Buscar neste blog

09 novembro 2021

Presentación do libro #taméneu. Xoves día 11 de novembro ás 19 h.

 


#taméneu
o novo libro de María Xosé Porteiro, preséntase o xoves día 11 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán.
 
A autora opina sobre a revolución feminista en setenta e sete traballos xornalísticos.
 
María Xosé Porteiro recibiu senllos recoñecementos pola súa labor a prol do feminismo, en 2019, co premio 1º de maio de CCOO, e en 2020, co Ernestina Otero, da Comisión das Mulleres do concello de Vigo. Desde os anos 80 publicou innumerabeis pezas xornalísticas sobre desta temática. A partir de 2017 dirixe o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura e nesta xeira participou en numerosos estudos e investigacións desde a súa comisión de Igualdade.
 
A edición de #taméneu é da editora luguesa, LAR_libros, que inaugura con esta obra unha colección de opinión, e que participará na presentación. Acompañan a autora a directiva do Ateneo Ferrolán, Sonia Mauriz Pereira, e a prologuista, Llerena_Perozo
 
Chama a atención a portada, coas cores identificativas do feminismo e unha imaxe en branco e negro do fotógrafo Vitín_de_las_Heras, dunha manifestación feminista na Praza da Constitución, en Vigo, en 1983.

05 novembro 2021

Homenaxe ó Guerrilleiro Antifascista BENIGNO FRAGA PITA. Sábado día 13 de novembro ás 11,30 h.


O sábado día 13 de novembro de 2021 ás 11,30 h. no Ateneo Ferrolán
 

Homenaxe ó Guerrilleiro Antifascista BENIGNO FRAGA PITA, a entrega de restos por parte da ARMH, enterro e xantar de confraternidade.

 Agradecemos nos comuniquen a asistencia ó acto para a reserva no Ateneo, no autobús e no restaurante no correo armhgalicia@gmail.com

  · A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) exhumó, entre os días 3 e 4 de xunio de 2020, o corpo de Benigno Fraga Pita enterrado nunha foxa individual na zona civil do cementerio de Celeiros (Chandrexa de Queixa) Ourense · 

 O sábado 13 de novembro de 2021 ás 11.30 h. celebrarase o acto de homenaxe a Benigno Fraga Pita no Ateneo Ferrolán. De seguido, no cementerio de Catabois ás 13.30h procederáse ó enterro. Para o enterro haberá servizo de autobús. A continuación haberá un xantar de confraternización 

DÍA: SÁBADO 13 DE NOVIEMBRE ACTO DE HOMENAXE 11.30 horas 

Lugar: Ateneo Ferrolán rúa Magdalena, 202-204 

Intervirán no acto: A ARMH, familiares e veciños de Celeiros. Coa a participación de poetas e músicos. Presenta a periodista Clara Bernal. 

ENTERRO 13,30 horas Lugar : Camposanto de Catabois 

SUCESO 

Benigno Fraga Pita, tamén coñecido como Alejandro ou Alejandro el Viejo, naceu nas Somozas, A Coruña, en 1892. 

Exerceu como mestre armeiro nos arsenais de Ferrol. Exerceu como secretario de organización do PCE en Ferrol. Despois de descubrir a súa pertenza ao Partido Comunista, Benigno Fraga Pita debe fuxir e incorpórase á guerrilla. Foi enviado a Ourense en agosto de 1946 e fundou xunto a Samuel Mayo Méndez “Saúl” e José María Saavedra Díaz Pepe a II Agrupación Guerrilleira de Galicia para loitar contra o réxime franquista. Foi nomeado comisario político da mesma. 

Establecen a súa base na Edreira, coñecida polos guerrilleiros como “O Balneario”. Era unha casa grande do Macizo Central de Ourense, onde se refuxiaron os guerrilleiros da zona, entre os que tamén estaba Camilo de Dios. Ao redor de febreiro de 1949 o franquismo intensificara a súa represión, polo que dende a II Agrupación contra o réxime se proxectan golpes combinados. Dende a II Agrupación contra o réxime. 

Paralelamente, o 18 de marzo de 1949, os seis guerrilleiros que permanecían na base da Edreira, O Balneario, tiveron que presenciar a queima da base por parte da Garda Civil e ampararse no monte e agardar o regreso dos seus compañeiros. Ante a imperiosa necesidade, o grupo viuse obrigado a descender do monte o mércores 27 de abril de 1949 pola ladeira de San Mamede que domina as terras de Queixa polo Curro de Mede. Chegaron á cantina Eliseo en Candedo, que se atopaba na boca da estrada sen necesidade de achegarse á localidade. O grupo está rodeado pola Garda Civil ese mesmo día, cando estaban a conseguir comida, e conseguen fuxir salvo Benigno Fraga Pita, que morre nun tiroteo coa Garda Civil. 

A ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica), a petición da familia de Benigno Fraga Pita, procedeu entre os días 3 e 4 de xuño de 2020 á exhumación dos restos na fosa individual do cemiterio civil de Celeiros, Chandrexa de Queixa (Ourense).