A revista "Ollaparo" presentarase por primeira vez á cidadanía ferrolá
o
venres 5 de agosto de 18 a 20 h no Ateneo Ferrolán.
Coas intervencións de:
Gabriel Beceiro
coordinador e editor da revista OllaparoFernando Igrexas
parceiro fundador de OllaparoRafael Cid
xornalista e colaborador
Lugar: Ateneo Ferrolán, rua da Magdalena 202 Ferrol
Data:05.08.2016 18:00h
Ollaparo, coa lenda "Revista da Sociedade Cultural Chirlateira", é unha revista de información, opinión e criazón redactada integramente en galego e fundada en Cedeira (Galiza) en 1984 co obxectivo de revitalizar, dende unha perspectiva local, o pensamento crítico e os estudos cedeirenses logo da ditadura franquista, con especial atención á memoria histórica, á normalización lingüística e á recuperación cultural. O deseño integral de cada portada por un ilustrador foi un dos seus sinais de identidade. Publicouse de forma irregular dende 1984 a 1999 en Gráficas Paramés e Gráficas Adral e dende 2011 ten formato dixital.
http://ollaparo.gal/2016/06/12/ollaparo-presentarase-no-ateno-ferrolan-o-5-de-agosto/
Ningún comentario:
Publicar un comentario