Grazas, Xosé Neira Vilas. Ateneo Ferrolán 27.11.2015.




Grazas, Xosé Neira Vilas:

Hai dúas semanas da túa visita ao Ateneo Ferrolán para ofrecernos unha fermosa conferencia sobre a emigración galega a Cuba que inaugurou o Congreso que fixemos sobre a nosa emigración. As persoas que tivemos o pracer de escoitarte puidemos decatarnos de cómo o teu corpo renqueante sostiña aínda unha cabeza privilexiada e albergaba un home sinxelo e cariñoso.
 
Hoxe comunicannos o teu falecemento e repitense os datos da túa biografía e as túas obras. Permita a tiranía dos medios de comunicación que neguemos a información. Hai escasos días chegounos unha fermosa carta túa e con ela lembramos todos os proxectos que nos comentabas co entusiasmo do neno labrego que sempre houbo en ti. A túa voz e o teu corazón aínda laten entre nós, por moito tempo.
Grazas por todo, amigo.
Ateneo Ferrolán, 27 de novembro de 2015.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails