O mércores 4 de marzo ás 19:30 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán terá lugar a presentación do libro “Nacionalcatolicismo y patriarcado: El Patronato de Protección a la Mujer y su Junta Provincial coruñesa” de Belén López Cillero, unha obra de investigación que afonda na represión social e institucional que sufriu a muller no Estado español baixo a lóxica do nacionalcatolicismo e do patriarcado, con especial atención ao funcionamento do Patronato de Protección a la Mujer e as súas prácticas de “educación moral” durante varias décadas do franquismo.
Tras a presentación teremos un coloquio aberto ao público no que participarán:
Belén López Cillero, autora do libro, que nos achegará as claves da súa investigación e os testemuños recollidos sobre os mecanismos de control social e de xénero.
Dúas superviventes do Patronato, Elena Fariña e Salomé da Torre, que compartirán as súas experiencias en primeira persoa, aportando unha perspectiva vital sobre o impacto individual e colectivo destas políticas de control e “protección”.
Moderará o coloquio Rocío Núñez, Secretaria de Igualdade e Dereitos LGTBQA+ e DDHH de Sumar Galicia, que guiará a conversa cara aos aspectos de memoria, dereitos e xénero.
O acto iniciarase coa intervención de Nerea Puriños Carballeira, que presentará a obra e contextualizará o acto, e pecharase coa participación de Verónica Martínez Barbero, presidenta de Movimiento Socialista de Galicia (MSG) e portavoz de Sumar no Congreso dos Deputados, quen articulará as conclusións e lles dará folgos ao diálogo con propostas de acción e memoria activa.

