Recital "A erótica do contrapoder". Venres 31 de maio ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.5.19
Recital "A erótica do contrapoder"
Venres día 31 de maio de 2019 ás 19 h.
Se queres escoitar os versos máis fermosos, se queres disfrutar coa
sensualidade e a elegancia feita poesía tes
unha cita con Ricardo Carvalho Calero no Ateneo Ferrolán.
Recitarán os seus poemas eróticos,de amor e algúns dos seus textos contra o poder Fer Ocampo M, Andrés C. M. Riveira,Rosa Salanova Shakti,Adelaida Abad,Miguel Costoya Kostoia,Cris Balseiro,Mariola Hermida Romero e Loreto De Castro
Etiquetas: Actividades, Ferrol, Galiza, Historia, Letras, LetrasGalegas, Libros, Lingua
Presentación do nº 31 do Caderno FerrolAnálisis. Xoves día 30 de maio ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.5.19
Presentación do nº 31
do Caderno FerrolAnálisis
o xoves día 30 de maio no Ateneo
Ferrolán ás 20 h.
O Salón de actos do Ateneo Ferrolán acollerá
o vindeiro xoves 30 de maio as 20:00 horas o acto de presentación do
Nº 31 do Caderno FerrolAnálisis, que está adicado a presenza do
“Maragatos en Ferrol”, cuia autora é Eva Mª Ocampo.
Catedrática de Lingua e Literatura castelá en
Bacharelato e doutora en Filoloxía, Eva Mª Ocampo, convídanos
desde a vistosa portada na que nos mostra a face riseira das sobriñas
e netos da familia Martínez, a mergullarnos no detallado estudo dos
maragatos e introdúcenos nun capítulo da historia da sociedade
ferrolá, que sendo dunha gran importancia no desenvolvemento
socio-económico da cidade, carecía até o momento dun estudo
froito da investigación, o rigor e densidade historiográfica que
nos ofrece a profesora Eva Ocampo.
No acto de presentación a autora estará
acompañada por Man Castro, presidente de Honra do Club de Prensa e
Xulia Díaz.
Etiquetas: Actividades, Club de Prensa, Ferrol, Historia, Libros, Presentacións
PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”. Mércores 29 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.5.19O vindeiro mércores 29 de maio, a partir das 19:00h no Ateneo Ferrolán, AGAMME organiza a PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”, a cargo do profesor Miguel Rodríguez Carnota.
A través do seu relatorio, Carnota expoñerá os resultados da súa tese doutoral na que investiga a existencia dunha realidade de acoso escolar por razón de lingua no noso sistema educativo que non se está a identificar nin abordar.
http://agamme.org/palestra-a-cargo-de-miguel-rodriguez-carnota-lingua-poder-e-adolescencia-no-proceso-de-substitucion-linguistica-o-vindeiro-mercores-29-de-maio-no-ateneo-ferrolan/
Etiquetas: Actividades, Coloquios, Conferencias, Infancia, Politica
Mesas de Debate: Eleccións Municipais 2019. Martes día 21 e Xoves día 23 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.5.19
Mesas de Debate no Ateneo Ferrolán
Eleccións Municipais 2019 #Ferrol
Martes 21 e xoves 23 de maio ás 19,30 h.
Modera: Club de Prensa de Ferrol
Entrada libre
- Día 21 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos con representación actualmente no Concello: FeC, PSOE, PP, BNG e CS
- Día 23 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos que buscan obter representación nestas eleccións municipais: Marea de Ferrol, Centristas, *Sentimiento Ferrolano, LiGanDo, Xuntos Actúa.
* (Sentimiento Ferrolano foi invitado pero mandounos un correo desculpándose por non poder acudir ao debate do día 23 xa que lles coincidía a data co seu mitin central)
Eleccións Municipais 2019 #Ferrol
Martes 21 e xoves 23 de maio ás 19,30 h.
Modera: Club de Prensa de Ferrol
Entrada libre
- Día 21 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos con representación actualmente no Concello: FeC, PSOE, PP, BNG e CS
- Día 23 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos que buscan obter representación nestas eleccións municipais: Marea de Ferrol, Centristas, *Sentimiento Ferrolano, LiGanDo, Xuntos Actúa.
* (Sentimiento Ferrolano foi invitado pero mandounos un correo desculpándose por non poder acudir ao debate do día 23 xa que lles coincidía a data co seu mitin central)
Etiquetas: Actividades, Debates, Ferrol, Galiza, Municipalismo
Venres día 17 de maio - Día das Letras Galegas ás 12 na Praza Vella (Ferrol)
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 14.5.19
Venres día 17 de maio - Día das Letras Galegas
Ferrol ás 12 na Praza Vella
Ferrol ás 12 na Praza Vella
Voces da Rock School. Recital das Letras Galegas. Xoves 16 de maio ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 14.5.19
Voces da Rock School. 🎼🎶
Recital das Letras Galegas
Recital das Letras Galegas
O xoves 16 de maio ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Entrada libre
Etiquetas: Actividades, Galiza, LetrasGalegas, Lingua, Música en Directo
Exposición fotográfica "Os soños esquecidos". Ata o 30 de xuño
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 14.5.19Exposición fotográfica "Os soños esquecidos" de espazos abandonados feita por Carlos Muiños Mfh Ferrol, fotógrafo afeccionado de Ferrol.
Do 13 de maio ata o 30 de xuño na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán
Cerca de 40 fotografías da súa temática preferida; as fotos de espazos abandonados. Nesta nova mostra poderanse ver algunhas fotos inéditas e outras xa coñecidas da súa ampla colección.
Etiquetas: Actividades, Exposicións, Ferrol, Fotografía
Presentación do poemario "EN INÉDITO SILENCIO". Venres 10 de maio ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.5.19
Presentación do poemario "EN INÉDITO SILENCIO"
Venres día 10 de maio ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Venres día 10 de maio ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Ana Fernández (deseño e arte), Esther Raíndo (debuxos), André Cerdido Pastor (poemas, declamacións e selección musical).
Etiquetas: Actividades, Ferrol, Letras, Libros, Poesía, Presentacións
Exposición Retratos "Poetas" de Juan Manuel Álvarez Romero (Mané). Ata o 9 de maio
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.5.19
Exposición Retratos "Poetas" de Juan Manuel Álvarez Romero (Mané)
Do xoves 25 de abril ata o 9 de maio
Actos da "XII Semana de Poesía Salvaxe" no Ateneo Ferrolán
A obra de Juan Manuel Álvarez Romero, Mané, pode pasar dunha poética simbolista ao caos máis absoluto sen perder a súa esencia, a súa pegada máis profunda.
Roberto Matta.
O artista andaluz afincado en Galicia expón no prestixioso Ateneo Ferrolán unha serie de obras intimas inspiradas no evento cultural "Poesía Salvaxe" que vén realizando desde fai máis dunha década nesta cidade, o artista sevillano retrata cun concepto post-minimalista a un grupo de amigos e poetas da cidade e outros que proveñen de toda a xeografía do país.
Con esta mostra volve sorprender coa súa poética conceptual e simbólica un dos artistas que é recoñecido polo seu traballo no campo da simboloxía tartésica e fenicia que tan ben nos transmite a través dos seus cadros, contándonos historias mitolóxicas destas antigas civilizacións que deixaron unha gran influencia na nosa península.
Esta mostra que se expón en Ferrol, intima e persoal do autor que sen dúbida nos deixará coñecer un pouco máis no seu labor como creador poderase ver a partir do 25 de Abril ao 9 de Maio. Ferrol, Galicia.
Tamén na XII Semana de Poesía Salvaxe estarán este 25 de Abril, as poetas Sandra Santos - Portugal e Raquel Lima a partir das 18 h. no Ateneo Ferrolán
Doce Semana da Poesía Salvaxe
Etiquetas: Actividades, Artes Plásticas, Cultura, Exposicións, Ferrol, Pintura, Poesía, Poesía Salvaxe
Exposición de Pinturas de LIS "Nueva York". Do 3 ao 31 de maio
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.5.19
Exposición de Pinturas de LIS "Nueva York"
Do 3 ao 31 de maio
Inauguración venres día 3 de maio ás 20 h.
Lis (José Luis Pérez López, Ferrol, 1944), é un pintor ferrolán, fincado en Lleida fai xa preto de corenta anos. Autodidacta, de pintura impresionista, recibiu varios premios en concursos de pintura rápida en distintas localidades españolas. Traballa fundamentalmente o óleo con espátula, aínda que pode utilizar o pincel con notables resultados. Realiza exposicións en Cataluña e Galicia nos últimos anos con bo éxito de público.
Atrapa Lis o instante preciso, o momento en que a luz e a forma adquiren a súa imaxe mais enaltecedora; con pincelada redonda impregnada de intención e con gran sentido da cor. Lis transmítenos visións precisas, Momentos concretos, nos que a beleza alcanza o seu punto culminante. A súa obra ofrécesenos impregnada de frescura, de fluidez, nunha visión impresionista atrapando o fundamental, pero deixando que todo, coas súas paisaxes e mariñas sexa reconocible, vendo luz, cor e forma e unha obra que é fiel reflexo da súa personalidade creativa, plena de impulso e emoción que sabe transmitir.
M. Losada, xornalista e Crítico de Arte http://www.pintoresgallegos.com/lis/
Etiquetas: Actividades, Artes, Artes Plásticas, Exposicións, Pintura