano Ciudad de Ferrol, premio ASGAIM, II Certamen de intérpretes jóvenes “Hernán Naval” en Ribadeo (Lugo).
 Además, es miembro fundador de la Asociación Gallega de Intérpretes de Música Clásica (ASGAIM). Entre 2003 y 2006 forma dúo de piano a cuatro manos realizando varios conciertos por la geografía española. En la actualidad forma parte del Dúo Ad Rem, Quidam Trío, Dúo 2x4, Strawinsky Ensemble, Firebird Proyect, Krekes Ensemble, Proxecto Encontros, Grieg Ensemble y apuesta por nuevas propuestas junto a actores, monicreques (con la compañía Viravolta), bailarines...
Recientemente ha presentado junto a Mª Victoria Álvarez (soprano) y Miguel Avalo (barítono) el espectáculo infantil “Il Cirque D´Amore”, una divertida historia que acerca a los niños el mundo de la ópera. Asímismo, es promotor e intérprete del proyecto “A Música Camiño divino”, ciclo de conciertos celebrado en la comunidad de La Rioja, con motivo del Año Xacobeo, durante el verano de 2004, del que se gravó un doble CD con una selección de los conciertos.
En el año 2010 grabó un CD con clarinetista Lola García así como la integral de las obras para piano a cuatro manos de Marcial del Adalid, compositor gallego del siglo XIX junto a Genaro Fernández. Su último trabajo editado ha sido junto al clarinetista Alejandro Peiteado.

Datos curriculares de Cecilia Rie Franchi (soprano):

Se graduó en canto, piano y flauta en la Universidad de Tokio, con las mas altas calificaciones. Después de graduarse, enseñó durante tres años disciplinas en Japón.

A partir de 1992 comenzó sus estudios en Italia con la Maestra Paola Molinari en Bolonia.

En 1994 recibió el "Certificado de Mérito" por haber superado con éxito el Concurso Internacional de Canto “Francisco Viñas” celebrado en Barcelona, bajo la dirección de la Maestra Magada Oliveiro. Durante su estancia en España ha participado en gran cantidad de conciertos de ópera.

Desde 1995, su actividad concertistica se ha centrado en Itallia, participando en numerosas óperas y conciertos de múscia sacra en el Veneto y Emilia Romagna. También, es ese año, después de una audiencia en el Teatro “La Fenice” de Venecia con el maestro Francesco Siciliani, consigue el cantante de en el “Sueño de una noche de verano” de Mendelsson, dirigida por el Maestro Carl Melles.

En 1996 obtuvo un segundo papel en el Teatro “La Fenice”, como protagonista de “Piramo y Tisbe” Hasse, dirigida por el Maestro Mario Merigo.

En 1998, canta en "Suor Angelica" de Puccini siempre en el teatro
El Phoenix

Ha estudiado en Bolonia con los Maestros Sergio Bertocchi y Oslavio de Gredico.

En 1999 obtuvo el "Premio al Mérito" en la lírica Competencia "Giacomo Puccini".

Desde 1999 ha realizado giras anuales en varios ciudades del Japón. Tambíén, en ese mismo año, participó como cantante en solitario con una serie de conciertos en Veneto y Trentino Alto Adige en el Teatro “La Fenice” interpreta los famosos motetes vivaldianos bajo la dirección del Maestro Mario Merigo.

En 2000, ganadora el Concurso Lírico Internacional “Giacomo Puccini”.

En 2001, canta como protagonista en el estreno mundial de "El sueño del caballo marino" del Maestro Marine Baratello, ópera transmitida por Radio Tres y publicada en CD, edición RAI Trade.

En 2005, como protagonista, canta en la premiere de "Para el agua clara”, de la Maestra Mikako Mizuno, mostrando especial interés en el repertorio contemporáneo.

Continua si actividad concertista en Japón, representando canciones de óperas y cámara. A súa vez, está compremetida en la Universidad con actividades educativas de música japonesa.

Presentación Documental: "Yo decido. El tren de la libertad". Xoves 10 de xullo ás 20 h.

Presentación Documental: "Yo decido. El tren de la libertad" 
no Ateneo Ferrolán o próximo día 10 de xullo ás 20 h..  
Entrada libre.
 
Somos Cultura. Salvemos o Ateneo
Máis info:
https://www.facebook.com/trendelalibertad?fref=ts




Exposición "Randeeira" de Delio Sánchez. Sábado día 5 ás 21,30 h.


Sábado día 5 de xullo ás 21,30 h. 
Inauguración da exposición "Randeeira" de Delio Sánchez.

Pintura, escultura, fotografía, audiovisual é o que poderemos visualizar na sala de exposicións do Ateneo ate o día 1 de agosto.


Related Posts with Thumbnails