Faite soci@ do Ateneo. Patrimonio da Cidade!


Tes dous minutos? 

Asóciate ao Ateneo Ferrolán

Polos que foron, polos que son, e polos que serán: Faite Soci​@!


OPCIÓN 1

Descarga o seguinte formulario, imprímeo e encheo cos teus
datos. Despois, fainolo chegar a nosa sede, ben en persoa 
ou por correo ordinario a:

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402-Ferrol




OPCIÓN 2

Envíanos un email con todos os datos do seguinte 
formulario a secretaria@ateneoferrolan.org

Datos precisos para asociarse ao Ateneo Ferrolán:

  • Nome e apelidos:
  • DNI:
  • Enderezo:
  • Poboación:
  • Código Postal:
  • Provincia:
  • Teléfono:
  • Correo electrónico:
  • Data de nacemento:
  • Profesión:
  • Entidade bancaria:
  • Número de conta IBAN:
  • Tipo de cota: cota reducida (4’75 €/mes) ou cota normal (9,50 €/mes)





--------------------------------------------------------------------------



Colabora con nós! ASOCIATE!
Pola cultura libre e participativa

Os socios e socias constitúen a base social do Ateneo sendo a canle de participación da cidadanía no Ateneo. A súa presenza dálle á entidade pluralidade, independencia e fortaleza e contribúe activamente ao seu dinamismo e eficiacia.

Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo. 

Sermos máis socios e socias é facer do Ateneo Ferrolán o "noso" ateneo.

Sendo soci@ do Ateneo Ferrolán accederás ao servizo de préstamo da nosa Biblioteca-Hemeroteca, da nosa Filmoteca, ao Caderno bianual, a recibir información de todas as nosas actividades: cine, exposicións permanentes, charlas, música en directo (desconto aos soci@s), conferencias, curtametraxes, movementos sociais, club de lectura, concursos e certames propios ......

 

Facéndote socio - socia 
colaboras da mellor forma posible co noso proxecto cultural.





Ateneo Ferrolán "Un lugar de encontro para a cultura" 
dende 1879 Patrimonio da Cidade


--------------------------------------------------------------------------


Bono Axuda Solidario co Ateneo. Sorteo de 3 obras pictóricas!


 Bono Axuda Solidario co Ateneo
Sorteo de 3 obras pictóricas 
Cal é o obxectivo?
Dentro do proceso de rexeneración e reactivación do Ateneo Ferrolán, realizamos esta actividade co obxectivo de recadar fondos para continuar coa recuperación da entidade.

Que se sortea?
Sorteamos 3 obras pictóricas doadas polos autores a esta entidade con fins solidarios.

Como se Participa?
Para axudar e participar no sorteo, debes mercar un "Bono Axuda" emitido polo Ateneo Ferrolán de 2€ que terá un número para o sorteo e que, de ser o número agraciado obterá 1 das obras sorteadas.

Os bonos poderanse mercar a partir do 16 de Setembro de 2019 no mesmo Ateneo Ferrolán, venderanse na secretaría como único punto de venda.

Cando e donde é o sorteo?
O sorteo das obras realizarase durante o transcurso dunha Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán que se celebrará o día 21 de decembro de 2019. De non estar presente a persoa coa numeración gañadora, a publicaremos na web do Ateneo durante un mes. No caso de non ser recollido o premio, este pasará de novo a formar parte do Ateneo Ferrolán.




As obras levan as firmas de: Inma Doval, Raquel Castro Torrado e Rosa Guillán
 

Curso Intensivo de Adestramento Actoral en Ferrol. Do 16 ao 19 de setembro

CURSO INTENSIVO DE ADESTRAMENTO ACTORAL EN FERROL
con Fernando Tato

Datas do curso: do 16 o 19 de Setembro.
Horario: 10:00 a 14:00 (16 horas) Precio: 120 euros.
A quen vai dirixido: Actores e actrices profesionais e en formación.
Onde: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204, Ferrol (A Coruña)

Curso de adestramento intensivo para actores e actrices profesionais e/ou estudantes de arte dramática.  Adestramento práctico onde se aprende a autonomía actoral necesaria á hora de preparar unha proba, personaxe ou escena. Exercicios técnicos, improvisacións, creación de personaxes, escenas de teatro e guións de cine.

Fernando Tato 
Actor con ampla traxectoria en Televisión, cine e teatro. Ten participado en series como Pulsaciones ou Matadero para Antena 3, O Faro , Lobos e Cordeiros ou  Libro de Familia para TVG, en películas como Toro de Kike Maillo e en diversas obras de teatro para diversas compañías. 

Fernando Tato conta con máis de 10 anos de formación continua con distintos mestres e técnicas, mais basea o seu adestramento, fundamentalmente, na súa colaboración de máis de seis anos con Lorena García de Las Bayonas no ‘Centro del Actor’. 

Se che interesa, envíanos o teu currículo, para valorarmos a túa admisión a:

adestramentoactoral@gmail.com ou chama ao 655482008 

Prazas limitadas.

Doazón da colección da Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano” (setembro de 1934 - xullo de 1936)


Doazón da colección da Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano” 
(setembro de 1934 - xullo de 1936)

A Biblioteca do Ateneo Ferrolán recibe a doazón, por parte do investigador Miguel Angel Pradera, da colección da Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano”. Prensa de intereses diversos, que tivo unha duración de un ano e once meses (setembro de 1934 - xullo de 1936). Baixo a dirección de Rodrigo Sanz López e administración de Elías López, a revista estaba vencellada á Federación Española de Espiritismo
Na vontade de seguir traballando culturalmente pola cidade de Ferrol, o Ateneo Ferrolán ven realizando unha tarefa de recollida de fondos bibliográficos e hemerográficos que documentan boa parte da historia social e cultural desta comarca e que pon a disposición da cidadanía..

Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano”.
Constaba de 8 páxinas (35 x 25 cm.), prezo de 20 cts., de periocidade mensual e impresa na imprenta “La Artística”.
Na dirección Rodrigo San López (destacado intelectual ferrolá e socio fundador do Ateneo Ferrolán na súa segunda época, 1903) e administración de Elías López.

A revista estaba vencellada á Federación Española de Espiritismo e, na presentación, o director expón a finalidade da mesma:
Un grupo de espiritistas hace cinco años viene tanteando su camino, y que hace 18 meses parece haber tomado ruta bajo el nombre significativo de “Amor y Caridad”, ha sentido ahora la necesidad de una revista que, informando de su modesta obra a quien guste enterarse de ella, informe a sus propios adheridos de la gran obra que el Espiritismo está realizando en el mundo”.
Profesa o Grupo o ideario cardeciano, de ahi o título da revista.

Proxección Documental "Los labios apretados". Venres 12 de xullo ás 20 h.

Proxección Documental "Los labios apretados" de Sergio Montero 
sobre a Revolución de Asturias de 1934.

Venres día 12 de xullo ás 20 h.

  
SINOPSE CURTA

Sergio, o fillo dun mineiro asturiano emprende unha viaxe a Buenos Aires sen saber que, en paralelo, inicia outra viaxe: o da memoria. Alí descobre un acontecemento histórico de talla mundial que ocorreu á beira da súa casa. E en ningunha clase de Historia contáranlle  nada…
O mozo navega a ambos os dous lados do océano perseguindo o ronsel daquela revolución do ano 34; que aínda que escoitou nomear algunha vez aos anciáns do seu pobo natal, descoñece por completo.


"Los labios apretados" foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante o últimos nove anos. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto, dirixido polo documentalista, fotógrafo e investigador asturiano Sergio Montero, dirixe a súa mirada "cara á historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións".

Recentemente o documentalista asturiano Sergio Montero recibiu o premio á mellor cinematografía nun documental no  SOUTH  INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 pola súa ópera prima Os Beizos Apertados foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante o últimos nove anos. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto, dirixido polo documentalista, fotógrafo e investigador asturiano Sergio Montero, dirixe a súa mirada "cara á historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións".

Recentemente o documentalista asturiano Sergio Montero recibiu o premio á mellor cinematografía nun documental no  SOUTH  INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 pola súa ópera prima
"Los labios apretados"

  Trailer do documental  https://vimeo.com/295083784

Máis info:  https://www.facebook.com/los.labios.apretados.el.documental/

Proxección documental Federal. Xoves 27 de xuño ás 19,30 h.

Proxección documental Federal de Albert Solé 
Xoves 27 de xuño ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Participará no debate: Jordi Pedret ( Membro da xunta de Federalistes d’Esquerres)

Historia, presente e futuro dunha proposta que busca conciliar os beneficios da autonomía e a integración en sociedades marcadas pola presenza de identidades múltiples.
O estado da cuestión da man de pensadores e líderes políticos de alcance internacional como Daniel Cohn- Bendit, Romano Prodi, Joan Botella, André Lecours ou Emma Bonino.
 

Pero tamén o federalismo explicado desde dentro, a partir da experiencia de cidadáns anónimos: que sabemos, de onde provén, cales son as súas posibilidades nun mundo cada vez máis globalizado.
E unha mirada a experiencias e tradicións federais, os éxitos e fracasos do modelo.


 https://minimalfilms.com/portfolio/items/federal/

Evento:  https://www.facebook.com/events/463550257540108

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria. Mércores 26 de xuño








Ferrol a 7 de xuño de 2019


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Benquerido/a socio/a:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o mércores día 26 de xuño ás 21 h. coa seguinte

ORDE DO DÍA
1.- Aprobación da creación e da incorporación do Ateneo Ferrolán na Federación de Ateneos de Galicia

Sen máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,




Asdo.- Xavier M. Dongil
Presidente

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. 26 de xuño








Ferrol 7 de xuño de 2019





CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA






Benquerido socio /socia:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o mércores día 26 de xuño ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segundo, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión.
3.- Informe económico.
4.- Informe Modificación Estatutos do Ateneo.
5.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,








Asdo.- Xavier M. Dongil
Presidente

Related Posts with Thumbnails