Buscar neste blog

13 abril 2016

Exposición "NAUFRAXIO" de Neira Brochs. Do 21 de abril ao 28 de maio.

 
Exposición "NAUFRAXIO" de Neira Brochs
Do 21 de abril ao 28 de maio de 2016
 
 
Inauguración o xoves día 21 de abril ás 19,30 h. 
 
 
Na madrugada do 2 o 3 de Novembro de 1810, as penas e rochas da enseada da praia de Covas, en Viveiro, foron testemuñas dunha das traxedias humanas máis abraiantes que poden atoparse na contorna marítima da península Ibérica.
A dimensión da mesma parece quedar agochada na amnesia popular, sen saber moi ben o motivo, como non fose o tremendo “shock” producido por ter diante dos ollos máis cadáveres que seres vivos polos areais de Covas e Sacido, según citan as fontes.
 
A Arte plástica correspóndelle sempre, dende a conciencia libre dende onde se crea, rastrear nas sensibilidades, tanto individuais como colectivas, os restos dos naufraxios emocionais que nin o oral, nin o escrito, son capaces de dimensionar.
 
O artista plástico é sensible á traxedia por solidarizade emocional. O xénero das paisaxes marinas, que nace das entrañas das verbas clásicas percorre a historia para se instalar como cénit no romanticismo, e rematar na actualidade entre avulgar maraña informativa sen poder distinguir entre a “transcendencia” dotráxico do que non o é. Esta transcendencia do tráxico necesita ser rescatadapola pegada sensitiva que o silencio enxordecedor queda nas entrañas de seres
humanos como José Luis Neira Brochs.

 Info:



Ningún comentario: